Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Teletraballo: Virtudes e defectos de traballar en pixama

O teletraballo contribúe a promover a dirección por obxectivos e a flexibilidade horaria, ao mesmo tempo que concilia vida laboral e familiar

 O traballo en pixama resulta cada vez menos chocante. Ata hai ben poucos anos, o desenvolvemento do emprego dende o teu propio lar era case impensable para os traballadores en nómina por conta allea. Pero a revolución tecnolóxica pulverizou os esquemas tradicionais. Na actualidade abonda con que a actividade non requira a presenza física continuada do empregado, e que a empresa lle facilite un ordenador portátil con Internet e un teléfono móbil onde estar localizado para poder traballar sen saír de casa.

O concepto de teletraballo como traballo a distancia mediante o uso de telecomunicacións xorde nos anos 70 coa crise do petróleo, co obxectivo de evitar desprazamentos en automóbil e, deste xeito, aforrar enerxía. Agora ben, actualmente o teletraballo representa un novo xeito de organización das empresas, e unha ferramenta eficaz para conciliar a vida laboral e a familiar. Así e todo, e aínda que en España dende 1999 ata o 2006 se pasou dun 13% a un 50% de empresas nas que algúns empregados optaban polo teletraballo -segundo datos da "Guía de Boas Prácticas da Empresa Flexible e Responsable" elaborada polos profesores Nuria Chinchilla e Steven Poelmans-, aínda son poucos os traballadores, un 8%, os que traballan na súa propia casa. Esta porcentaxe está ben lonxe da dos Estados Unidos ou da dos países nórdicos, onde o 25% da poboación activa elixe o teletraballo como opción laboral.

A flexibilidade horaria e a posibilidade de conciliar a vida laboral coa familiar e coa social supoñen os principais atractivos para o traballador. O que decanta ás empresas por esta opción é que os teletraballadores aseguran unha maior produtividade (se traballan por obxectivos) e que o custo do posto de traballo se reduce ata nun 50%. Non obstante, aínda que á primeira vista todo son vantaxes, un estudo elaborado por profesores da Durham Business School revela que, se ben os teletraballadores sofren en menor proporción estrés laboral, tamén se amosan moito máis inseguros sobre as súas posibilidades de progresar na súa carreira laboral e botan de menos o ambiente que se respira nos centros de traballo e a relación cotiá cos seus compañeiros. Pola súa banda, os empresarios aínda albergan certas dúbidas sobre o grao de implicación e compromiso que manteñen os teletraballadores coa empresa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto