Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía

Λ

Conflitos de parella: Negociar coa parella

Aprender a negociar e a compartir as diferenzas coa parella axuda a evitar futuros conflitos

 Segundo o Instituto Nacional de Estatística, durante o ano 2006 en España constituíronse 211.818 matrimonios e disolvéronse 145.919, case a metade de modo contencioso. Malia que estes números só reflicten de xeito parcial a realidade (non inclúen as parellas de feito, as parellas en crise que non se separan ou as parellas que o son sen papeis nin rexistros), a proporción dos fracasos é enorme.

Se a estes datos se engade a cantidade de parellas que manteñen unha relación caracterizada por dolorosas e habituais pelexas, que buscan fóra da relación satisfaccións que esperaban atopar dentro e que fan terapia de parella buscando unha última oportunidade, a porcentaxe elévase ata o absurdo, xa que absurdo parece que o modelo escollido polo ser humano para pervivir e manter a especie -é dicir, a familia- teña que ser tan insatisfactorio para tantas persoas. É que o modelo actual de familia non responde ás expectativas dos homes e mulleres españois ou é que non nos ensinaron a convivir en harmonía e de maneira satisfactoria?

Problemas maritais

A gran maioría dos humanos nacemos e medramos nun contexto familiar e social que constitúe o marco de referencia das aprendizaxes, dos valores e das crenzas que logo, xa adultos, nos axudarán a tomar decisións e a conducirnos pola vida.

Durante a adolescencia, centrados no desenvolvemento das relacións afectivas, aparecen as primeiras experiencias de namoramento, ese forte sentimento de atracción por outra persoa á que case non coñecemos. A natural intolerancia ante o non saber levaranos a ir conformando unha imaxe do outro baseada máis en detalles e desexos ca nunha racional análise do que si sabemos ou nun esforzo por buscar datos contrastables. Coa sa intención de reducir a incómoda incerteza de sentirse atraído por un descoñecido, o ser humano non se decata de que está a soñar esperto, de que está a idealizar, de que está a construír un personaxe máis baseado nos seus desexos ca na realidade dos feitos.

Se o proxecto funciona, a parella iniciará un período de noivado: por unha banda, un agradable proceso de gratificacións compartidas e negociadas (saír a cear, bailar, coñecer os amigos, ter relacións sexuais...), aderezado coa euforia da novidade; pola outra, como se mantén a independencia e a privacidade por vivir en espazos separados, evitaranse os conflitos de convivencia, un maior coñecemento do outro e a toma de decisións cruciais na vida de ambos os dous. Non é de estrañar que, embriagados por este euforizante cóctel de emocións agradables, sigamos usando a fantasía para construír, sobre unha imaxe previamente idealizada e nun marco de coñecemento selectivo moi satisfactorio, un proxecto de futuro compartido.

Comezan os problemas

O seguinte paso, tal e como marcan os canons da nosa sociedade, é evidente: iniciar un período de convivencia. E aquí poden comezar os problemas, os sentimentos de desengano cando se comproba que a persoa coa que se convive non é a mesma coa que se saía (ese outro tan idealizado), cando aparece a monotonía coas rutinas e obrigas do día a día, cando fan acto de presenza as primeiras dificultades económicas, os costumes e as manías da parella. E ao sentimento incipiente de insatisfacción úneselle a desmitificación do outro, as primeiras crises e a sensación de equivocación, de engano.

A maioría autoengánase cun "xa o irei cambiando", outros optan polo rompe e racha e disolven a relación (o 8% dos divorcios no 2006 fórono de parellas con menos de 2 anos de convivencia) e outros acoden na procura de axuda.

"Pero quen me vai ensinar a min a vivir coa miña parella?", din moitos ante o temor de lle amosar a un descoñecido a súa vida íntima. E o certo é que todo, tamén a convivencia en parella, precisa dunha aprendizaxe.

A busca da felicidade

 Se cremos que a raíz da nosa insatisfacción radica na actitude ou no comportamento do noso cónxuxe, usaremos estratexias coercitivas (como as ameazas sutís ou claras) para que cambie. Ante esta situación hai dúas opcións malas: ou o sometemento ao outro ou a devolución da agresión e o inicio dunha espiral de conflitos. Pero hai outra alternativa: asumir a parte de responsabilidade que un ten e buscar a complicidade e colaboración da parella na procura dun maior nivel de satisfacción. De ambos os dous.

Se ao longo das nosas vidas hai un factor constante, ese está relacionado co cambio continuo: imos medrando e van cambiando as nosas necesidades, como tamén as da nosa parella e as dos nosos fillos; evoluciona tamén o noso contorno e as súas esixencias; aparecen problemas e dificultades, e o que onte estaba ben, hoxe é insuficiente. Por iso é necesario un esforzo constante de adaptación a unha realidade cambiante. No contexto da nosa relación de parella, o inicio da convivencia non se debe confundir coa chegada á meta, senón coa liña de saída dunha carreira de obstáculos, onde a mellor habilidade é a comunicación e a mellor estratexia a cooperación.

Pero iso non é doado. Cos anos, fomos desenvolvendo un estilo peculiar pero eficaz na solución de problemas: sabemos o que queremos e o que temos que facer para conseguilo. O erro está en esquecer que somos dous, que se non temos en conta as necesidades da parella e o seu xeito de resolver problemas vainos pasar o que xa vaticinou Oscar Wilde: "coa mellor das intencións cáusanse os peores desastres".

Inmersos no doloroso sentimento da insatisfacción, atendendo aos numerosos erros que comete nosa parella, dende a conciencia de que somos as vítimas e que é o cónxuxe o que debe cambiar, adóitase pasar por alto unha das leis fundamentais nas relacións humanas: para recibir, primeiro hai que dar.

Se iso é o que facemos habitualmente cos nosos amigos, por que nos negamos a facelo coa nosa parella cando as cousas van mal? Cando somos capaces de expresar o noso afecto e de facerlle sentir ao cónxuxe que nos importa, estamos a crear as mellores condicións para que escoite as nosas queixas e a nosa dor, e para que nos axude a ser máis felices.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto