Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Problemas mentais na Asistencia Primaria

A depresión, a ansiedade e as demencias convertéronse en trastornos de trato habitual nas consultas de Atención Primaria

 O avellentamento da poboación, os estilos de vida e unha maior sensibilidade dos sistemas sanitarios nos procesos de diagnóstico e tratamento contribuíron a que os trastornos englobados na expresión problemas mentais entrasen de cheo nas consultas de Atención Primaria, o primeiro nivel sanitario. Non é de estrañar, xa que, segundo estudos recentes, unha de cada catro persoas na Unión Europea sufriu ou padecerá unha doenza deste tipo ao longo da súa vida e, polo menos, unha de cada dez precisará nalgún momento apoio profesional.

Isto non quere dicir que en todos os casos se trate dunha enfermidade grave que requira hospitalización ou tratamentos prolongados nin que sexan trastornos irreversibles. Nunha gran maioría dos supostos, abonda cunha atención específica para solucionar unha alteración pasaxeira da conduta, do estado de ánimo ou do equilibrio emocional. Non en van, as afeccións máis frecuentes, polo menos en España, son depresións de carácter reactivo e trastornos de ansiedade. As demencias, claramente asociadas á idade, as psicoses, a esquizofrenia ou as fobias completan o cadro de patoloxías que requiren apoio profesional.

Dado o perfil das alteracións máis frecuentes, o apoio do médico de familia debería ser abondo para o correcto manexo dos problemas mentais máis comúns e menos graves. Non obstante, segundo o estudo ESEMeD/MEDEA, que avalía a incidencia e abordaxe deste tipo de trastornos en varios países de Europa, a proporción de persoas que demandan atención por algún trastorno mental na asistencia primaria en España (o 17%) é moi inferior á observada noutros países como Bélxica ou Dinamarca, onde case a metade dos pacientes atendidos polo médico de familia cumpre cos criterios establecidos na Clasificación Internacional de Enfermidades sobre saúde mental. Inclúen a abulia (con descenso notable na capacidade de iniciativa), a astenia (con mingua de rendemento en calquera actividade, sexa laboral ou doméstica), a apatía (falta de interese e motivación por canto lle rodea), o autismo e o illamento social (perda ou negación de compañía) ou asociabilidade, que se acompaña de perda de autonomía e habilidades sociais.

A combinación destes signos, con independencia da idade, identifican un posible trastorno mental, ao que a estigmatización e o ocultamento familiar poden sumar gravidade, amais dun risco de recaída ou atraso na recuperación. Estes dous factores son citados polo 83% dos afectados de trastornos mentais como o principal obstáculo para superaren a súa enfermidade.

Deterioración emocional e física

 Os problemas mentais, mesmo se son leves, pódenlle ocasionar unha importante deterioración aos afectados e ao seu ámbito: disfunción psíquica, alteración do equilibrio emocional, diminución do rendemento intelectual, problemas de adaptación social, e sufrimento para el e para os seus familiares. Para a Organización Mundial da Saúde é unha das principais enfermidades que causan incapacidade. Malia iso, a resposta dos sistemas públicos de saúde, entre eles o español, continúa sendo insuficiente. O Ministerio de Sanidade e Consumo, no seu informe «Estratexia en Saúde Mental do Sistema Nacional de Saúde», recoñece a falta de datos sobre a carga dos trastornos mentais en España.

Segundo diversos estudos, os pacientes con problemas mentais teñen unha taxa de consultas moi superior. Por outra banda, a atención a estes pacientes require maior dedicación por parte do médico, o que supón en conxunto un elevado consumo de recursos profesionais. Os trastornos ansioso-depresivos e os somatomorfos son os que máis se dan entre os pacientes hiperfrecuentadores (acoden máis de 12 veces por ano). Na súa maioría refiren síntomas físicos que suxiren enfermidade ou trastorno orgánico, sen que as diferentes exploracións acheguen datos obxectivos que o confirmen. Son cadros crónicos con alta prevalencia que, segundo a American Psychiatric Association, inclúen somatización, trastornos de dor, hipocondría e trastorno disociativo.

Os estudos estiman que o 5% dos pacientes en atención primaria acoden á consulta con queixas recorrentes como cefaleas inespecíficas, dores de costas, dor rectal, dor durante a micción, síntomas da esfera sexual (dispaurenia ou impotencia sexual) ou síntomas pseudoneurolóxicos (visión borrosa, vertixes ou mareos, afonía, dificultades para tragar), amais dunha maior morbilidade asociada. En concreto, maior probabilidade de presentar algunhas enfermidades como hipertensión arterial, obesidade, dislipemia, cardiopatía isquémica e neoplasias malignas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto