Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Tras sufrir un accidente de tráfico, o propietario levou o seu vehículo ao taller para que o reparasen. Unha vez alí, acordaron de palabra que o automóbil só se repararía se o custo non superaba os 3.600 euros. Non obstante, unha vez reparado, o taller enviou unha factura de 8.000 euros. O consumidor negouse a pagar este importe, similar ao custo real do vehículo. Non obstante, chegaron a outro acordo verbal, pagou 4.800 euros e retirou o vehículo. Pero o taller demandouno en reclamación do importe restante (ata os 8.000). O taller perdeu o xuízo e o cliente quedou absolvido de pagar o importe reclamado. A Audiencia de Barcelona, en sentenza do 19 de marzo do 2007, recorda a obriga dos talleres de ofrecer o orzamento de reparación para que o cliente valore se lle interesa e lle resulta útil, e matiza que a renuncia a aceptar un orzamento se debe obter de forma fidedigna e conforme ás regras da boa fe. E neste caso non resultaba lóxico pensar que a alguén lle interesaría reparar un vehículo en tales circunstancias.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI