Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

A televisión no peto

Gozar da programación das canles de televisión na pantalla do teléfono móbil xa é posible, aínda que só unha operadora ofrece este servizo

 Mentres que en Europa e nos EEUU a venda de ordenadores continúa medrando, en Xapón -o país máis punteiro no deseño e manexo das novas tecnoloxías- está a descender entre os mozos con idades comprendidas entre os 20 e 25 anos. A razón? Todos eles optaron por pasarse ao móbil, pero non ao tipo de móbil habitual en España. A oferta de servizos dispoñibles nos aparellos asiáticos é moito maior, e dende hai cinco anos inclúe mensaxería instantánea, correo electrónico, novelas en linguaxe SMS e, sobre todo, canles de televisión.

A TDT adáptase ao tamaño do móbil

A televisión no peto non é unha utopía en Corea e en Xapón, e xa está deixando de selo en Europa e nos Estados Unidos. De feito, en Asia emítense nestes momentos numerosos programas para móbiles de terceira xeración (os chamados 3G). Ben é verdade que en Occidente xa se deseñaron canles especiais para móbil, pero iso si, só nalgúns dos aparellos máis sofisticados.

No caso europeo, un aproveitamento das antenas que localizan e distribúen o sinal dos teléfonos móbiles -na actualidade o sistema 3G- permitiu crear a rede DVB-H, que ten como mision levar o sinal de televisión aos móbiles. Esta rede é unha modificación do sinal que distribúe a televisión dixital terrestre, a TDT. Isto significa que se os usuarios contan cun receptor axeitado (calquera teléfono da gama 3G de Nokia e doutras marcas que usan o seu sistema operativo como LG) poderán recibir na modalidade de streaming (sen que quede gravado no móbil) os programas da cadea de televisión aos que se subscribiran.

Ollo coas baterías

Dito isto, convén decatarse de que os programas de televisión, como os videoxogos e calquera animación en movemento, consumen moita enerxía, ata o punto de que a batería do móbil se pode descargar en menos dunha hora. Para solucionar este inconveniente deseñouse a tecnoloxía time-slicing, un mecanismo de silencio na recepción do sinal do móbil que permite dedicalo por enteiro á programación televisiva e así aforrar enerxía. Con este sistema pódese reducir o gasto de enerxía e, unha vez vistos os espazos televisivos desexados, dispor de batería abonda para outros usos.

Así e todo, convén aclarar que o time-slicing non evita que antes ou despois a batería se descargue. Por iso recoméndase a compra dunha batería de reposto co obxectivo exclusivo de ver a televisión, como fan moitos usuarios en Xapón e en Corea. Esta batería combínase coa de enviar e recibir chamadas.

O tamaño da pantalla importa

A principal vantaxe de poder gozar da televisión no móbil é a posibilidade de facelo en calquera lugar, máis alá do propio fogar. Non obstante, neste revolucionario sistema xa se aprecia outro tipo de limitacións fundamentais, como a cobertura que poidan ter as redes en zonas rurais. Non é o mesmo vivir nun medio urbano, cheo de azoteas con antenas, ca en campo aberto, onde estas escasean. A calidade do sinal, polo tanto, variará moito.

A outra gran limitación que se suma ao gasto de batería é a pantalla. Ou, máis en concreto, a súa resolución e tamaño. Son factores que veñen determinados tanto pola tecnoloxía como polo deseño do móbil. O máis habitual é que a imaxe, comprimida para que se poida ver nunha pequena pantalla, ofreza unha calidade moito menor da que se pode esperar se se proxecta nunha pantalla de 20 polgadas ou máis. Mesmo se dá o paradoxo de que nos teléfonos con maior calidade de pantalla, as imperfeccións da compresión da imaxe se aprecian máis.

En Europa será necesaria unha nova xeración de móbiles con pantalla táctil, como o iPhone de Apple, para que a televisión por móbil teña éxito. O motivo é que a pantalla táctil permite que esta ocupe toda a superficie do dispositivo e así gáñase un espazo que xa permite ofrecer a imaxe sen tanta compresión, e polo tanto, moito máis nítida.

Os servizos que xa están en marcha

Polo de agora, só a operadora Vodafone lanzou un verdadeiro servizo de televisión para o móbil, o 'Vodafone Live Tv', que ofrece tres alternativas para contratar paquetes de canles. Unha é o 'Paquete Dixital + Móbil', con 27 canles como Canal+ Móbil, Cuatro, C+ Cinema, Comedia e Deportes, CNN+ ou Viaxar.

A outra é o 'Paquete Vodafone Live TV!', que permite ver unha trintena de canles: dende xerais -como La Sexta ou Antenta 3- ata canles de pagamento en plataformas dixitais como Discovery Channel Mobile, Canle Historia ou Calle 13.

A subscrición a cada un destes paquetes ten unha tarifa plana de 6,96 euros ao mes, con IVE incluído, aínda que non inclúe a navegación por Internet, que se contabiliza como tráfico de datos.

A condición para poder ver as canles que ofrece 'Vodafone Live Tv' é a instalación da aplicación TV Zapping. Nalgúns modelos xa vén preinstalada, pero non en todos. Por outra banda, tamén se pode descargar sen ningún custo dende o Menú de Vodafone live!, na sección Televisión.

Unha vez activada a aplicación e contratado o paquete de canles, é sinxelo acceder a eles. Os contidos son moi variados: pódese elixir entre os ofrecidos en directo, igual que se se visen na televisión tradicional, e os deseñados especificamente para o móbil, onde o usuario pode elixir o programa que quere ver, pero non dende o comezo, salvo que coincida en que comece nese mesmo instante. Neste segundo caso, cada programa forma parte dun bucle que se repite durante 24 horas.

Orange tamén asegurou que ao longo deste ano vai pór en marcha un servizo de televisión para o móbil, pero polo de agora só ten activado o servizo Animax, de descarga de episodios de series de debuxos xaponeses 'manga'.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto