Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES: Camiñando sobre a Historia

Ao longo de 980 quilómetros, durante un longo mes de camiñada, o peregrino que percorre a Vía da Prata (que se inclúe na guía do Camiño de Santiago de CONSUMER EROSKI) vive unha sucesión de contrastes. No seu discorrer do sur ao norte, no cambio do clima mediterráneo ao atlántico, da paisaxe de mesetas e aciñeiras a montes de faias e carballos, alcanza un encontro particular coa historia. Achégase pola antiga calzada romana a coñecer de seu aquilo que descubriu no ano 812 o ermitán Paio nun castro preto de Iria Flavia: os restos do Apóstolo Santiago o Maior. O achado xerou o fenómeno das peregrinacións xacobeas. Ao longo dos séculos, millóns de peregrinos emprenderon esta viaxe a pé, un andar de superación persoal, de busca e de encontro.

  
Ruben García Blázquez

Da Xiralda ao Obradoiro

O minarete do que foi a mesquita, hoxe catedral renacentista de Sevilla, queda ás costas do camiñante peregrino que emprende a viaxe cara á catedral románica, gótica e barroca de Santiago de Compostela. O paseo discorre entre a historia e a arte da civilización romana que levantou cidades, circos, templos, acuedutos, pontes, arcos e fortalezas, aínda hoxe visibles, en ocasións en ruínas, noutras conservadas, e en moitas rehabilitadas. O camiñante obtén o bautizo do legado romano nas ruínas de Itálica, a antiga cidade bética romana; alcanza a Roma hispana ou Emérita Augusta, é dicir, Mérida, atravesa Cáceres, Salamanca e Zamora, e chega a Astúrica Augusta, ou o que é o mesmo, á Urbs Magnífica ou Astorga. Dende alí cambiará de camiño e de tempo. O compás indicaralle o oeste e as pedras románicas achegarano á Idade Media.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Un legado de enxeñaría romana

A Vía da Prata discorre sobre o Itinerario de Antonino, un traxecto que equivalería á calzada número XXIV entre Mérida e Zamora, e á XXVI entre Zamora e Astorga. Trazouse durante a invasión romana a finais do século I antes de Cristo cun fin puramente militar, e adquiriu unha grande importancia como rede comercial. O seu percorrido sur-norte é o máis directo posible, o que demostra que o trazado responde a unha extrema racionalidade, calidade característica dos enxeñeiros romanos. A súa marcada dirección meridiana nunca sofre forzadas desviacións, non se observan xiros de ángulo pronunciado sen motivo aparente, e malia a discorrer en dirección transversal á dos principais elementos do relevo, a través dun medio físico moi variado e en ocasións adverso, salva con acerto as barreiras naturais.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Nome de orixe árabe

O sobrenome 'de Prata' continúa a ser un misterio, pero nada ten que ver co metal, nin co seu comercio nin con supostas minas. Disque derivaba do termo latino delapidata, que, traducido ao castelán, define unha calzada empedrada. Así e todo, o catedrático José Manuel Roldán Hervás, na súa obra Iter Ab Emerita Asturicam, asegura que deriva da palabra árabe BaLaTa, que significa lousar: "Así que o pobo tomou o son estraño do árabe e fíxoo seu na palabra homófona castelá que máis se lle aproximaba e que era prata".

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Miliarios e o Arco de Cáparra

Colocados cada 1.480 metros -a milla romana, que equivalía a mil pasos dobres- os miliarios marcaban as distancias. Aínda hoxe consérvanse algunhas destas columnas cilíndricas de granito que levan gravado, amais do número de milla, o nome do emperador que mandaba construír ou modificar as vías. Pero o símbolo por excelencia da Vía da Prata é o Arco de Cáparra, o tetrapylum, erixido co único fin de gabar e de lembrar a grandeza e a superioridade de Roma.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Das sobreiras e aciñeiras á fraga atlántica

Tamén a natureza da Vía da Prata é magnánima. Devesas e chairas, prados de sobreiras e aciñeiras, regatos, horizontes interminables dirixen o camiñante, que se vai axudando das frechas amarelas. Pintadas no chan, en pedras ou en cubos granito, son as mellores aliadas para non se perder entre as pistas que equivocan a liña recta. A súa dirección é sempre o norte, e neste punto cardinal desaparecen. Cando a vía xira ao oeste, son suplantadas polas cunchas de Santiago ao mesmo tempo que chegan os faiedos e as carballeiras, os montes e longas subas, as revoltas e os meandros de camiños. Culminouse a calzada precisa e racional da Vía da Prata. Abandonouse a época romana. Percorreuse un tempo pretérito cara ao futuro.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto