Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Información e educación sanitaria: Previr un segundo infarto

A Sociedade Europea de Cardioloxía (SEC) advirte sobre o deficiente control dos factores de risco cardiovasculares logo de sufrir un primeiro infarto, xa que moitos continúan obesos, sen controlar a presión arterial e fumando

 Cando unha persoa se recupera dun infarto de miocardio, un dos obxectivos médicos básicos é previr que sufra un segundo accidente cardiovascular. Non obstante, as medidas que se aplican non semellan, á luz das estatísticas, as máis axeitadas. E non tanto pola calidade das accións previstas coma pola pouca eficiencia na súa aplicación. Diversos estudos realizados nos últimos anos alertan de que os pacientes con cardiopatía isquémica aguda non reciben unha atención axeitada para a prevención de futuros episodios. Dous deles, de nome PREVESE E PRESENTE, ambos os dous orientados á prevención secundaria temperá, van máis alá. Segundo os seus autores, malia a evidente eficacia que proporciona o cambio de estilos de vida e a administración de terapias axeitadas, a aplicación de medidas preventivas en España obtén un éxito escaso.

Este é un dos motivos polos que a Sociedade Europea de Cardioloxía (SEC) advirte sobre o deficiente control dos Factores de Risco Cardiovasculares (FRCV) na prevención secundaria. O 27% dos pacientes segue a fumar, o 32% continúa obeso, o 50% non controla a tensión arterial e o 58% mantén o colesterol elevado. Só o 25% dos pacientes cun risco elevado controla de xeito efectivo os FRCV. Ademais, segundo apunta a SEC, a responsabilidade non lles corresponde de forma exclusiva aos pacientes incumpridores, senón que o peso tamén recae en cardiólogos e médicos de asistencia primaria, xa que xogan un papel moi importante na redución do risco.

Puntos clave na prevención

Unha boa prevención comeza cunha apropiada información e educación sanitaria. É o primeiro paso, e un dos máis importantes, para dar cambiado os hábitos prexudiciais dos pacientes, como a elevada inxestión de graxas saturadas na dieta, o tabaquismo e a vida sedentaria. Os datos reflicten que máis do 50% da actual diminución da mortalidade por cardiopatía isquémica é atribuíble a cambios de hábitos. Por este motivo é fundamental que se insista nos factores de risco modificables dende o momento en que se asina a alta hospitalaria e que se continúe coas visitas periódicas ao cardiólogo e ao médico de familia.

Resulta paradoxal que se ben a hipertensión, o hábito tabáquico e a diabete reciben a atención axeitada por parte dos médicos, non aconteza o mesmo co control do resto os factores de risco asociados ao prognóstico. Os expertos recoñecen que en obesidade, sedentarismo e colesterol elevado non se insiste coa énfase abonda.

  Como se acada un óptimo control dalgún destes factores de risco? Co seguimento dun tratamento farmacolóxico. Así e todo, os estudos sobre prevención secundaria do infarto subliñan que aínda que a prescrición de antiagregantes plaquetarios (aspirina e vasodilatadores) é alta, a de fármacos hipolipemiantes (para diminuír os niveis altos de colesterol) é moi baixa, o que significa que só un 30% dos pacientes con colesterol elevado recibe tratamento.

Ademais, hai constancia de que o tratamento con estatinas (outro fármaco para reducir o colesterol) diminúe o risco de cardiopatía isquémica, non só polo descenso do colesterol en si, senón tamén polo efecto que teñen sobre o endotelio vascular (tecido que recobre por dentro as arterias). Diversos estudos demostran que a asociación de pravastatina (hipolipemiante) e aspirina reduce de xeito importante o risco polos seus efectos aditivos.

Por outra banda, os programas de rehabilitación cardíac (PRC), clave na recuperación da enfermidade, son sistemas terapéuticos para persoas afectadas de cardiopatías que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida e o prognóstico da enfermidade. Aínda que moitos o identifican só con programas de exercicio físico, inclúe un paquete de actividades: dende a educación para a saúde, deshabituación tabáquica, clases de dietética e técnicas de relaxación, ata o apoio psicolóxico. A melloría obtida con estes programas de rehabilitación é independente do sexo e da idade, co que poden participar persoas moi maiores. Tanto é así que os resultados obtidos en anciáns evidencian avances similares aos obtidos en persoas máis novas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto