Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

As vantaxes da xubilación: O lecer non se xubila

Institucións e empresas multiplican os descontos e ofertas para que os maiores poidan gozar do seu tempo libre sen temor a danar os seus magros ingresos

 Os xubilados teñen pouco tempo libre. Pode parecer un paradoxo, ou un chiste máis ou menos gracioso, pero o certo é que as transformacións sociais e laborais converteron os avós e avoas nun novo tipo de "auxiliares de familia" cada vez máis imprescindibles. Non obstante, organismos sanitarios, a Administración, ONG e asociacións veciñais de xubilados aconsellan moderar esta dedicación familiar e combinala con outras actividades de carácter lúdico.

Pero para poder gozar do lecer, amais de tempo, fan falta cartos, o outro grande inconveniente de boa parte dos 7,2 millóns de españois, o 17% da poboación, maior de 65 anos. Conscientes de que os 808 euros que cobra de media un xubilado en España non permiten grandes dispendios, a Administración Pública e moitas empresas semipúblicas e privadas despregan toda unha batería de descontos e promocións para este sector da poboación. Xa non hai escusas: a partida de cartas, a televisión ou as viaxes de Benidorm continúan a ser unha boa opción, pero as alternativas de lecer apetecibles e alcanzables son unha realidade. Tan só cómpre ter curiosidade e ganas.

Unha ampla oferta de lecer para todos os petos

Chegada a xubilación son moitas as persoas que, ben sexa por desmotivación ou por descoñecemento da oferta de ocio ao seu alcance, non saben como encher o tempo libre que antes ocupaban co traballo. A práctica dalgunha actividade de recreo nunha etapa da vida que pode durar dez, quince, trinta ou corenta anos é fundamental, non só para manter adestradas certas capacidades cognitivas ou físicas e minimizar o efecto de certas deterioracións psicofísicas, senón tamén para preservar a interacción co contorno e atoparlle sentido a esta etapa da vida.

Segundo datos recollidos no boletín de marzo do 2007 do Observatorio de Persoas Maiores do Imserso, a actividade cultural e de lecer máis común nas persoas maiores é acudir a centros comerciais. Outra alternativa moi espallada é a das excursións ao campo, e cunha baixa porcentaxe de participación, entre o 4% e o 6%, atópanse a visita de museos, acudir ao cine, ir a conferencias e foros e realizar visitas culturais. As actividades culturais e de lecer con menores porcentaxes de participación son ir ao teatro, concertos, bibliotecas e espectáculos folclóricos.

Ver a televisión tamén ocupa unha parte importante do seu tempo cotián: catro horas diarias, segundo un recente estudo da Axencia Catalá de Consumo. As persoas que máis tempo dedican a ver a televisión teñen un perfil característico: baixo nivel educativo e cultural, minguado poder adquisitivo, viven en soidade ou en núcleos pequenos e están fóra do mercado de traballo.

Co obxecto de incentivar o lecer activo, concellos, deputacións, asociacións e clubs de xubilados organizan cursos da máis diversa índole (culturais, artesanais, deportivos) nos que o prezo xa non é un problema. Así, o concello de Murcia organiza unha Semana dourada, que se concreta nun Ciclo Cultural que inclúe actividades formativas, culturais e lúdicas nas que se ofrecen representacións e actuacións que inclúen Teatro, Música Popular, Coplas e Canción Española, Zarzuela e Concertos e Danza, así como Conferencias ou Cinema. Os maiores burgaleses tamén poden gozar de espectáculos, actuacións musicais, obradoiros de expresión dinámica, orquestra e baile, organizados polo concello. O concello leonés pon á disposición dos seus maiores circuítos culturais que inclúen conferencias, aulas didácticas, viaxes, cine, cine foro, teatro, visitas a exposicións, rutas de sendeirismo e mais concertos, mesas debate e audicións. Os xubilados estremeños poden participar no certame literario "Experiencia e Vida", e os malagueños da "Pasarela de moda Maiores", mentres que os maños e madrileños teñen a posibilidade de se achegaren á Rede e descubriren as novas tecnoloxías. E estes son só algúns exemplos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto