Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Lentes de sol: Ir á moda sae caro, protexerse cunhas boas lentes de sol non

Logo de analizar 20 lentes de sol, ata as máis baratas superaron todas as probas de protección fronte á luz visible e os raios ultravioletas invisibles

 Ninguén dubida de que no prezo dunhas lentes de sol inflúe non só a súa calidade, senón tamén a súa marca. O deseño e a exclusividade encarecen as lentes de sol das grandes firmas. Pero, ata que punto?, canto da abismal diferenza de prezos entre unhas e outras lentes lle indica ao consumidor que se atopa ante un produto de mellor calidade que o vai protexer mellor ante os raios solares?

Para comprobalo analizáronse no laboratorio vinte lentes de prezos moi distintos: dende os 12,90 euros de Mango ata os 286 euros de Dior Sete lentes eran de nivel de protección dous (tinguidura media: abonda para actividades ao aire libre) e trece do nivel tres (tinguidura escura: axeitadas para o seu uso en mar e montaña). Adquiríronse en tendas de roupa e en ópticas. Non se estudaron as de tipo cero e un porque apenas protexen da luz solar e as de tipo catro, xa que non serven para conducir e só están recomendadas para a alta montaña. Todas as estudadas cumpren coas esixentes probas que marca a norma europea EN 1836:2006 que regula estes produtos. As vinte filtran a radiación ultravioleta case por completo, son aptas para conducir e superan as probas de resistencia.

A mellor relación calidade-prezo para os usuarios que só precisan unhas lentes para pasear ou conducir é Bershka, do tipo de protección dous e a segunda máis barata (13 euros). Quen precise un nivel de protección superior (por exemplo, para ir ao monte ou á praia) pódese decantar por Indo (69 euros), de clase tres e que demostrou ser a que mellor bloqueaba a luz visible sen chegar a escurecer demasiado a visión.

Calidade das lentes

Comprobouse que as vinte lentes carecen de graduación (o que tecnicamente se coñece como potencia óptica cero). Os cristais de Gant (de nivel de protección dous) e Polaroid (de protección tres) están polarizados, é dicir, eliminan os reflexos de certos ángulos. As lentes de Bershka, Mango, Ray Ban, Gucci, Guess, Dior e Just Cavalli son degradadas (o que a norma denomina "progresivas", pero que nada ten que ver cos cristais graduados do mesmo nome). Nestas ópticas a parte superior da lente é máis escura ca a inferior. Así permite mirar ao horizonte con moita luz ao mesmo tempo que se pode dirixir a vista cara a obxectos máis próximos e peor iluminados (útil, por exemplo, para ler).

Ao bloquear parte da radiación visible as lentes reducen a fatiga ocular e melloran a percepción visual. A transmitancia é a proporción de luz que deixa pasar a gafa de sol a través do cristal. Non se pode definir de maneira obxectiva que un filtro máis escuro sexa mellor ca outro máis claro, porque a percepción do usuario depende da luz no ambiente e da súa sensibilidade ocular. Canto maior sexa a porcentaxe, máis luz atravesará a lente. As lentes de protección dúas deixan pasar entre o 18% e o 43% da luz e as do tipo tres, do 8% ao 18%. Just Cavalli (36,6%) e Gucci (32,2%) foron as que menos atenuaron a luz visible, pero entraron dentro do rango permitido. Indo (8,9%) foi a que máis protexía fronte á luz visible. Loewe (10,7%), Massimo Dutti (11,3%) e Hugo Boss (11,4%) amosaron tamén valores baixos de transmitancia á luz, polo que son aptos para situacións de moita luminosidade ou para usuarios moi sensibles á luz solar.

Pero, tan importante como limitar a luz visible, é bloquear os daniños raios ultravioleta, que se dividen en UVA e UVB. A norma é moi estrita neste punto (sobre todo cos raios UVB, que son os máis prexudiciais). As vinte lentes superaron sobradamente esta proba e ofrecían protección case total fronte a esta daniña radiación.

Para que unhas lentes sexan adecuadas para a condución deben ser do filtro 0, 1, 2 e 3 (polo tanto, as vinte analizadas cumpren con este requisito). Pero, ademais, o 20% do total de luz visible que deixan pasar debe estar na franxa do espectro de luz que vai dende os 500 nanómetros (nm) aos 650 nm, no que se atopan a cor vermella, verde e amarela. Tamén é requisito para a condución que a atenuación de cores non sexa excesiva. As vinte superaron estas dúas probas e polo tanto son aptas para seren usadas durante a condución.

As lentes son obxectos susceptibles de sufrir toda clase de caídas e golpes, por iso deben estar construídas para aturar o uso cotián. Para comprobar como resisten o esmagamento, aplicouse sobre as lentes unha forza de 100 newton durante dez segundos, a pesar do cal non sufriron nin fracturas nin deformacións. Tamén se puxo unha vara metálica a 650 ºC durante cinco segundos sobre as lentes, sen que ningunha delas se inflamase.

A proba de avellentamento acelerado consiste en introducir as lentes nunha cámara onde se someten durante 25 horas a unha elevada dose de radiación luminosa e ultravioleta producida por unha lámpada de xenon. As lentes de tipo dous non deben amosar unha diferenza na transmisión da luz despois de ser avellentadas superior ao 8%, e as de tipo tres, do 10%. Todas demostraron uns valores correctos, pero con diferenzas: Tous (6,46%) e Dior (4,74%) tiveron un peor comportamento, mentres que en Bershka (0,42%) e Oris (0,59%) as diferenzas entre o antes e o despois foron mínimas.

Protección ao consumidor

A diferenza da maioría dos produtos duradeiros, as lentes de sol non se venden en paquetes pechados, senón que é o comercio o encargado de lle dar ao consumidor por separado os diferentes elementos dos que consta o produto: as propias lentes, unha funda para o seu transporte, un pano para limpalas e as instrucións de uso, conservación e garantía. En todas as lentes analizadas, agás en Bershka, Xdye e Mango, o comercio non lles entregou aos técnicos de CONSUMER EROSKI as instrucións (ou o fixeron doutras lentes que non se correspondían coas adquiridas), algo ao que obriga a norma. Os fabricantes aseguran que si fai chegar aos comercios este imprescindible documento. Pero este problema poderíase evitar se os fabricantes empaquetasen axeitadamente os seus produtos. Na situación actual, o consumidor que desexe coñecer que grao de protección lle ofrecen os seus lentes debe esixir o manual no establecemento.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto