Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Contratos a domicilio sen riscos

O contrato débese asinar por escrito en dobre exemplar e ir acompañado dun documento de desistimento, ambos os dous datados e asinados polo cliente e a empresa

 O consumidor que recibe unha visita comercial no seu domicilio, no seu centro de traballo, que é invitado a unha presentación comercial nun hotel ou nunha excursión está sometido a unhas condicións de venda diferentes ás habituais do comercio tradicional. En ocasións, estas operacións poden xerar no potencial cliente unha sensación de indefensión porque non dispón da información necesaria e abonda para analizar, comparar prezos e mesmo ver e coñecer de primeira man a clase de produto que lle ofrecen. Estes contratos de venda deben conter, en carácteres destacados e na parte superior do lugar reservado para a sinatura do cliente, unha referencia clara, comprensible e precisa ao dereito a desistir do contrato e aos requisitos e consecuencias do seu exercicio.

Como se deben efectuar estas compras?

Neste tipo de operacións, o contrato débese asinar por escrito en dobre exemplar e ir acompañado dun documento de desistimento. Ambos os dous estarán datados e asinados polo consumidor e usuario. Unha vez asinado o contrato, o empresario ou comercial débelle entregar ao consumidor un dos exemplares do contrato e un documento de desistimento.

Se o cliente desexa botarse atrás cómpre que lle envíe este documento ao empresario nos seguintes sete días naturais á entrega do produto, sen necesidade de xustificarse. O desistimento obriga ao vendedor a devolver os cartos recibido e ao consumidor a devolver o produto.

Daquela, non abonda con chamar por teléfono?

Non, esta modalidade de desistimento deu lugar a máis dun problema, xa que non se pode probar o exercicio do dereito de desistimento, circunstancia que se pode utilizar para, unha vez transcorrido o prazo, esixir o pagamento ignorando a chamada telefónica. Por iso cómpre desistir por escrito e enviarlle ao domicilio do vendedor o documento de revogación por correo certificado con xustificante de recepción, por burofax certificado ou mediante os servizos de información ao consumidor para que xestionen o envío. Por outra banda, a devolución dos produtos recibidos ao vendedor, dentro do prazo, considérase pola lei un desistimento.

O cliente debe cargar cos gastos de devolución?

Non, a lei di que o exercicio do dereito a desistir non lle debe supor ningún gasto ao consumidor.

O vendedor debe devolver o cobrado ata o momento?

 Cando un consumidor exerce o desistimento, o empresario está obrigado a lle devolver as sumas aboadas sen retención de gastos. A devolución destas sumas terá que efectuarse o máis axiña posible e, en calquera caso, no prazo máximo de 30 días dende o desistimento. Transcorrido o devandito prazo, o consumidor terá dereito a reclamar a devolución duplicada.

Unha persoa de idade avanzada merca a domicilio un produto que non necesita, dá os datos da súa conta bancaria e cárganlle varias cotas dun financiamento. Os seus fillos decátanse de casualidade uns meses despois. Poden facer algo para que lle devolvan os cartos? En primeiro lugar, débese comprobar que no contrato se informa do dereito a desistir e que contén o documento de desistimento. Se non o ten, dispón de tres meses para desistir. Pódese facer por burofax indicando que poñen á disposición da empresa os libros recibidos. Por outra banda, cando o prezo foi total ou parcialmente financiado mediante un crédito concedido polo mesmo empresario contratante ou por parte dun terceiro, o exercicio do dereito de desistimento implica a resolución do crédito sen penalización ningunha para o consumidor. Comuníquenlle á financeira o seu desistimento do contrato de compra e conseguinte resolución do empréstito. Se pasaron os tres meses, poden acudir aos tribunais.

Pero se o vendedor cumpriu coa información e a entrega dos documentos, desfacer o contrato é máis complicado. É necesario acudir a unha oficina de información ao consumidor para intentar chegar a un acordo co vendedor e a financeira co fin de resolver/anular ambos os dous contratos. Se non dá resultado só queda a vía xudicial. Estas posibilidades dependerán en parte do estado das facultades da súa nai, da súa capacidade de ler e entender e do cumprimento ou non das obrigas que a lei lle impón ao vendedor. E, por suposto, da proba de todo iso.

Aplícase esta lei a todos os contratos a domicilio?

Non, a lei exclúe os seguintes contratos: de seguros, sobre accións, bonos, notariais, de construción, arrendamentos ou venda de bens inmobles. Tampouco afecta aos relacionados con produtos de alimentación, bebidas e outros bens consumibles de uso común no fogar subministrados por provedores que efectúen reparticións. Tampouco se aplica cando o importe total a pagar non chegue a 48 euros.

Recomendacións básicas

  1. Revise as condicións de pagamento destas vendas, comprobe se está a autorizar o financiamento da compra e valore se lle interesa. Na maioría das ocasións, o financiamento vén incluído no contrato de compra.
  2. Non asine nada se o documento está total ou parcialmente en branco.
  3. Non se deixe impresionar por promesas verbais que non se recollen nos documentos que vai asinar. As vendas son cada vez máis agresivas.
  4. Na compra por catálogo son habituais os regalos, sobre todo a partir de determinados importes ou pedidos. Se a publicidade ou oferta é enganosa hai que efectuar unha denuncia nos servizos de consumo. Conserve sempre catálogos, publicidade, contratos, etc.
  5. Non entregue cartos no acto da sinatura e se o fai esixa factura ou recibos asinados polo vendedor nos que este quede identificado.

TáBOA COMPARATIVA

  1. Revise as condicións de pagamento destas vendas, comprobe se está a autorizar o financiamento da compra e valore se lle interesa. Na maioría das ocasións, o financiamento vén incluído no contrato de compra.
  2. Non asine nada se o documento está total ou parcialmente en branco.
  3. Non se deixe impresionar por promesas verbais que non se recollen nos documentos que vai asinar. As vendas son cada vez máis agresivas.
  4. Na compra por catálogo son habituais os regalos, sobre todo a partir de determinados importes ou pedidos. Se a publicidade ou oferta é enganosa hai que efectuar unha denuncia nos servizos de consumo. Conserve sempre catálogos, publicidade, contratos, etc.
  5. Non entregue cartos no acto da sinatura e se o fai esixa factura ou recibos asinados polo vendedor nos que este quede identificado.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto