Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
No 2004 unha persoa asinou un contrato de mediación ou corretaxe cunha consultora inmobiliaria que tiña por obxecto a venda dunha vivenda, a praza de garaxe e mais o rocho. Pactouse o carácter de exclusividade na venda por un prazo de duración de sete meses polo que o propietario se comprometía a non vender a casa pola súa conta, de maneira persoal e sen a intervención do axente durante ese período. Tamén se incluía no contrato unha cláusula penal para o propietario ante un caso de incumprimento polo 50% dos honorarios pactados. Non obstante, o propietario resolveu unilateralmente a relación xurídica contractual antes de transcorrer o prazo pactado dos sete meses. O axente inmobiliario mediador demandou o propietario reclamando o importe de 6.274 euros da cláusula penal, e condenouse o propietario a pagala. A sentenza da Audiencia Provincial de Madrid, do 5 de xuño do 2007, indicou que no negocio xurídico de mediación, a inmobiliaria é unha profesional e o propietario, como persoa física que actúa cun propósito alleo á súa actividade profesional, é un consumidor. E entendeu que nesta práctica a cláusula penal para o consumidor non é abusiva.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI