Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Autoestradas: analizados 16 tramos de vías de pagamento e 32 áreas de servizo: O prezo por quilómetro dunhas autoestradas cuadriplica o doutras

As autoestradas españolas destacan en limpeza e seguridade, pero a calidade das súas áreas de servizo é mellorable. Os tramos da AP-9 (de Santiago de Compostela a Vigo e á Coruña) e da AP-4 (entre Sevilla e Cádiz) son os peor valorados, cun mediocre "aceptable"

  As autoestradas españolas son limpas, seguras... e caras. O prezo medio alcanza os dez céntimos de euro por quilómetro, é dicir, os condutores pagan de media un euro por cada dez quilómetros percorridos. Non obstante, as variacións son considerables. De feito, a peaxe máis onerosa (14 céntimos por quilómetro) cuadriplica a máis económica (tres céntimos por quilómetro), ambas as dúas rexistradas en vías de peaxe de Andalucía. Así o constatou CONSUMER EROSKI nun estudo no que se analizaron 16 tramos de autoestrada, incluídas 32 áreas de servizo. A mostra abrangue o 60% dos 3.378 quilómetros deste tipo de vías construídas en España, cunha intensidade media de tráfico de 25.000 vehículos ao día por autoestrada e cun índice de sinistralidade baixo (segundo a DXT, das 2.741 persoas falecidas por accidentes de tráfico no 2007, 150, o 5,5%, morreron en vías de pagamento).

Os técnicos da revista, logo de se asesoraren con expertos en seguridade viaria, percorreron dúas veces (ida e volta) o treito de autoestrada asignada en equipos de dúas persoas: unha conducía e outra anotaba as incidencias. Todas as probas realizáronse en un ou dous días (en función do número de percorridos asignados a cada técnico) e sempre nunha xornada laborable. Os tramos percorridos foron: Santiago-A Coruña (AP-9), Barcelona-Valencia (AP-2/AP-7), Bilbao-Zaragoza (a-68), Bilbao-San Sebastián (a-8), Barcelona-La Jonquera (AP-7), Vitoria-Burgos (AP-1), Málaga-Estepona (AP-7), Madrid-La Roda (R-4/AP-36), Alacante-Valencia (AP-7), Madrid-Arganda (R-3), Villalba-Adanero (Madrid, AP-6), Santiago-Vigo (AP-9), Pamplona-Tudela (a-15), Madrid-Toledo (AP-41), Madrid-Guadalaxara (R 2) e Sevilla-Cádiz (AP 4). Observouse, por unha banda, a limpeza e mantemento destas vías de gran capacidade, é dicir, o estado no que atopaban o pavimento, os sinais, a limpeza das beiravías, etc. Por outra banda, analizouse a seguridade, apartado no que se estudaron a sinalización das autoestradas e mais todos os elementos que poderían supor un perigo para os seus usuarios. A iso sumouse a valoración sobre as áreas de servizo e as peaxes de entrada e saída da vía.

A principal conclusión é que as autoestradas españolas aproban, e con nota. Reciben unha cualificación global de "moi ben". Das 16 analizadas, as mellores atópanse nos itinerarios de Barcelona-Valencia, Barcelona-La Jonquera, Bilbao-Zaragoza, Madrid-Guadalaxara, Madrid-La Roda, Pamplona-Tudela, Villalba-Adanero e Vitoria-Burgos. Pola contra, suspenden a AP-4 (Sevilla-Cádiz) e os dous tramos da AP-9 (de Santiago de Compostela a Vigo e á Coruña). A razón: as deficiencias rexistradas nas súas áreas de servizo e postos de peaxe.

A maior disparidade observouse nas tarifas das autoestradas. Mentres que na AP-4 entre Sevilla e Cádiz se pagan 3 céntimos de euro por quilómetro percorrido, na AP-7 entre Málaga e Estepona, e na AP-41 entre Madrid e Toledo o pagamento por quilómetro cuadriplícase, con 14 céntimos, catro por riba da media do informe, dez céntimos de euro. A terceira autoestrada máis cara das analizadas é a Radial 2 Madrid-Guadalaxara, que só se distingue nun céntimo das dúas máis onerosas. Entre as menos gravosas, aínda que lonxe dos prezos da autoestrada Sevilla-Cádiz, están a vía A Coruña-Santiago (AP-9) (sete céntimos por quilómetro), Barcelona-La Jonquera (AP 7), Bilbao-San Sebastián (A 8) e Bilbao-Zaragoza (AP 68) (oito céntimos por quilómetro nos tres casos).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto