Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Zonas históricas urbanas: Analizadas 144 rúas das zonas antigas de 18 cidades para comprobar a súa habitabilidade: Os cascos históricos suspenden en servizos e infraestruturas

Só Zaragoza, Valladolid, Pamplona, Madrid e Barcelona acadan un 'ben'. As maiores deficiencias atopáronse na Coruña, en Alacante, Córdoba, Murcia, Oviedo e Valencia

 O casco histórico dunha cidade é o seu corazón e o seu emblema. Así e todo, os seus residentes non gozan por iso dunha situación privilexiada. Pola contra, é habitual que a vida urbana transcorra de costas a estes enclaves. Escasa dotación de servizos, infraestruturas insuficientes ou problemas de accesibilidade son algúns dos síntomas que CONSUMER EROSKI puido constatar no estudo realizado en 18 capitais españolas.

Os técnicos desta revista visitaron e examinaron oito das rúas máis representativas dos centros antigos de Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Logroño, Zaragoza, Vitoria, Valladolid, A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga e Murcia. En cada unha delas estudouse o seu nivel de habitabilidade, é dicir, se a persoa que reside alí conta coas infraestruturas e equipamentos adecuados para vivir cun mínimo de comodidade e cubrir as súas necesidades máis básicas. A avaliación in situ complementouse cun cuestionario remitido aos concellos (que os de seis cidades rexeitaron contestar). Paralelamente, foron enquisados 1.000 residentes destes centros para coñecermos as súas impresións sobre a zona na que viven.

Segundo se desprende das notas finais do estudo, as zonas vellas non se poden asociar ao paradigma da habitabilidade. A valoración global non pasa dun mediocre 'aceptable'. As maiores carencias, sancionadas cun rotundo 'mal', atopáronse na dotación de servizos (infraestruturas comerciais, de alimentación, educativas, sanitarias, sociais, institucionais, deportivas, esparexemento ou zonas verdes...). Tampouco pasaron do 'aceptable' a limpeza e mantemento, mobilidade, accesibilidade e mobiliario urbano.

Por cidades, ningunha supera o 'ben'. De feito, só cinco acadan esta valoración (Barcelona, Madrid, Pamplona, Valladolid e Zaragoza), mentres que sete quedan no 'aceptable' (Bilbao, Granada, Logroño, Málaga, San Sebastián, Sevilla e Vitoria). O resto suspende cun 'regular' (A Coruña, Alacante, Córdoba, Murcia, Oviedo e Valencia).

As respostas dos 1.000 veciños dos cascos históricos enquisados por esta revista (100 en Madrid e Barcelona, e 50 no resto das cidades) referendan estas valoracións. Seis de cada dez mostráronse moi críticos coa limpeza da zona, en idéntica proporción denunciaron o descoido e a ausencia de zonas verdes, o 46% considerou que o estado dos inmobles é lamentable e un de cada tres criticou a carencia de servizos.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto