Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un grupo de propietarios enfrontouse á construtora por entregar as vivendas fóra do prazo asinado nos contratos. Ademais, tivo que renunciar por escrito a calquera reclamación a cambio de que a promotora asumise os gastos do contador definitivo de luz e da alta deste servizo. Non satisfeitos con esta renuncia, que lles pareceu abusiva e imposta, reclamaron unha indemnización. E gañaron o xuízo. A Audiencia de Alacante, en sentenza do 26 de xuño do 2007, confirmou o incumprimento na data de entrega e constatou que a cláusula de renuncia ao exercicio de accións non cumpría os requisitos necesarios de ser clara e expresa. E posto que os compradores tiveron que residir nunha vivenda distinta da adquirida, a Audiencia cuantificou o dano en 700 euros ao mes e 9.100 euros en concepto de atraso na entrega da vivenda. Como a demora causou unha situación de desacougo, angustia e perturbación nos seus proxectos inmediatos de vida, condenou a vendedora a indemnizalos por 910 euros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI