Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Aplicación do IVE nas Vivendas de Protección Oficial

Hai pouco tempo mercamos en Biscaia unha Vivenda de Protección Oficial e vímonos obrigados a pagar ademais un 7% de IVE. Pero, nas VPO non se paga en concepto de IVE o 4%?

 Non sempre o IVE que se fixa é do 4%. A compra de vivenda nova e libre está suxeita ao IVE, que ten como tipo xeral o 7% sobre o prezo escriturado. Como se trata da primeira transmisión, o comprador págalle esta cantidade directamente ao vendedor, que está obrigado a ingresalo despois na Facenda Pública. No tocante ás VPO, estas reciben un tratamento especial que varía en función das comunidades autónomas.

No País Vasco e segundo o Decreto 315/2002, do 30 de decembro, sobre réxime de vivendas de protección oficial e medidas financeiras en materia de vivenda e chan, este tipo de vivendas clasifícanse en función do seu prezo máximo de venda e renda e dos sectores sociais aos que se destinen, tanto en Vivendas de Protección Oficial de réxime xeral e Vivendas Sociais ou de réxime especial. Polo tanto, o IVE non é igual en todos os casos. No País Vasco aplícaselle un IVE reducido do 4% ás vivendas de carácter social ou de réxime especial mentres que ao resto de VPO de réxime xeral, se lle aplica o tipo do 7%. No caso de Biscaia, a Norma Foral 7/1994, do 9 de novembro, sobre o Imposto sobre o Valor Engadido, establece que se lle aplica o tipo do 4% ás vivendas cualificadas administrativamente como de protección oficial de réxime especial ou de promoción pública cando as entregas sexan efectuadas polos seus promotores, incluídos os garaxes e anexos situados no mesmo edificio que se transmitan conxuntamente. Con toda probabilidade, o IVE aplicado no caso da persoa afectada será o correcto, aínda que para a súa tranquilidade pode comprobar a cualificación da súa vivenda ou realizar unha consulta no Departamento de Vivenda do Goberno vasco de Biscaia e na Facenda Foral.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto