Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A revisión dos freos débese realizar de xeito obrigatorio unha vez ao ano como mínimo
Os freos son o sistema de seguridade activa máis importante dun coche e unha das súas pezas clave. Non obstante, moitos condutores non parecen entendelo así. Segundo as estatísticas, arredor do 40% dos defectos detectados polas ITV corresponden aos freos. Non abonda con levar o coche ao taller cando algo falla. Ante un elemento de seguridade tan importante toda atención e precaución é pouca.
Verifique sempre que poida cun frenómetro o poder de freada de cada unha das catro rodas. Non esqueza comprobar a eficacia do circuíto.
Nas manobras críticas, como a freada en curvas ou coa calzada mollada ou xeada, deseñáronse sistemas electrónicos de control de tracción (ASR/TMC) que detectan o momento no que unha roda se vai acelerar respecto das demais e reducen a forza transmitida, fréana ou combinan ambas as dúas accións.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI