Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES: Unha vida en tres saltos: máis rápido, máis alto e máis forte

A medalla, a marca e o triunfo, tres obxectivos cunha única fórmula, a que pronunciou o barón Pierre de Coubertin en 1896: citius altius fortius, é dicir, máis rápido, máis alto, máis forte. Este lema guiou os atletas que ao longo de máis dun século participaron nos Xogos Olímpicos. Carlota Castresana fíxoo dende 1992, cando se estreou como olímpica na selección de baloncesto. En Beijing sumará a súa cuarta cita cos Xogos, aínda que os saltos que executa non son baixo unha canastra, senón sobre o tartán dunha pista de atletismo. É o que lle corresponde á plusmarquista nacional na disciplina de triplo salto.

  
Ruben García Blázquez

Unha xornada laboral de oito horas

Son as 9 da mañá. Pode que vaia frío ou moita calor. Pode que chova, zoe o vento ou que o sol caia de cheo. O que é seguro que é que os atletas, e Carlota entre eles, lle darán voltas á pista de atletismo da Blume, o centro de alto rendemento deportivo. O primeiro punto da orde do día é rodar, como se coñece no argot o quecemento previo ás sesións de adestramento, uns cantos quilómetros. Para eles é só o comezo rutineiro das súas oito horas de xornada laboral.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Sesión de fisioterapeuta e de autorrecoñecemento

Os maiores inimigos dos atletas son as lesións. Os seus corpos funcionan ao límite, fórzanse de modo continuo, xa que, se non, non hai progreso. O triplo salto, xunto á xavelina, é a modalidade máis agresiva para os tendóns. Carlota sábeo, e acode ao fisioterapeuta do centro para loitar contra unha pequena tensión no pé. Ambos os dous coñecen ben cada músculo e cada tendón da súa fisionomía. Carlota indica os avances e as dificultades, ao tempo que o especialista lle explica a técnica que vai utilizar na sesión, e que pretende con ela. Venda o seu pé, de acordo ao que nese momento preciso necesita. Trátase de escoitar o corpo. Ao final é el quen dita como deberán ser os exercicios do día.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Quecemento, pesos e fondo

O triplo salto require facilidade para esprintar, pernas resistentes, fortaleza en xeonllos e músculos, elasticidade, sincronización e capacidade de impoñer un ritmo nos movementos de impulso, salto e zancada. En definitiva, require masa muscular, pero tamén lixeireza, altura e coordinación. Carlota inviste máis de dúas horas diarias en conseguir ese fondo físico imprescindible. Repite ata o esgotamento as táboas de pesos e aparatos que lle deseñou o seu adestrador co propósito de aguantar e superarse un pouco máis con respecto ao día anterior. "Débeste marcar obxectivos a curto prazo, gañar pouco a pouco, acadar un avance minúsculo cada día".

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

O compañeirismo tamén importa

Aínda que é o obxectivo principal, o salto é só unha parte da preparación, a preferida, iso si, de Carlota. Cando corresponde, cambia de tenis -por uns máis lixeiros- e de calcetíns -para lles devolver a frescura aos pés- e, guiada polo seu adestrador e observada polo seu compañeiro de adestramento, o saltador de lonxitude e medallista olímpico Joan Lino, comeza a quentar o triplo. A presenza de Lino non é casual. Acompáñanse e aléntanse acotío, e en competicións, se o adestrador non pode acudir ou está a traballar con outro atleta, é o seu guía.

  
Ruben García Blázquez

E volver repetir, unha e outra vez

Non hai momento para o desalento. Caer na area só ten un propósito: volverse erguer. Pero non todos os días cae igual. Castrejana recoñece que tamén cómpre a axuda dun adestrador emocional. "Amais do teu corpo hai que pór en forma a túa mente. Non podes deixar nada á improvisación". A psicoloxía deportiva sérvelle para adaptarse ao medio en que vai competir, e para ter conciencia do propio progreso, do seu ritmo e dos logros. Pero tamén para aceptar os fracasos. "Contamos cunha vantaxe: o atletismo é a expresión máis pura do deporte. Se isto non che gusta, non segues. As satisfaccións que procura son moi persoais e, dende logo, non te fas rico".

  
Ruben García Blázquez

O futuro dunha campioa

Carlota Castrejana é tamén avogada nun prestixioso bufete de Madrid. Deu compatibilizado os estudos de Dereito cos adestramentos e as competicións. Ademais, quere seguir ligando as leis ao deporte. Tras oito horas de adestramento muda o chándal polo traxe de chaqueta, e o polideportivo polo seu despacho especializado en Dereito Deportivo. Ademais, algunhas tardes acode ao seu posto na Xunta Directiva da Federación de Atletismo, aínda que a cita máis importante este verán a vai ter en Beijing. "Quero chegar á barreira mítica dos 15 metros, quero gañar unha medalla..., pero o deporte non é só iso, é máis ca iso, é un xeito de vida".

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto