Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha comunidade de propietarios asinou cunha empresa de mantemento de ascensores un contrato por tres anos prorrogables por idéntico período, sempre que unha das partes non decidise rescindir o contrato con tres meses de antelación ao seu vencemento. No documento establecíase que se a comunidade quería anular o contrato antes da súa caducidade, tiña que pagar o importe pendente ata a data de cumprimento. A comunidade remitiulle unha carta á empresa na que lle comunicaba que rescindía o contrato antes de tempo e a empresa reclamoulle á comunidade a indemnización que correspondía conforme á cláusula penal do contrato, 2.252 euros. A Audiencia de Tarragona, en sentenza do 19 de xuño do 2007, considerou abusivas as cláusulas penais que obrigaban ao abono da totalidade ou da maior parte da cantidade deixada de percibir pola rescisión unilateral do contrato. Por iso, reduciu a contía da indemnización a 225 euros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI