Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Son os gramos de carne que se consideran como unha porción saudable de alimento. Os organismos de nutrición e de saúde oficiais recomendan consumir carne respectando a devandita cantidade, entre 3 e 4 veces por semana, e alternar este alimento ao longo da semana con outros alimentos proteicos como peixes e ovos.
Logo de dous anos de investigación déronse a coñecer os primeiros resultados do Proxecto EARNEST (The Early Nutrition Programming Project), unha iniciativa europea que persegue coñecer os efectos da nutrición infantil sobre o crecemento e a saúde do neno nas súas distintas etapas. A investigación estase a efectuar mediante ensaios clínicos e intervencións nutricionais e abrangue dende o embarazo e a lactación aos primeiros anos de vida. Os primeiros resultados do Programa de Obesidade Infantil, incluído en EARNEST, reafirman a hipótese de que a inxestión de proteína por riba das necesidades metabólicas (especialmente dos aminoácidos de cadea ramificada, leucina, isoleucina e valina, abundantes nos lácteos e nas carnes) nos primeiros anos de vida se asocia a un maior risco de obesidade. Nas análises bioquímicas observouse que unha maior achega de proteína produce unha maior secreción de dúas hormonas, a insulina e o factor de crecemento (IGF 1). Isto incide nun maior crecemento durante os dous primeiros anos de vida. Ademais, a IGF 1 estimula o aumento en número dos adipocitos (células graxas) e este cambio fisiolóxico nos dous primeiros anos asóciase con obesidade infantil ou en idades máis tardías.
Por outra banda, o Grupo PeriLip (Lípidos e nutrición perinatal) comprobou que as mulleres que incluían na súa dieta DHA (ácido docosohexanoico), un ácido graxo omega 3, tiñan embarazos máis sans, os nenos nacían cun peso máis saudable e rexistrábanse menos partos prematuros. De acordo a estes resultados positivos, formulan a recomendación de que as mulleres embarazadas tomen un suplemento diario de 200 miligramos de DHA.
Os resultados das intervencións servirán para formular políticas de actuación, campañas informativas, así como para elaborar guías e recomendacións referentes á composición de alimentos infantís ou para mellorar as fórmulas infantís xa existentes.
Máis información: EARNEST (The early nutrition programming project) www.metabolic-programming.org
É un composto tóxico que conteñen as plantas da familia das Solanáceas, como a pataca. Neste tubérculo, a solanina acumúlase nas zonas verdes e xerminadas. A calor destrúe este glicoalcaloide tóxico, polo que se deben comer as patacas cociñadas, algo habitual na nosa cultura culinaria. Non obstante, o risco de intoxicación é mínimo dado o extremo sabor amargo que caracteriza á solanina.Moitos alimentos doces incorporan na súa etiqueta a mensaxe "contén unha fonte de fenilalanina". Que significado ten?
Gomas de mascar, caramelos, refrescos, zumes, iogures e outros tantos alimentos doces ou edulcorados conteñen como edulcorante o aspartamo. A fenilalanina forma parte da composición química deste aditivo. O consumo de fenilalanina non se recomenda a persoas con fenilcetonuria, unha enfermidade conxénita debida á ausencia ou inactividade do encima chamado fenilalanina hidroxilasa. Ante esta deficiencia, a fenilalanina non se descompón e o composto tóxico acumúlase no sangue e nos tecidos do organismo, afectando gravemente ao sistema nervioso central, especialmente durante a infancia.
As mulleres embarazadas deben controlar os alimentos que leven este composto. Os niveis elevados de fenilalanina no sangue materno durante o embarazo son nocivos para o feto. A mensaxe indícase na etiqueta dos alimentos que levan aspartamo para que as persoas afectadas o poidan ter en conta.
Teño un neno moi larpeiro ao que lle encantan os doces. Aínda que está delgado porque é moi activo, querería saber canta cantidade de azucre ou de alimentos doces podería tomar cada día para que o exceso non lle cause sobrepeso.
Nunha dieta de 1.800 calorías recomendada para nenos e nenas de 5 a 10 anos, aconséllase que a achega de azucre se sitúe entre o 10% e o 18%, o que supón un consumo máximo de 340 calorías con respecto do total do valor enerxético e unha cantidade aproximada de 85 gramos diarios de azucres. Un sobre de azucre equivale a 10 gramos de azucres; unha porción de cacao en po contén o equivalente a 1-2 sobres de azucre; e unha manchea de lambetadas (30-40 g por exemplo) é puro azucre. A isto hai que sumar outros alimentos doces que o neno é probable que coma habitualmente como iogures, froitas, zumes, galletas ou cereais.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI