Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES: Urxencias en estado salvaxe

A razón de ser dos Centros de Recuperación de Fauna Salvaxe espallados por España é traballar para devolver á natureza a aqueles animais aos que o ser humano inflixiu sufrimento e lles causou de xeito directo ou indirecto un dano que, de non se reparar, lles causará a morte. A este principio engádese outro obxectivo ao que se dedica igual esforzo: sensibilizar á sociedade de que a natureza é un patrimonio universal que se herda e que debe ser deixado en herdanza.

  
Ruben García Blázquez

Resposta a unha chamada de emerxencia

Os centros de Recuperación son servizos públicos, abertos en cumprimento das leis que obrigan ás institucións responsables da xestión do medio natural a dotalos de medios, persoal e infraestruturas. Están en garda as 24 horas de cada un dos 365 días do ano. A través dos teléfonos de emerxencias actívase o dispositivo para que os seus equipos se dirixan ao lugar onde se atopa o animal ferido e recollelo. No 70% das chamadas é un particular quen advirte da situación; o 30% restante corresponde a avisos de bombeiros ou axentes forestais. Ata que chegue o veterinario para se facer cargo, ao animal non se lle debe dar de beber ou comer, se intenta fuxir e corre risco de danarse máis, pode cubrirse cunha manta ou calquera peza de vestir, aínda que o idóneo é non o tocar.

  
Ruben García Blázquez

No hospital

Os centros funcionan como 'pequenos hospitais' deseñados para atender a calquera especie, e suplen as dificultades e falta de infraestrutura cun equipo moi vocacional que se apoia tamén en redes de voluntarios. O tratamento facultativo dos animais salvaxes é moi complexo. Durante todo o proceso, o veterinario debe tratar de non gañar a súa confianza para evitar crear vínculos emocionais e de dependencia: trátase dun animal salvaxe e non pode deixar de selo. Se a primeira exploración descarta o prognóstico de irrecuperable, procédese á sedación. O nivel de estrés que sofre convérteo en moi vulnerable á anestesia; así e todo, é inevitable durmilo para proceder ao diagnóstico.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

A intervención

Realízanse análise de sangue ad hoc (non hai medidas estándares para cada unha das especies ou subespecies), radiografías e endoscopias. Ante todo, debe tratarse de técnicas non invasivas que permitan unha recuperación o menos traumática posible. Só se é ineludible escaiolarase ou vendarase o animal, pero canto menos pegada da cura quede, máis doado será que recupere o seu estado salvaxe.

  
Ruben García Blázquez

A recuperación

Unha vez curado, o animal precisa de varios días de rehabilitación. A súa convalecencia arranca en numerosas ocasións do paso traumático dunha cirurxía, e cómpre acadar unha recuperación física a nivel muscular, nutricional e de capacidades motoras.

  
Ruben García Blázquez

Reaprender a voar, a nadar, a cazar, a ser libre

O éxito de todo o proceso mídese pola capacidade do animal de reatoparse coas súas condicións innatas. Son moitas as ocasións en que hai que instalalo nun espazo de preliberdade. Os voadeiros -zonas en que a ave atopa sen dificultade lugares de pouso-, pozas onde as condicións son completamente favorables, currais onde non existen perigos naturais.

  
Ruben García Blázquez

O ensaio previo

O animal demostra que ten posibilidades de sobrevivir cando cambia de actitude, é dicir, cando o seu voo, nado ou paso é agresivo, as análises descartan anemia e a súa fisionomía se amosa normalizada. Hai que aproveitar o inicio destes síntomas e non prolongar a estancia alén do necesario. Se se erra ao medir o tempo, aumenta o risco de que perda o seu instinto e sen el non sobrevivirá no seu hábitat. Hai que tratar de devolvelo san pero non artificialmente san.

  
Ruben García Blázquez

O regreso á súa partida

En ocasións, colócanselle ao animal argolas, bandas beiradas ou radiotransmisores que, unha vez reintroducidos no medio natural, facilitan o seu seguimento e permiten comprobar a súa adaptación. Un Centro de Recuperación de Fauna medio logra darlles a alta clínica a 600 animais ao ano. Trátase de moitas especies, protexidas ou non, en perigo de extinción actual ou futuro, que son vítimas de accidentes en tendidos eléctricos e valados cinexéticos, pero a maioría sono de disparos fortuítos ou voluntarios e doutras prácticas vandálicas. Estímase que de cada 60 animais que chegan a un centro hai 6.000 nas mesmas condicións que non se atoparon. A defensa da biodiversidade e o respecto á natureza precisa de grandes palabras, pero tamén de diminutos feitos.

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto