Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Autoestradas: analizados 16 tramos de vías de pagamento e 32 áreas de servizo: O prezo por quilómetro dunhas autoestradas cuadriplica o doutras

As autoestradas españolas destacan en limpeza e seguridade, pero a calidade das súas áreas de servizo é mellorable. Os tramos da AP-9 (de Santiago de Compostela a Vigo e á Coruña) e da AP-4 (entre Sevilla e Cádiz) son os peor valorados, cun mediocre "aceptable"

Nas peaxes e tàboas comparativas

  Durante os percorridos realizados, atravesáronse 62 peaxes, nas que se contabilizaron 524 casetas de cobramento, das que 406 estaban abertas ou en funcionamento. O seu mantemento, os servizos ofertados ao usuario e a sinalización recibiron unha cualificación media de "moi ben". Así foi nas peaxes de 11 das 16 autoestradas analizadas. Non obstante, tres suspenden o exame desta revista cun 'mal' (os dous tramos da AP-9; Santiago-A Coruña e Santiago-Vigo) ou cun 'regular' (a AP-4 entre Sevilla e Cádiz).

Nos postos situados en Guisamo (AP-9, traxecto entre Santiago de Compostela-A Coruña), Milladoiro (traxecto entre Santiago e Vigo, tamén na AP-9) e Sant Joan (itinerario da AP-7 entre Valencia e Alacante), máis da metade das casetas de cobramento permanecían fóra de servizo. No outro lado da balanza sitúanse autoestradas como a R-2, a AP-68, a A-8 ou a AP-2/AP-7, na que todas as casetas de peaxe permaneceron abertas durante os percorridos.

Escasas foron as ocasións nas que se sufriron paradas prolongadas dos vehículos nas peaxes. Só se constataron retencións superiores ao minuto e medio nas peaxes entre Santiago de Compostela e Vigo e mais A Coruña e entre Sevilla e Cádiz.

Comprobouse tamén a información que en cada peaxe se lle facilitaba ao usuario: tan só no 44% se amosaba, por medio dun cartel, o prezo a aboar segundo o tipo de vehículo e o traxecto, aínda que o 81% deles si indicaba os tipos de tarxetas de crédito aceptadas.

Áreas de servizo: accesibilidade e reciclaxe deficientes

  A calidade das áreas de servizo das autoestradas tamén inflúe na comodidade do traxecto por estas vías. Nas 32 áreas visitadas polos técnicos desta revista, comprobouse a súa dotación (aparcamentos, parques infantís, áreas de descanso, posto de atención sanitaria), a información que se lle facilitaba ao usuario nos sinais, o mantemento das prestacións coas que contaba cada área e a súa accesibilidade.

As áreas de servizo superaban o exame final da revista cunha nota media de 'ben'. Malia que a metade das 32 áreas examinadas obtiñan un 'moi ben', unha de cada cinco non pasaba dun mediocre ?aceptable?, e dúas delas, as visitadas no itinerario de Bilbao a San Sebastián, suspendían cun 'regular'.

A peor cualificación correspondeulle ao equipamento das áreas, xa que apenas acadou un 'aceptable'. Só a metade dispuña de parque infantil, catro de cada dez non contaban con área de descanso e un de cada tres non ofrecía sistema de seguridade ningún para protexer os vehículos. A información ao usuario e accesibilidade nas instalacións catalogáronse como boas.

As únicas áreas que suspenden en información son as situadas na A-8 entre Bilbao e San Sebastián. En accesibilidade, observáronse grandes diferenzas: do 'excelente', (é o caso das áreas de servizo da AP-7 entre Barcelona-La Jonquera, da A-68, da R-2, da AP-9 entre Santiago de Compostela e Vigo, da AP-6 e da AP-1) ao suspenso das áreas de servizo situadas na A-8, nas vías que circundan a capital española (a R-4/AP-36 e a AP-41), e na AP-7 entre Málaga e Estepona. Para rematar, a limpeza e mantemento das áreas mereceron a mellor valoración, un ''moi ben'.

AUTOESTRADAS VERSUS AUTOVÍAS

No mapa de infraestruturas viarias en España conviven dous tipos de vías de gran capacidade que crean unha rede de comunicacións de norte a sur e de leste a oeste: as autoestradas de peaxe e as autovías libres de pagamento. Non obstante, esta coexistencia entre os dous tipos de estradas non é proporcional. Mentres os cidadáns que viven no norte, leste e centro do país deben aboar unha peaxe por circular en vías de gran capacidade, no sur e no oeste abundan as autovías. A pregunta xeneralizada entre os usuarios é: "Por que hai que pagar nalgunhas zonas e noutras non?".

Antes de responder a esta cuestión é importante saber que a construción dunha autoestrada sempre se leva a cabo cando o tramo en construción previsto é unha alternativa a outro itinerario gratuíto que xa existía. En España, a construción e o mantemento destas vías de gran capacidade fináncianse a través do sistema de peaxes. Polo tanto, sería máis preciso preguntar: cal é o motivo polo que o Estado non se fai cargo das autoestradas no momento en que se esgota a licenza de explotación da empresa?

Cando o Goberno considera necesaria unha infraestrutura viaria de pagamento (nas máis dos casos para desconxestionar lugares colapsados polo grande aumento de parque móbil), outórgalle unha concesión a unha empresa privada para que a constrúa e a manteña durante un longo período de tempo. A cambio, concreta o que a compañía concesionaria lle debe cobrar aos usuarios.

Así que vence o prazo da concesión, a Administración, polo xeral, prefire renegocialo antes que facerse cargo dunha infraestrutura que lle suporía un gran custo manter. E non só polo mantemento, senón tamén pola perda dunha cantidade importante de diñeiro que se lles retén ás empresas concesionarias por cada billete que lle cobran ao usuario (un 16% do importe total), así como do Imposto de Sociedades (un 35% dos beneficios totais da empresa).

Non obstante, e aínda que se amplíe a concesión, tamén se entra nunha negociación coa empresa concesionaria, a quen se insta a baixar os prezos das peaxes ou, nalgúns tramos, a convertelos en gratuítos (a forza reivindicativa dos usuarios xoga un papel relevante). Aconteceu na ponte de Rande, en Vigo, e nalgúns accesos a cidades en Cataluña.

Por outra banda, para explicar como xurdiu a rede de autovías en España cómpre ollar para o pasado. A crise do petróleo de 1973 afectou seriamente á rede de autoestradas que se comezou a construír nos anos 60 polo desexo de potenciar as zonas máis industrializadas e impulsar o consumo de automóbiles. Unha década despois, o Ministerio de Obras Públicas (MOPU) elaborou o Plan Xeral de Estradas, que tiña como iniciativa máis ambiciosa a construción de autovías de utilización gratuíta para os usuarios, unha alternativa máis barata ás autoestradas.

Nos últimos anos, o mapa de autovías foise ampliando aos poucos grazas á axuda dos fondos estruturais e de cohesión europeos recibidos por España, que entre 1986 e o 2006 sumaron 118.000 millóns de euros. Estas axudas comunitarias en parte financiaron catro de cada dez quilómetros das autoestradas e autovías construídas durante eses vinte anos en todo o país.

TÁBOA COMPARATIVA

En resumo, as nosas autopistas (valoración de CONSUMER EROSKI)
Percorrido /Autopista Estrada Áreas de Servizo Peaxes Cualificación global
Alacante-Valencia (AP-7) Ben Moi ben Ben Ben
Barcelona-A Jonquera (AP-7) Excelente Moi ben Moi ben Moi ben
Barcelona-Valencia (AP-2/AP-7) Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Bilbao-San Sebastián (A-8) Moi ben Regular Moi ben Ben
Bilbao-Zaragoza (A-68) Moi ben Ben Moi ben Moi ben
Madrid-Arganda (R-3) Moi ben Aceptable Moi ben Ben
Madrid-Guadalajara (R-2) Ben Moi ben Moi ben Moi ben
Madrid-A Roda (AP-36) Excelente Aceptable Moi ben Moi ben
Madrid-Toledo (AP-41) Moi ben Aceptable Aceptable Ben
Málaga-Estepona (AP-7) Ben Aceptable Moi ben Ben
Pamplona-Tudela (A-15) Ben Moi ben Moi ben Moi ben
Santiago-A Coruña (AP-9) Moi ben Ben Mal Aceptable
Santiago-Vigo (AP-9) Moi ben Moi ben Mal Aceptable
Sevilla-Cádiz (AP-4) Moi ben Aceptable Regular Aceptable
Villalba-Adanero (Madrid, AP-6) Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Vitoria-Burgos (AP-1) Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Media Moi ben Ben Moi ben Moi ben

(1). Estradas: ara avaliar o estado das estradas valoráronse varios aspectos. En primeiro lugar, a limpeza e o mantemento do seu pavimento, así como dos sinais e marcas viarias. Tamén se tomou en consideración o tipo de información que o usuario atopa nas vías de pagamento (indicativos da distancia ás cidades de destino, saídas a outras autoestradas, entrada a unha provincia diferente, paneis electrónicos con información turística ou cultural, idiomas utilizados neles e, nos túneles, o sinal indicativo co seu nome e lonxitude), a sinalización (indicadores de velocidade máxima, de presenza de animais, radares, etc. e se se atopaban en bo estado, coa altura correcta e sinalizadas con letras grandes e claras) e a existencia de elementos de seguridade (radio, teléfonos de emerxencia, beiravías con anchura abonda, medianas)..

(2). Áreas de Servizo: Analizáronse os servizos de que dispón (gasolineira, zona de descanso, parque de xogos infantís, aparcamento, cafetaría, hotel, posto de emerxencia sanitaria, caixeiros automáticos, taller de reparación de vehículos, teléfono público, establecementos comerciais...) e mais o seu estado de limpeza e mantemento. Para rematar, examinouse a información que se lle ofrece ao usuario que decide achegarse a unha destas zonas para facer unha pausa e comprobouse a accesibilidade de cada área de servizo: aseos adaptados para persoas minusválidas, aparcamentos reservados para eles, se as escaleiras ou desniveis están debidamente salvados con ramplas ou pasarelas ou se hai un teléfono público situado a baixa altura para que poida ser usado por estes usuarios.

(3). Peaxes: Observouse cantas casetas se atopaban abertas ou en funcionamento e se se producían retencións de coches nesas peaxes (amais do tempo de espera destes condutores para pasar por estes postos de cobramento).

(4).Cualificación global: Por cada aspecto estudado anteriormente estableceuse unha valoración ou puntuación (entre "mal" e "excelente"). A nota final obtense da media das cualificacións alcanzadas en cada un dos apartados analizados.

A Estrada da autopista, a exame
Percorrido /Autopista Limpeza e mantemento Información ao usuario Señalización e seguridade Media
Alacante-Valencia (AP-7) Moi ben Moi ben Ben Ben
Barcelona-A Jonquera (AP-7) Excelente Excelente Moi ben Excelente
Barcelona-Valencia (AP-2/AP-7) Moi ben Excelente Moi ben Moi ben
Bilbao-San Sebastián (A-8) Excelente Ben Moi ben Moi ben
Bilbao-Zaragoza (A-68) Excelente Moi ben Moi ben Moi ben
Madrid-Arganda (R-3) Excelente Ben Moi ben Moi ben
Madrid-Guadalajara (R-2) Moi ben Ben Ben Ben
Madrid-A Roda (AP-36) Excelente Excelente Moi ben Excelente
Madrid-Toledo (AP-41) Excelente Ben Moi ben Moi ben
Málaga-Estepona (AP-7) Excelente Ben Ben Ben
Pamplona-Tudela (A-15) Excelente Ben Ben Ben
Santiago-A Coruña (AP-9) Moi ben Ben Moi ben Moi ben
Santiago-Vigo (AP-9) Moi ben Excelente Moi ben Moi ben
Sevilla-Cádiz (AP-4) Excelente Ben Moi ben Moi ben
Villalba-Adanero (Madrid, AP-6) Moi ben Ben Excelente Moi ben
Vitoria-Burgos (AP-1) Excelente Ben Moi ben Moi ben
Media Excelente Moi ben Moi ben Moi ben

(1). Limpeza e mantemento: observouse o estado de limpeza e mantemento dos sinais, do pavimento da autoestrada, das marcas viarias e tamén das beiravías, por se existían obxectos que puidesen supor un perigo para os usuarios das autoestradas.

(2). Información ao usuario: analizouse a información que se lle facilita ao usuario por medio de indicacións e sinais, se se informa durante o traxecto sobre destinos turísticos, sobre as localidades próximas e a distancia que queda para chegar a elas, así como os idiomas empregados nesa sinalización. Tamén se estudou se os túneles dispoñen da súa correspondente indicación co nome e a lonxitude do devandito paso subterráneo.

(3). Señalización e seguridade: comprobáronse os sinais de entrada e saída da autoestrada (así como a súa antelación), os diferentes indicativos do percorrido (velocidade máxima, distancia de seguridade, presenza de animais, información meteorolóxica, radar, información do estado do tráfico, teléfono de emerxencia, indicadores do tempo e marcas viarias de seguridade, normas de tráfico e recomendacións sobre seguridade viaria). Tamén se analizou a disposición deses sinais (se ten letras grandes e claras, a altura correcta, se hai algún elemento que tapa a información ou se se repiten con frecuencia durante o percorrido). A ambas as dúas beiras da autoestrada reparouse nos elementos que hai na mediana que separa os carrís e mais na beira dereita, por se supoñen un perigo para os usuarios das autoestradas. Dentro dos túneles, estudouse se hai sinal de entrada a ese túnel e a súa anticipación, o sinal obrigatorio de luces de cruzamento, como é a iluminación dentro e se conta cos seguintes elementos: saídas de emerxencia, teléfono de socorro, sistema de ventilación, radio para a información do tráfico, beiravías de emerxencia e cámaras de vixilancia). E para rematar tívose en conta se existen elementos defectuosos na autoestrada e se están correctamente sinalizados.

Áreas de Servizo
Percorrido /Autopista Limpeza e mantemento (1) Información ao usuario(2) Servicios y equipamiento(3) Accesibilidade da área de servizo(4) Nota Media
Alacante-Valencia (AP-7) Moi ben Moi ben Ben Ben Moi ben
Barcelona-A Jonquera (AP-7) Moi ben Moi ben Ben Excelente Moi ben
Barcelona-Valencia (AP-2/AP-7) Moi ben Moi ben Ben Ben Moi ben
Bilbao-San Sebastián (A-8) Aceptable Regular Regular Regular Regular
Bilbao-Zaragoza (A-68) Moi ben Aceptable Aceptable Excelente Ben
Madrid-Arganda (R-3) Moi ben Aceptable Regular Ben Aceptable
Madrid-Guadalajara (R-2) Moi ben Ben Ben Excelente Moi ben
Madrid-A Roda (AP-36) Moi ben Aceptable Aceptable Regular Aceptable
Madrid-Toledo (AP-41) Moi ben Ben Regular Regular Aceptable
Málaga-Estepona (AP-7) Aceptable Aceptable Aceptable Regular Aceptable
Pamplona-Tudela (A-15) Moi ben Moi ben Ben Moi ben Moi ben
Santiago-A Coruña (AP-9) Ben Ben Regular Moi ben Ben
Santiago-Vigo (AP-9) Moi ben Ben Aceptable Excelente Moi ben
Sevilla-Cádiz (AP-4) Moi ben Aceptable Aceptable Aceptable Aceptable
Villalba-Adanero (Madrid, AP-6) Moi ben Ben Ben Excelente Moi ben
Vitoria-Burgos (AP-1) Moi ben Aceptable Ben Excelente Moi ben
Media Moi ben Ben Aceptable Ben Ben

(1). Limpeza e mantemento: observouse o estado de limpeza e mantemento dos aseos (da gasolineira e mais do bar, cafetaría ou restaurante), dos aparcamentos e zonas exteriores (áreas de descanso, zonas de xogos infantís, etc.), a disposición de papeleiras e a existencia de colectores de recollida selectiva de residuos (papel, vidro, cartón, pilas), o estado de mantemento da sinalización e dos aparcamentos (asfaltado, pintura...), o estado de limpeza xeral da área, etc.

(2). Información ao usuario: observouse a información que se lle facilita ao usuario por medio de indicacións e sinais, se se informa na área de servizo sobre o tempo, o estado do tráfico ou se se facilita información sobre rutas turísticas, os idiomas empregados na sinalización, se se informa claramente sobre o prezo dos carburantes mediante un panel independente e non só en cada surtidor, se na cafetaría ou restaurante se expoñen claramente os prezos ou se se informa da prohibición de venda de alcohol a menores.

(3). Servicios: comprobouse o nivel de equipamento e servizos cos que conta cada área: se dispón de zonas para estacionar vehículos grandes, se o aparcamento está vixiado ou se está asfaltado. Tamén se observou con que servizos conta cada área: gasolineira, taller de reparación, bar, cafetaría ou restaurante, caixeiros automáticos, duchas públicas, zonas de xogo infantil e áreas de descanso (e o seu equipamento), teléfono público, conexión a Internet, posto de atención sanitaria, tendas, etc. Así mesmo tamén se observou o equipamento co que contaban os aseos, tanto da gasolineira como da cafetaría ou restaurante: secadores, papeleiras, dispensadores de xabón, papel hixiénico, etc. Valorouse se o restaurante dispuña de menú do día e o seu Prezo, así como o horario de apertura dos diferentes servizos dispoñibles.

(4).Accesibilidad: comprobouse a accesibilidade xeral de cada área de servizo: se dispón de aseos adaptados e específicos, se hai aparcamentos reservados para minusválidos, se as escaleiras están debidamente salvadas con ramplas ou pasarelas ou se hai un teléfono público situado a baixa altura.

Prezo das Autopistas en España
Itinerario-Autopista Quilómetros, (só de autoestrada) Prezo, (euros) Prezo por quilómetro (euros)
Málaga-Estepona (AP-7) 70 9,8 0,14
Madrid-Toledo (AP-41) 47 6,35 0,14
Madrid-Guadalajara (R-2) 54 6,75 0,13
Vitoria-Burgos (AP-1) 83 9,35 0,11
Villalba-Adanero (AP-6) 80 8,85 0,11
Madrid- Arganda (R-3) 30 3,25 0,11
Pamplona-Tudela (AP-15) 82 7,8 0,10
Madrid-A Roda (R-4/AP-36) 126 11,3 0,09
Barcelona-Valencia (AP-7) 321 28,4 0,09
Alacante-Valencia (AP-7) 151 13,3 0,09
Santiago-Vigo (AP-9) 81 7,05 0,09
Bilbao-Zaragoza (AP-68) 297 25,05 0,08
Bilbao-San Sebastián (A-8) 87 7,33 0,08
Barcelona-A Jonquera (AP-7) 156 12,46 0,08
A Coruña-Santiago (AP-9) 75 4,95 0,07
Sevilla-Cádiz (AP-4) 193 5,65 0,03
Media 120,8 10,48 0,10

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto