Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Outras informacións sobre Alimentación: Activar o aparello circulatorio / Calorías que aporta cada gramo de graxa dos alimentos / Consumo esaxerado de azucre nos pícaros / Comida rápida sa / ¿É unha dieta adecuada? / Pernas inchadas

5 claves para activar o aparello circulatorio

  1.  Para comezar o día, beba un zume de laranxa e pomelo, ou un zume de arandos. A súa riqueza en flavonoides reforza a dieta en antioxidantes, substancias que protexen dos radicais libres, causantes do avellentamento do sistema circulatorio.
  2. Tome case acotío unha cullerada sopeira rasa de farelo de trigo ou de avea, pura fibra. Seralle útil para corrixir o estrinximento ou para evacuar sen esforzo. Evita que as veas que regan o músculo do colon se debiliten e reduce a posibilidade de que aparezan hemorroides.
  3. Inclúa no seu menú alimentos morados da tempada. Berenxena, uva, granada, arandos, amoras, framboesas ou col lombarda. Son ricos en antocianinas, antioxidantes que fortalecen a parede de arterias e veas.
  4. Unha manchea de froitas desecadas (ameixas, pelas secas ou uvas pasas) ou froitos secos (abelás, noces ou améndoas), entre horas ou como ingrediente de diversos pratos, fortifica a dieta en potasio. Este mineral favorece a diurese, polo que axuda a non reter líquidos.
  5. A auga é vital para a circulación do sangue e para a depuración do organismo. Afágase a tomar un vaso de auga con limón en xaxúas para estimular a diurese, e a rematar as comidas cunha infusión depurativa. Por exemplo: cardo mariano, tomentelo, mexacán, alcachofa, té verde, ruscus ou vide vermella.

O dato: 9

Son as calorías que achega cada gramo de graxa dos alimentos. En alimentos moi graxos, como o aceite de calquera tipo -oliva, xirasol, millo- (99,9 g de graxa por 100 g de produto), manteiga ou margarina (80-83 g) e a nata (35 g), é a cantidade de graxa que conteñen a que determina o seu valor enerxético. A enerxía que proporcionan calcúlase multiplicando os gramos de graxa do produto por 9.

Estilos de vida e alimentación: consumo esaxerado de azucre nos nenos

O sabor doce é o predilecto de moitas persoas, en particular dos nenos. Pero o exceso do consumo de doces e mais doutros produtos azucrados é un mal hábito. Supón a achega de calorías extras á dieta, que, ao longo dos anos, pode derivar en problemas de saúde crónicos. As necesidades enerxéticas nos nenos pequenos, de entre 5 e 10 anos, roldan as 1.800 calorías. No tocante ao valor enerxético total da dieta, a Inxestión Diaria Recomendada (IDR) para o azucre sitúase entre o 10-18%. As cifras tradúcense nun consumo máximo diario de 340 calorías en alimentos azucrados ou doces por natureza como as froitas, os zumes e mais o mel, uns 85 gramos de azucres (1 gramo de azucre achega 4 calorías). Unha manchea de 50 gramos de lambetadas, que calquera neno desta idade come con gusto, achega a metade do azucre que precisaría para o día enteiro. A isto habería que lle sumar o azucre que lle engade a alimentos como o leite e mais os iogures, así como o que conteñen outros alimentos como froitas, zumes, mel, marmelada, galletas, cereais, madalenas e chocolate. Tras a revisión de estudos sobre hábitos de alimentación infantil, os expertos aseguran que o consumo de alimentos azucrados manufacturados -cereais, bolería, lambetadas- entre os nenos pasou de ser excepcional a tornarse un hábito cotián, polo que non é difícil que moitos superen a dose recomendada de azucres, con gran repercusión no seu patrón nutricional e consecuencias negativas para a saúde.

Menú tipo:

Comida rápida sa

  • Almorzo: Zume de froita. Sándwich integral de xamón e queixo.
  • Petisco: Iogur líquido. Dúas pastas integrais. Unha peza de froita fresca.
  • Xantar: Bocadillo vexetal de pan integral con atún, anchoas, queixo e "pintado" de maionesa. Café con leite.
  • Merenda: Leite ou iogur batido con amorodos.
  • Cea:Ensalada de tomate con atún. Pizza caseira con salsa de tomate, aros de cebola, tiras de pemento verde e vermello, xamón de pavo, queixo e ovos de paspallás. Refresco light.

O consello: Tanto se se cociña na casa como se se acode a establecementos de comida rápida, convén seguir un criterio saudable na elección alimentaria. A botella de auga, os zumes e os iogures non azucrados, os refrescos light, as ensaladas (que un mesmo pode aliñar), e as variedades integrais de pans, arroces ou pastas, son as opcións máis saudables. Cada vez máis restaurantes de comida rápida incorpóranas á súa oferta.

CONSULTORIO NUTRICIONAL

Teño 64 anos e a miña dieta baséase no consumo de verduras ao vapor, froita (dous plátanos á semana e un kiwi, unha laranxa e unha pera cada día), peixes de area, carne branca, iogures desnatados, patacas, pasta, ovos e pouco aceite. É unha dieta axeitada?

  A cocción ao vapor das verduras garante, dentro das diversas técnicas culinarias, unha mellor conservación dos nutrientes. Os sales minerais e as vitaminas solubles mantéñense no alimento e non pasan á auga, como sucede co fervido das verduras, de xeito que resultan máis saborosas e máis nutritivas. Cumpre perfectamente coas recomendacións de comer dúas porcións de verduras e hortalizas e tres pezas ao día como fonte esencial de antioxidantes, vitaminas e fibra. Animámolo a que aproveite a tempada da froita e a verdura fresca para variar máis aínda os menús. Os peixes azuis tamén teñen cabida dentro dunha dieta correcta, xa que pola calidade da súa graxa insaturada (Omega 3) axudan a previr enfermidades do corazón e das arterias. Pode ser un valor engadido consumir xarda, anchoas, sardiñas, atún, bonito ou xurelo, segundo a tempada. Como son peixes con tanto gusto, unha preparación sinxela, ao forno, á prancha ou no microondas, fainos moi saborosos. Catro noces ao día ou unha mancheíña de froitos secos 'ao natural' pódelle servir de complemento a unha dieta cardioprotectora.

Adoito ter as pernas inchadas, en especial durante os meses máis calorosos, polo que canso antes. A alimentación pode ser a causa desta complicación?

  O problema das pernas cansas asóciase habitualmente con outros de circulación do sangue. En termos xerais, acompáñase de retención de líquidos, o que fai que se inchen as pernas, se noten máis pesadas e resulte incómodo mesmo manter a marcha. A alimentación pode ser útil para fortalecer a circulación, para favorecer a eliminación de toxinas e o exceso de líquidos e, en definitiva, para reducir o inchazo das pernas.

A clave é revisar se na súa dieta abundan alimentos salgados ou se ten costume de engadir demasiado sal para condimentar os pratos. O corpo retén líquidos para diluír o sodio, de se inxerir en exceso. Esta é a razón pola cal, en caso de que inchen as pernas, se aconsella reducir os alimentos preparados, que polo xeral levan sal ou outros aditivos que incorporan sodio como o glutamato monosódico (E-621). É o caso de conservas, precociñados, embutidos, queixos, patés, curtidos, snacks ou similares e ata dos cereais do almorzo.

Por outra banda, diversos estudos demostran que unha dieta rica en fibra é un bo método de depuración do organismo. Unha dieta rica en verduras e froitas frescas, legumes e cereais integrais, froitos secos e froitas desecadas, achega suficientes antioxidantes para fortalecer as paredes dos vasos sanguíneos e favorecer o retorno venoso.

Trate de tomar unha ensalada e dúas ou tres froitas acotío, e non esqueza acompañar a súa dieta de abundante auga. Salvo que a retención de líquidos estea provocada por un trastorno cardíaco, renal ou hepático que haberá que descartar, convén que beba polo menos seis vasos ao día para facilitar a eliminación de toxinas e a depuración do organismo. Teña en conta que coa calor apetece máis beber auga fresca, as infusións con xeo, os zumes de froitas, e mesmo os sorbetes que pode preparar na casa.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto