Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Logo de oito meses de espera, o seguro di que non se responsabiliza dos danos da miña vivenda

Presenteille unha reclamación ao meu seguro por non se facer cargo dos danos da miña casa, xa que malia aos moitos fontaneiros, carpinteiros e peritos que desfilaron por ela, non realizaron ningunha reparación. Ademais, tramitei, por un lado, outra reclamación á Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións e, por outro, ao Valedor do Pobo. Despois de oito meses ninguén arranxou os danos da miña casa porque os profesionais que traballan para o seguro non atoparon aínda o problema. A cuestión é que mentres non esgote a vía administrativa non podo iniciar a vía civil e a Administración aínda non se comunicou comigo. Que podo facer?

 De acordo coa Lei do contrato de seguro, o cliente débelle comunicar á entidade aseguradora o sinistro nun prazo de sete días. A partir dese momento, a compañía debe iniciar a investigación para facer as comprobacións e valorar os danos. A lei establece, ademais, que dentro dos 40 días posteriores á comunicación do sinistro, a compañía debe efectuar o pagamento do importe mínimo polos danos ocasionados. Se o asegurado o consente, o asegurador pode substituír o pagamento da indemnización pola reparación dos danos ou a reposición dos obxectos danados. E se no prazo de tres meses a aseguradora continúa sen arranxar o dano ou sen pagar o seu importe en metálico por causa non xustificada, a indemnización incrementarase nun 20% anual. Para xestionar a solicitude de indemnización ou de reparación de danos á aseguradora cando esta se demora de xeito inxustificado pódese recorrer a distintas vías, como a pericial. Conforme á Lei do contrato de seguro, cando as partes non se poñen de acordo no prazo de corenta días, o asegurado pode designar o seu propio perito (e pagar os seus honorarios) e comunicarllo á compañía para que chegue a un acordo co perito da aseguradora. Ante o desacordo entre os peritos, o caso pode finalizar nos tribunais coa designación dun terceiro perito.

Outra posibilidade é a presentación dunha reclamación ao Departamento de Atención a Cliente e continuar con ela ante o Comisionado para a Defensa do Asegurado e do Partícipe en Plans de Pensións, adscrito á Dirección Xeral de Seguros.

A última opción é acudir á vía xudicial. Neste caso convén que contrate un avogado para valorar as circunstancias concretas do sinistro, a póliza e a conveniencia ou non de acudir aos tribunais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto