Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha familia contratou un voo de ida e volta Bilbao-Lanzarote-Bilbao e no aeroporto indicóuselles que se querían facturar a táboa de surf debían aboar un prezo suplementario. Pagaron e despois demandaron á compañía aérea reclamando 242 euros polos gastos aos que tiveron que facer fronte e mais pola nulidade da condición xeral que permitía esixir exceso de prezo por este tipo de transporte. A compañía opúxose e alegou que non podía prosperar a petición de nulidade da cláusula porque non era tal, senón unha simple norma interna da compañía. O Xulgado Mercantil nº 1 de Bilbao afirmou, en sentenza do 22 de xaneiro do 2007, que a Lei de navegación aérea permite que en casos de exceso de peso e de volume, como acontece coa táboa de surf, tal exceso sexa obxecto de estipulación especial. Por iso, pódense fixar cales son eses límites e se se superan, esixirse un prezo maior polo transporte. Pero neste caso non figuraba ningunha constancia nas condicións xerais e o consumidor descoñecía que debía pagar un suplemento. En consecuencia, admitiu a demanda, condenou a compañía a devolver a cantidade e desestimou a nulidade da condición xeral.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI