Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Xamón cocido extra: Pouco graxo e non moi calorífico pero demasiado salgado

Numerosas irregularidades: seis dos oito incumpren a norma de etiquetaxe, un di carecer de sal e ten tanto coma os demais; outro incumpre un criterio hixiénico-sanitario, e hai un que di ser Extra cando, polo seu contido en auga, é só Primeira

UN A UN, 8 XAMÓNS COCIDOS EXTRA

Urkabe

  •  "Xamón cocido Extra". 200 gramos. Sae a 8,75 euros o quilo, o máis barato.
  • A mellor relación calidade-prezo.
  • Etiquetaxe incorrecta: non utiliza o círculo vermello obrigatorio para a categoría Extra.
  • Índice humidade/proteína inferior ao da maioría, o que significa maior calidade, pois contén menos auga. Engade glutamato, potenciador do sabor. Indica o número de rebandas.
  • Na cata, o mellor: acadou 6,8 puntos e gustou pola súa "cor" e por ser "substancioso".

Argal

  •  "Xamón cocido Extra". "Sen fosfatos engadidos". "Só 3% de materia graxa". 150 gramos. Sae a 12,84 euros o quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta: non utiliza o círculo vermello obrigatorio para a categoría Extra. E fai unha alegación nutricional, "Só 3% de materia graxa", frase non permitida. Indica o número de rebandas. Engade glutamato, aditivo potenciador do sabor.
  • Na cata acadou 6,4 puntos: gusta pola súa "cor".

El Pozo

  •  "Xamón cocido Extra". "Sen sal engadido".
  • "0% de graxa saturada" 125 gramos. Sae a 14,30 euros o quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta: non utiliza o círculo vermello obrigatorio para a categoría Extra. Por declarar "0% de graxa saturada" está obrigado a ter menos do 0,1% de graxa saturada; non obstante, indica un "contido inferior" ao 0,4%. E, por outra banda, ten o 4,3% de graxa, tres veces máis da que declara.
  • Reclámase "sen sal engadido", pero contén tanto (1% de sodio) coma calquera outro. Tanto erro apunta a un fallo de envasado. O índice humidade/proteína máis baixo indica maior calidade ca outros. Engade glutamato, potenciador do sabor.
  • Na cata acadou 5,7 puntos: gusta pola súa "rebanda fina", pero é criticado por "seco".

Casa Tarradellas

  •  "Xamón cocido Extra". "Menos do 4% de materia graxa".
  • 150 gramos. Sae a 11,11 euros o quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta: fai a alegación nutricional "Menos do 4% de materia graxa", cando para dicilo así debe ser inferior ao 3% de graxa. Contén só o 1,6% de graxa, é o xamón menos graxo. E o menos enerxético: 92 calorías cada cen gramos.
  • Indica o número de rebandas. Índice humidade/proteína superior ao da maioría, o que indica menor calidade pois contén máis auga. Engade glutamato, potenciador do sabor. Estado hixiénico-sanitario fóra de norma: non representaba risco para a saúde, pero superaba o límite en enterobacterias.
  • Na cata acadou 5,6 puntos: é criticado por "salgado".

Les Belles Saveurs

  •  "Xamón cocido Extra". "Sen fosfatos". 200 gramos. Sae a 13,25 euros o quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta: non utiliza o círculo vermello obrigatorio para a categoría Extra. Ademais, non indica o domicilio da empresa. E declara "Sen fosfatos", cando debería dicir "Sen fosfatos engadidos" (a carne contén fosfatos de xeito natural).
  • O de máis graxa (4,9%) e un dos máis enerxéticos (120 calorías cada cen gramos). Indica o número de rebandas.
  • Na cata foi dos peores ao acadar só 4,5 puntos: gusta pola súa "cor", "sabor" e "zume" pero é criticado por "salgado", "rebanda grosa" e "moitos nervios e graxa".

Casademont

  •  "Xamón cocido Extra". "Baixo contido de sal".
  • 125 gramos. Sae a 13,76 euros o quilo.
  • Incumpre a norma de calidade: o indicador "humidade/proteína" é 4,45, o que o converte en Primeira, calidade inmediatamente inferior a Extra, que é a que declara. Engade demasiada auga para ser Extra. É o de menos sal (0,1% de sodio).
  • Na cata foi dos peores e acadou 4,9 puntos: gusta pola súa "rebanda fina", pero é criticado por "seco" e "pouca cor".

Campofrío

  •  "Xamón cocido Extra braseado". 125 gramos. Sae a 14,53 euros o quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta: non utiliza o círculo vermello obrigatorio para a categoría Extra. É un dos menos graxos (1,8% de graxa) e menos enerxéticos (98 calorías cada cen gramos), pero tamén o máis salgado (1,1% de sodio).
  • Na cata, entre os menos preferidos, acadou 5,2 puntos: gusta pola súa "rebanda fina", pero é criticado por "seco" e pola súa cor.

La Selva

  •  "Xamón cocido Extra". 140 gramos. Sae a 15,36 euros o quilo.
  • Índice humidade/proteína inferior ao da maioría, o que indica maior calidade, pois contén menos auga.
  • Na cata quedou entre os menos preferidos e acadou 4,9 puntos: gusta pola súa "cor", pero é criticado por "seco" e "duro" e "salgado".

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto