Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

As vantaxes da xubilación: O lecer non se xubila

Institucións e empresas multiplican os descontos e ofertas para que os maiores poidan gozar do seu tempo libre sen temor a danar os seus magros ingresos

Nunca é tarde para aprender

É o momento de retomar as actividades educativas que no pasado non se puideron realizar. Centros de Educación Permanente de Adultos, Aulas de Maiores, Casas de Cultura ou Centros de Servizos Sociais Municipais desenvolven programas tanto para persoas que se atopan case en situación de analfabetismo, como para aqueles que abandonaron os estudos primarios e desexan acadar o título de graduado escolar. Pola súa banda, as chamadas Aulas para Maiores, Aulas da Experiencia ou Universidade dos Maiores, entre outras denominacións, congregan máis de 23.000 alumnos de entre 50 e 85 anos, en programas que duran entre tres e cinco anos, e que contemplan materias como historia, ciencia, medio natural, arte, xeografía, literatura, filosofía, novas tecnoloxías, nutrición, idiomas, ou economía. Na maioría dos cursos, a formación compleméntase con visitas culturais, asistencia a foros, audicións musicais, obras teatrais, actividades deportivas. O prezo? Dende 52 euros por curso.

Unha valiosa axuda para a sociedade

Dende a Unión Democrática de Xubilados e Pensionistas de España (UDP), con máis dun millón de afiliados e 1.800 asociacións espalladas por todo o país, reclaman o apoio aos programas de lecer "produtivo", ou o que é o mesmo, aos programas de voluntariado social, de promoción de asociacionismo, e outros programas que potencian a participación do maior na sociedade e que lles permiten seguir contribuíndo no seu desenvolvemento.

Estas actividades de voluntariado sitúanse a cabalo entre as actividades non remuneradas (porque poderían constituír un emprego), as de lecer (porque son elixidas de maneira voluntaria e ocupan o tempo libre despois das obrigas) e as actividades sociais (fóra do ámbito familiar).

Na actualidade, cada vez son máis numerosas os vellos que dedican parte do seu tempo libre a labores de voluntariado e participación social. Segundo os datos máis recentes, pertencentes á Enquisa de Emprego do Tempo 2002-2003 (INE, 2004), realizan tarefas de voluntariado unha de cada cinco persoas maiores, cunha dedicación media de 1 hora e 37 minutos ao día. Moitos deles colaboran con Cruz Vermella, Cáritas Española, parroquias e ONG (como as que aparecen recollidas na Guía de ONG de CONSUMER EROSKI, en www.consumer.es), en diversos programas de axuda a colectivos sociais necesitados. Outros ocupan o seu tempo exercendo de "voluntarios culturais", ensinando museos, catedrais, igrexas, castelos e diferentes espazos e institucións culturais do rico patrimonio histórico-artístico español. E tamén hai os que se dedican ao "voluntariado educativo", ensinándolles aos seus coetáneos informática, artesanías diversas, idiomas, danza, oficios antigos, como facer encrucillados, etc.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto