Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Coidado dos máis pequenos: Gardería ou canguro

A demanda social de coidadoras de nenos e de garderías é cada vez maior. A elección dun servizo ou doutro depende de factores persoais ou económicos, pero sempre cómpre ter en conta as necesidades de cada familia e as características concretas do menor

 Un bico de despedida e un bico de benvida, iso si, mentres os nenos dormen. Este é o ritual de moitos pais que, de luns a venres, se ven obrigados a conciliar vida laboral e familiar. En España, o 33% das mulleres chega ao seu posto de traballo antes de que abran as portas da escola e o 59% remata a súa xornada laboral cando os pequenos xa finalizaron as súas actividades no centro educativo. Esta situación require a contratación de "terceiros" no coidado dos pequenos, sobre todo a partir do cuarto mes do seu nacemento, cando a nai remata a baixa laboral por maternidade. As familias máis afortunadas contan cunha axuda "de primeira", a de avós ou familiares que cobren as horas nas que os pais non se poden facer cargo en persoa dos fillos. Pero a maioría debe decantarse por utilizar os servizos de gardería ou por contratar unha coidadora de nenos ou canguro. O primeiro criterio de elección é económico. Por regra xeral, a gardería (os seus prezos van dende a gratuidade ata os 490 euros) é menos onerosa ca unha coidadora de nenos (dende 360 euros ao mes por media xornada ata os 900 euros). Agora ben, aínda que relevante, o prezo non é o único elemento, nin o máis importante, que cómpre ter en conta.

Indicios de que "algo" non vai ben

Delegar a seguridade e o benestar dun fillo en mans dunha persoa descoñecida é unha gran responsabilidade que require a dedicación de moito tempo e esforzo en seleccionar a persoa axeitada e en comprobar a súa traxectoria e referencias, tanto se a elección é a do que en linguaxe coloquial se coñece como canguro ou ben dunha gardería.

Entre as principais preocupacións dos pais, unha vez elixida a persoa ou o centro onde os fillos pasarán boa parte do día, está a de comprobar as garantías que estes servizos ofrecen sobre os seus coidados. Como se pode detectar que o trato que reciben os nenos é correcto? Os expertos din que o primeiro paso para descubrir se o neno se atopa a gusto ou non cunha persoa é observalo e estudar as súas reaccións. Aínda que o neno non saiba disimular ben os seus sentimentos, no momento en que ten un problema non sempre sabe comunicalo. Por iso, hai que saber identificar que algo vai mal se o neno amosa un comportamento distinto ao habitual. Estes indicios pódense manifestar a través dunha perda de apetito, de choro inxustificado, de agresividade cara aos demais, de actitude asustadiza, de ollos tristeiros ou de debuxos inquietantes, entre outras actitudes en aparencia inxustificadas. Ademais, a falta de hixiene ou as análises que indican unha mala alimentación son claras mostras de que o neno está desatendido.

Ante calquera sospeita de que o menor non está a recibir o trato axeitado é necesario entrevistarse cos encargados de coidar o pequeno. E mesmo aparecer por sorpresa na casa -se está ao coidado dunha coidadora de nenos- para comprobar como é o día a día, sobre todo se hai algún signo de violencia -un simple croque, por exemplo- ou de descoido, como un eccema na zona dos cueiros.

TÁBOA COMPARATIVA

Vantaxes e inconvenientes da elección de coidadora de nenos ou gardería

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto