Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Zonas históricas urbanas: Analizadas 144 rúas das zonas antigas de 18 cidades para comprobar a súa habitabilidade: Os cascos históricos suspenden en servizos e infraestruturas

Só Zaragoza, Valladolid, Pamplona, Madrid e Barcelona acadan un 'ben'. As maiores deficiencias atopáronse na Coruña, en Alacante, Córdoba, Murcia, Oviedo e Valencia

Os cascos históricos, cidade por cidade e táboa comparativa

  • A CORUÑA:
    •  Valoración: REGULAR
    • O mellor: Acada unha valoración positiva no apartado de mobilidade e accesibilidade nestas vías da parte histórica da cidade.
    • O peor: A ausencia dos servizos máis básicos para os seus residentes e o mal estado de mantemento dos seus edificios. O Concello é inaccesible.
  • ALACANTE:
    •  Valoración: REGULAR
    • O mellor: O mantemento das súas rúas e edificios. É das poucas que conta con xardíns nesta zona e, ademais, permanecen ben coidados.
    • O peor: A que menos servizos para o residente ofrece (nin sequera un pequeno establecemento de alimentación nas oito rúas visitadas). Só se viron dúas papeleiras e nas rúas non peonís non había case prazas de aparcamento.
  • BARCELONA:
    •  Valoración: BEN
    • O mellor: Sinalización de paradas de transporte público próximas: un punto positivo no apartado de mobilidade, accesibilidade e mobiliario urbano do casco antigo.
    • O peor: Só se atopou unha zona de xogos infantís nas oito rúas e apenas se atoparon establecementos de alimentación.
  • BILBAO:
    •  Valoración: ACEPTABLE
    • O mellor: A conservación dos edificios, a maioría sen indicios de desleixo e moitos deles rehabilitados. Ademais, sobresae por ser unha das zonas comerciais máis activas e por ter paradas de transporte urbano moi próximas.
    • O peor: A axitación nocturna, e non só as fins de semana. En ningunha das oito rúas visitadas se atopou un centro educativo nin unha árbore.
  • CÓRDOBA:
    •  Valoración: REGULAR
    • O mellor: Unha das poucas cidades con aparcadoiro para bicis no casco antigo. Ademais, todas as bicicletas se atopaban estacionadas neles.
    • O peor: A escasa dotación de servizos (tales como comercios de alimentación ou espazos culturais). Ademais, todas as obras (tanto en rúas coma en edificios) observadas carecían dos pertinentes valados para garantir a seguridade dos usuarios da vía.
  • GRANADA:
    •  Valoración: ACEPTABLE
    • O mellor: A mobilidade e accesibilidade. Os veciños das rúas peonís (sete das oito estudadas) case non teñen que aturar o tráfico.
    • O peor: A maioría dos morróns e pivotes destas rúas estaban tirados no chan ou desprendidos da base.
  • LOGROÑO:
    •  Valoración: ACEPTABLE
    • O mellor: Boa dotación de mobiliario urbano, en especial, fontes de auga potable e ornamentais.
    • O peor: Limpeza mellorable das súas rúas.
  • MADRID:
    •  Valoración: BEN
    • O mellor: É unha das poucas capitais que ten centro de saúde ou espazo de reunión para persoas da terceira idade nestas rúas antigas.
    • O peor: O importante volume de tráfico que sofren as oito rúas analizadas.
  • MÁLAGA:
    •  Valoración: ACEPTABLE
    • O mellor: Unha das dúas cidades, xunto con Vitoria, que dispón de aseos públicos nestas rúas e que, ademais, os mantén en bo estado de limpeza. Boa dotación de mobiliario urbano.
    • O peor: O desleixo en labores de limpeza das rúas (pavimentos porcos e soares abandonados), amais das humidades, canos rotos ou cables da luz descolgados polas fachadas. Abundancia de bares de copas e discotecas.
  • MURCIA:
    •  Valoración: REGULAR
    • O mellor: A mobilidade e accesibilidade.
    • O peor: Equipamento en servizos escaso, monumentos porcos, pavimento en mal estado e perigoso para os viandantes.
  • OVIEDO:
    •  Valoración: REGULAR
    • O mellor: A limpeza das súas rúas.
    • O peor: Atopáronse coches estacionados en zonas prohibidas e o 20% dos vehículos de repartición observados estaban a circular ou aparcados en zona peonil fóra das horas de carga e descarga.
  • PAMPLONA:
    •  Valoración: BEN
    • O mellor: Unha das cidades con maior número e variedade de servizos e equipamentos para os que viven alí. Ademais, os inmobles locen un estado de mantemento moi bo.
    • O peor: Aínda que acada o aprobado, a mobilidade e accesibilidade é o apartado máis mellorable.
  • SAN SEBASTIÁN:
    •  Valoración: ACEPTABLE
    • O mellor: O bo estado de mantemento das súas vivendas e do seu pavimento (sen fochas, pozas, etc.).
    • O peor: Máis orientado cara ao turista CA cara ao residente.
  • SEVILLA:
    •  Valoración: ACEPTABLE
    • O mellor: a limpeza e o mantemento das rúas e dos edificios.
    • O peor: Deficiente equipamento comercial das súas rúas. Non se viron centros para a terceira idade nin tampouco parques infantís.
  • VALENCIA:
    •  Valoración: REGULAR
    • O mellor: Boa dotación de comercios para poder realizar as compras diarias sen saír do barrio.
    • O peor: O seu deficiente estado de limpeza e mantemento. Suspende tanto no estado do pavimento (había lixo e elementos perigosos) como no das vivendas (observáronse moitas pintadas e carteis).
  • VALLADOLID:
    •  Valoración: BEN
    • O mellor: Boa limpeza e mantemento do seu barrio antigo. Boa dotación de mobiliario urbano (papeleiras, farois e rede de sumidoiros).
    • O peor: Excesiva presenza de locais de copas, restaurantes e discotecas.
  • VITORIA:
    •  Valoración: ACEPTABLE
    • O mellor: A liña de autobuses urbanos destinada unicamente para moverse polas rúas do casco antigo da cidade.
    • O peor: Sobreabundancia de bares de copas e discotecas, que non axudan a mellorar a habitabilidade nin a manter as súas rúas limpas.
  • ZARAGOZA:
    •  Valoración: BEN
    • O mellor: Un dos poucos barrios antigos analizados equipado convenientemente con papeleiras, bancos, árbores e fontes (de auga potable e ornamentais), elementos que axudan a manter as rúas limpas e habitables.
    • O peor: Malia ter un casco histórico envexable, Zaragoza debe mellorar no apartado de 'servizos'. Abundan os bares de copas e discotecas.

TÁBOA COMPARATIVA

Os cascos históricos urbanos mirados con lupa
Ciudades Limpeza e mantemento (1) Servizos (2) Mobilidade e accesibilidade (3) Mobiliario urbano (4) Nota Media
A Coruña Regular Mal Aceptable Regular Regular
Alacante Ben Muy Mal Aceptable Aceptable Regular
Barcelona Aceptable Regular Ben Ben Ben
Bilbao Aceptable Regular Aceptable Aceptable Aceptable
Córdoba Aceptable Muy Mal Aceptable Aceptable Regular
Granada Aceptable Mal Ben Aceptable Aceptable
Logroño Regular Regular Aceptable Aceptable Aceptable
Madrid Ben Regular Moi Mal Ben Ben
Málaga Regular Regular Aceptable Ben Aceptable
Murcia Regular Mal Aceptable Regular Regular
Oviedo Aceptable Mal Aceptable Regular Regular
Pamplona Ben Aceptable Aceptable Ben Ben
San Sebastián Regular Regular Aceptable Aceptable Aceptable
Sevilla Ben Regular Aceptable Aceptable Aceptable
Valencia Mal Regular Regular Regular Regular
Valladolid Ben Regular Ben Ben Ben
Vitoria Regular Regular Aceptable Aceptable Aceptable
Zaragoza Ben Aceptable Moi Mal Moi Mal Ben
Media Aceptable Mal Aceptable Aceptable Aceptable

(1) Limpeza e mantemento: reparouse no estado de limpeza e mantemento dos elementos que conformaban o mobiliario urbano (fontes, bancos, árbores, xardíns, paneis turísticos, farois e sumidoiros) e mais no dos edificios situados na zona vella de cada cidade (o obxectivo era descubrir se existían inmobles en estado de abandono). Ademais, tívose en conta o estado do pavimento (se tiña grava, lixo ou era esvaradío), pasos de peóns, parques infantís e aseos públicos (se é que existían).

(2) Servizos: o estudo tiña a intención de coñecer se as zonas vellas das cidades estudadas estaban equipadas cos servizos mínimos esixidos por calquera habitante da cidade, é dicir, se existían establecementos de alimentación, centros de saúde para a terceira idade, farmacias, etc. Ou bens e, pola contra, a zona vella era utilizada como zona de ocio nocturno, establecendo nel unha che ade bares e restaurantes tamén para turistas.

(3) Mobilidade e accesibilidade: neste apartado analizouse se existían obstáculos que lle impedisen ao viandante pasear ou ao condutor circular polas rúas das zonas históricas analizadas. Neste sentido, observouse se o mobiliario urbano ou as obras obstaculizaban o paso dos peóns, se os vehículos se atopaban mal aparcados ou se se incumpría o horario de carga e descarga, entre outros aspectos. Ademais, tamén se observou se estas zonas vellas eran accesibles tanto para discapacitados como para persoas maiores.

(4) Mobiliario urbano: comprobouse que a zona vella estivese equipada cos mesmos elementos (papeleiras, colectores, bancos, farois, sumidoiros, fontes, etc.) que se instalarían noutras zonas máis modernas da cidade.

A opinión dos residentes
Ciudades Problemas de limpeza Dotación de servizos insuficiente Accesibilidade escasa Cualificación global de 1 a 10
A Coruña 35% 35% 64% 6
Alacante 10% 38% 68% 6
Barcelona 22% 27% 48% 4
Bilbao 4% 0% 4% 7
Córdoba 31% 18% 35% 5
Granada 21% 65% 85% 6
Logroño 10% 24% 10% 7
Madrid 29% 49% 48% 6
Málaga 32% 34% 44% 6
Murcia 8% 46% 34% 7
Oviedo 2% 4% 14% 7
Pamplona 14% 4% 6% 8
San Sebastián 2% 12% 12% 5
Sevilla 56% 42% 78% 4
Valencia 21% 33% 25% 5
Valladolid 4% 18% 28% 7
Vitoria 46% 54% 56% 5
Zaragoza 40% 38% 64% 6
Media 22% 31% 41% 6

CONSUMER EROSKI completou a información do estudo de zonas vellas españolas con 1.000 enquisas respondidas por 1.000 residentes das 18 zonas vellas analizadas. Cada un deles valorou a limpeza, a dotación de servizos e a accesibilidade do seu barrio histórico, e tamén cualificaron de xeito global o seu nivel de habitabilidade. Xa que logo, as porcentaxes fan referencia á poboación analizada que considera que existen problemas na limpeza, que a dotación de servizos é insuficiente e que a accesibilidade é escasa. Por suposto, estas valoracións non teñen por que coincidir coas realizadas por esta revista.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto