Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Os videoxogos dende o ordenador: Xogar co PC, unha alternativa práctica?

O uso do ordenador como dispositivo para os videoxogos pode ser unha boa opción, pero tamén carrexa gastos adicionais

 "Merco unha consola ou engádolle ao PC os complementos para poder xogar con el aos videoxogos máis potentes"? É unha pregunta que se fan milleiros de usuarios ante a perspectiva de iniciarse no mundo do software de lecer e entretemento. E a resposta non é sinxela, xa que interveñen máis factores ca o económico. Na actualidade pódense conseguir as videoconsolas máis potentes por entre 300 euros e 400 euros, tanto a Playstation de Sony con 60 xigabytes de memoria de disco duro, como a Wii ou a Xbox 360 Elite.

Dotar un ordenador medio das mesmas capacidades ca unha destas consolas pode ser unha opción interesante, pero, dende logo, non gratuíta, xa que será imprescindible mellorar as características do ordenador. Isto implica a adquisición de dispositivos adicionais. No mercado tamén se poden atopar ordenadores deseñados para xogar con videoxogos, que dispoñen de procesadores máis potentes ca os pensados para o traballo ofimático.

Pódense conseguir verdadeiras gangas en materia de tarxetas gráficas, de son, pancas de mandos, altofalantes, etc., pero tamén, se se aspira ao mellor e ao máis novo, ao final un pode acabar gastando nas tendas moito máis ca os 400 euros que custan de media as videoconsolas.

Unha razón de peso para inclinarse polo ordenador é que permite xogar aos videoxogos da variedade multixogador, ou videxogos masivos (MMOG), que están a ter un grande éxito. A estes videoxogos xógase con outros xogadores a través de Internet, algo para o que o PC está máis preparado ca as videoconsolas, aínda que xa as haxa dotadas de conexión wifi.

O que é seguro é que se se decide polo PC, o usuario terá que facelo todo el mesmo; nada lle virá dado de fábrica e deberá conseguir pola súa conta os dispositivos necesarios.

O necesario para videoxogar co PC

  • Tarxeta gráfica:Poderíase dicir que é o complemento máis importante, e case imprescindible en moitos casos, se se desexa xogar aos xogos de gráficos máis complexos. Os ordenadores levan xa unha tarxeta gráfica por defecto, pero aínda así non está de máis cambiala por outra que descargue o resto do ordenador das operacións máis complicadas. A tarxeta gráfica liberará o procesador do ordenador da función de interpretar e amosar na pantalla (renderizar) os gráficos máis detallados, con todos os seus matices. Por si só, un procesador ten que ser moi potente para cumprir estas funcións, e iso só está ao alcance dos ordenadores de sobremesa máis caros. Se ben é certo que os procesadores actuais poden ter unha resposta bastante boa fronte a un videoxogo de gran potencia, esta nunca será óptima. Ademais, o aparello quecerá de modo innecesario e as funcións executaranse máis amodo do normal. As tarxetas gráficas solucionan todos estes problemas por un custo inferior aos 100 euros. As dúas marcas principais de tarxetas gráficas son ATI e Nvidia, e ambas as dúas contan con modelos que responden ben ante os videoxogos máis esixentes. Como as evolucións neste sector se suceden de xeito constante, é conveniente seguir os consellos do vendedor ou informarse en foros especializados. A grandes trazos, é importante fixarse en que a memoria da tarxeta sexa de 256 Megabytes ou máis, pois alí se irán acumulando os gráficos que ten que amosar en pantalla, e que a tarxeta sexa completamente compatible co procesador do ordenador para que o seu rendemento sexa óptimo. As tarxetas gráficas adoitan ser dispositivos internos que se insiren nas rañuras traseiras das torres dos ordenadores de sobremesa, aínda que tamén contan con versións para portátiles que se insiren nos portos PCMCIA ou se conectan por portos USB.
  • Panca de mandos: É case tan imprescindible como a tarxeta gráfica. Se ben se pode xogar aos videoxogos co teclado e co rato, non resulta unha opción nada cómoda cando se teñen que facer combinacións complicadas de movementos. É mellor inclinarse por mercar unha panca de mandos (ou 'joystick') axeitada para os xogos aos que se desexe xogar. Conéctanse con USB e a maioría non superan os 100 euros de prezo. Hainas mesmo con forma de volante (para os xogos de carreiras) e, co adaptador axeitado, pódese utilizar a panca de mandos da videoconsola Playstation.
  • Monitor:Por moito que o usuario adquira a mellor tarxeta gráfica do mercado, se non posúe un monitor de dimensións axeitadas non poderá gozar do seu máximo rendemento. Non é o mesmo xogar na pantalla de 17 polgadas ca nun televisor de 32 polgadas. Para unha boa tarxeta precísase unha boa definición de pantalla, e isto só se consegue nos monitores TFT e LCD de alta definición nos que a imaxe non teña que ir comprimida nunha superficie reducida. Moitos usuarios teñen monitores de menos superficie de pantalla (entre 15,4 polgadas e 19 polgadas), pois para as funcións ordinarias dun ordenador adoita ser suficiente. Non obstante, se se quere transformar o PC nunha máquina para xogar, haberá que pensar nunha pantalla maior. É importante, ademais, que o monitor que se adquira teña elevada conectividade, con alongadores de portos USB a ser posible, pois algunhas tarxetas gráficas se conectan directamente por USB co monitor para seren así máis eficientes. Pero os monitores non son baratos, xa que o seu prezo, a 22 polgadas, oscila entre os 200 euros e os 600 euros, bastante máis ca a videoconsola máis cara. Aínda que non é o mesmo, pódese xogar sen problemas en pantallas pequenas, pero nese caso o usuario quedará lonxe de ver toda a calidade gráfica que pode ofrecer unha boa tarxeta.

Outros dispositivos complementarios non tan imprescindibles son unha tarxeta de son e un xogo de altofalantes para ordenador con son envolvente. A combinación de ambas as dúas cousas pode mellorar moito o son do xogo e darlle máis sensación de realidade ao xogador, aínda que sen eles tamén se pode pasar ben. Ademais, para cargar os xogos, é imprescindible que o ordenador que se use conste de lector de discos ópticos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto