Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Unha parella non se pode empadroar porque o propietario do piso de alugueiro se nega a asinar un xustificante

Somos unha parella italiana que vive en Valencia dende hai dous meses. O meu mozo precisa un papel de empadroamento e pode conseguilo mediante un xustificante asinado polo propietario do piso no que vivimos en réxime de alugueiro. Pero este non o quere facer, di que está no seu dereito e como opción dinos que nos daría un papel con outro enderezo (como se nós vivísemos alí, e onde podemos recibir os correos) e asinado por outra persoa. Pode facer iso?Que dereitos temos? Se decido abandonar o piso antes da data establecida, podo recuperar a miña fianza?

 A teor da descrición da persoa afectada, parece que o arrendamento foi verbal e que o papel que necesitan para o empadroamento é o contrato de alugueiro. A Lei de arrendamentos urbanos dá dereito ao inquilino a esixirll ao arrendador a formalización do contrato por escrito. A mellor opción é esixir o contrato por escrito mediante un burofax certificado e o recibo de todos os pagamentos de rendas que realice. O propietario non ten dereito a negarse. Por outra banda, en Valencia, de acordo á lei 8/2004 do 20 de outubro, de vivenda da Generalitat Valenciana, o arrendador debe efectuar o ingreso do importe da fianza en calquera das contas e entidades financeiras que para tal efecto determine a Consellería de Economía e Facenda, no prazo máximo dos 15 días hábiles seguintes á celebración do contrato. A persoa afectada pode consultar se este trámite foi realizado. Convén que lle soliciten ao arrendador por burofax certificado que cubra o documento que necesitan, con datos veraces, informándoo dos graves prexuízos que a súa negativa lle ocasiona. Os afectados pódenlle solicitar á Axencia Valenciana de Alugueiro (rúa Vinatea, nº14 de Valencia; teléfono 902 36 50 44) que medie nesta situación. Se finalmente optan por abandonar a vivenda, é aconsellable que o fagan de mutuo acordo e que aleguen por escrito a perturbación e os graves danos, amais de poñer á súa disposición as chaves e reclamar a devolución da fianza.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto