Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha parella de noivos que acaban de casar contratou nunha axencia a súa viaxe de lúa de mel a Santo Domingo. Pero unha vez alí non puideron gozar da súa estancia durante varios días por mor dos dous furacáns que se instalaron na zona. Demandaron á axencia de viaxes e reclamaron unha indemnización por dano moral de 1.500 euros cada un e outra de 1.300 euros como devolución proporcional do prezo pagado en relación aos días non gozados. E gañaron o preito. A Audiencia de Cantabria, en sentenza do 7 de novembro do 2006, constatou que a axencia de viaxes coñecía con absoluta certeza que nesa data -setembro- se producen de xeito sistemático eses fenómenos que obrigan a interromper as vacacións, e que poñen en perigo a integridade e a vida dos clientes. Por iso, o primeiro deber legal da axencia é o de lle comunicar ao cliente, antes da súa contratación, o grave risco que acepta se asina. A Audiencia entende que o cliente nin ten medios, nin a obriga de, pola súa conta e risco, obter este tipo de información, de xeito que condenou á axencia de viaxes a indemnizar a parella con 4.300 euros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI