Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Alimentos que fan de medicamentos

Os coñecementos da relación entre nutrición e xenes abren a porta a alimentos cunha composición química adaptada ás particularidades xenéticas de cada individuo

 Nutracéutico, alicamento ou funcional. Estas son as distintas denominacións para referirse a un mesmo concepto. Son termos acuñados para designar a un grupo de alimentos ou a algúns dos seus compoñentes cunhas propiedades e cuns efectos sobre o organismo ata agora referidos case exclusivamente aos medicamentos. Véndense nos mercados, pero hai quen defende que o seu lugar é a farmacia. Son, entre outros, os alimentos que axudan a reducir o colesterol, aqueles enriquecidos en antioxidantes que preveñen trastornos dexenerativos ou aqueles aos que lles engaden calcio que fortalece os ósos, reducindo así o risco de descalcificación ósea. A diferenza principal cos medicamentos é que non teñen, en teoría, efectos secundarios e que non levan prospecto. Pero si necesitan acompañarse dun manual de uso que indique a cantidade que se debe consumir para que resulte real o efecto saudable ao que aluden.

O certo é que non todos os alimentos que incorporan un "valor engadido" producen os beneficios que promulgan. Depende do tipo de ingrediente agregado, da súa forma química, de como responden á absorción e ao metabolismo no organismo, e mais dos outros nutrientes que forman parte da composición natural do alimento (poden favorecer a súa absorción ou anulala). Isto sábeo a industria. O consumidor, non.

Nin sequera expertos en nutrición e científicos se poñen de acordo cos termos utilizados para denominar a estes alimentos, e tampouco se conta cunha definición aceptada sen matices. Admítense baixo o paraugas de "alimento funcional" os alimentos que conteñen certos compoñentes engadidos (chamados nutracéuticos) -ácido fólico, omega 3, isoflavonas, calcio, fibra...- que ao seren inxeridos nunha cantidade determinada reportan un beneficio para o organismo que vai máis alá do tradicional valor nutritivo propio do alimento.

Estes produtos adoitan comercializarse acompañados de mensaxes que incitan á súa compra, tales como "con (...)", "(...) engadido", "enriquecido con (...)". As máis das veces o consumidor non repara no feito de se precisa consumir ese alimento porque nin sequera coñece as súas calidades nutritivas. Pero a súa preocupación por unha alimentación e unha vida sa, e a boa percepción que ten das mensaxes que acompañan aos produtos, xunto coa publicidade abafadora que recibe acotío, aléntano a mercalos e a consumilos.

Segundo o Observatorio do consumo e a distribución alimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, cando aparecen novos produtos no mercado, a metade dos consumidores recoñece que, se ben nun principio non os adquire, co tempo acábaos probando. Un 17% manifesta probalos así que aparecen no establecemento. Os maiores consumidores son homes e mulleres de entre 30 e 40 anos e de poder adquisitivo notable.

Aínda que a maioría destes alimentos ofrecen garantías para o consumidor, mantense certa desconfianza derivada do descoñecemento sobre os ingredientes e os efectos directos que prometen.

Non todos son efectivos

 Os alimentos funcionais, pola súa natureza, colaboran na prevención e no tratamento de enfermidades, como, por exemplo, os que axudan a reducir os niveis de colesterol. Serven para dar apoio nutricional e, sen necesidade de recorrer aos fármacos, diminúen os factores de risco de certas enfermidades. A diferenza é que no caso do alimento funcional, o beneficio, na maioría dos casos, é pequeno e a longo prazo, se se compara cun medicamento, que actúa de xeito eficaz a curto prazo.

Para quen non ten clara a diferenza, o consumo destes alimentos pode resultar decepcionante. É o caso dos que centran toda a súa confianza neles para melloraren a súa enfermidade ou o seu malestar. A persoa mesmo atrasa a visita médica ou o tratamento que podería ser crucial de se comezar a tempo. Recorre aos alimentos enriquecidos porque entende que teñen máis cantidade do que precisa pola súa situación particular.

Pero non todos os efectos saudables aludidos nos distintos alimentos son bos de medir. Por exemplo, é doado comprobar se o alimento que serve para baixar o colesterol o consegue. Abonda cunha análise de sangue antes e despois do seu consumo. Pero non é sinxelo medir o efecto sobre a masa ósea dos leites enriquecidos en calcio, por exemplo. É máis, estes últimos alimentos non teñen o efecto agardado cando quen os toma é unha persoa con osteoporose ou con descalcificación ósea, polo xeral mulleres. Nada pode facer nesta circunstancia o alimento enriquecido para emendar o mal. Pero si podería frearse o trastorno con doses maiores de calcio e vitamina D, ambos os dous receitados polo médico e de venda en farmacias.

Innovación en alimentos funcionais

As posicións científicas e tecnolóxicas máis innovadoras sobre o uso dos alimentos funcionais van máis alá de defender o posible beneficio para a saúde. Co desciframento do xenoma humano e cos novos coñecementos da relación entre nutrición e xenes, vaise ir coñecendo que individuos están predispostos a determinadas enfermidades e cales son os seus requisitos nutricionais concretos. Preténdense deseñar por medio da aplicación da biotecnoloxía ao sector agroalimentario novos produtos e ingredientes. O obxectivo é obter alimentos cunha composición química que responda ás particularidades xenéticas do individuo enfermo, ou potencialmente enfermo, co fin de garantir o efecto que anuncia.

Ata o momento, aos chamados alimentos funcionais non se lles esixiron tantos controis sanitarios sobre os seus efectos fisiolóxicos coma aos medicamentos. Na etiquetaxe actual de diversos alimentos aparecen unha serie de declaracións (mensaxes, representacións pictóricas, gráficas e simbólicas) relativas a substancias que dan a entender que o alimento contén unhas características específicas, pero que non demostraron ser beneficiosas ou sobre as que non hai polo de agora un consenso científico abondo.

A nova normativa europea, aprobada en xullo do 2007, pretende evitar esta confusión. Para iso, disporá un listado de declaracións nutricionais e de propiedades saudables consensuadas que os fabricantes deberán adaptar ás súas mensaxes como máximo para xaneiro do 2010.

Ingredientes engadidos

 O fabricante debería anunciar o compoñente que lle engade a un alimento, as súas formas químicas asimilables polo organismo e a cantidade suficiente para que o consumo dunha porción normal teña o efecto esperado. Pola súa banda, o consumidor debería saber cal é o compoñente engadido, que efecto ten sobre o seu organismo, e que cantidade de alimento debe tomar para que lle produza o efecto nutricional ou fisiolóxico declarado.

TáBOA COMPARATIVA

Calcio Efecto perseguido Como debe ser achega extra para que sexa efectivo
Reforzar a mineralización de ósos e dentes. O noso organismo é máis eficiente absorbendo calcio orgánico (quelato de calcio, acetato de calcio) que calcio inorgánico (fosfato cálcico, carbonato de calcio). Estes últimos permiten unha maior concentración de calcio no produto final, pero a súa absorción é peor. Dentro dos orgánicos tamén se observan diferenzas de asimilación (60% para o quelato de calcio fronte ao 32% do acetato de calcio).
Alimentos aos que se engade
Leite, zumes, galletas...
Ferro Efecto perseguido Dentro dos ácidos graxos omega 3 están o EPA (ácido eicosapentanoico) e o DHA (ácido docosahexanoico), abundantes no peixe azul. Tamén o ácido graxo alfa linolénico, que é precursor no organismo dos EPA e DHA e que unha vez absorbido se transforma nos devanditos compostos. Estímase que só un 5% do ácido alfa linolénico que se inxire se transforma en EPA e DHA. Polo tanto, o efecto non será o esperado se os alimentos se enriquecen neste composto. Os expertos recomendan unha inxestión de 650 mg de EPA e DHA ao día no adulto san. Esta cantidade cóbrese se se consumen uns 150 gramos de peixe azul de 2 a 3 veces por semana.
Reforzar a achega de ferro en situacións vitais de maior requirimento: infancia, adolescencia, embarazo
Alimentos aos que se engade
Cereais de almorzo, galletas, bebidas...
Omega 3 Efecto perseguido Dentro los ácidos grasos omega 3, están el EPA (ácido eicosapentanoico) y el DHA (ácido docosahexanoico), abundantes en el pescado azul. También el ácido graso alfa linolénico, que es precursor en el organismo de los EPA y DHA, y que una vez absorbido se transforma en dichos compuestos. Se estima que sólo un 5% del ácido alfa linolénico que se ingiere se transforma en EPA y DHA. Por tanto, el efecto no será el esperado si los alimentos se enriquecen en este compuesto.Los expertos recomiendan una ingesta de 650 mg de EPA y DHA al día en el adulto sano. Dicha cantidad se cubre si se consumen unos 150 gramos de pescado azul de 2 a 3 veces por semana.
Reducen o risco cardiovascular (aumentan o colesterol bo ou HDL-c, reducen o malo ou LDL-c e os triglicéridos en sangue). Reducen os síntomas de enfermidades inflamatorias (artrite, reuma...) e da pel. Interveñen no desenvolvemento nervioso e a visión do bebé durante o embarazo.
Alimentos aos que se engade
Leite, galletas, ovos, margarinas.
Fitoesterois (estanois e esterois) Efecto perseguido Os fitoesterois son substancias vexetais similares ao colesterol humano. Os avances científicos e tecnolóxicos conseguiron modificar a estrutura natural dos estanois e esterois vexetais para formaren o que se chama "ésteres de estanois e esterois vexetais" co mesmo efecto hipocolesterolemiante. Demostrouse que consumir de 1 a 3 gramos ao día de esterois e estanois constitúe un factor protector cardiovascular.
Interfiren na absorción intestinal do colesterol dos alimentos e do endóxeno (o que produce o fígado).
Alimentos aos que se engade
Margarina, leite, galletas...
Proteína de soia Efecto perseguido En 1999 a FDA (Food and Drug Administration) dos EE.UU autorizou o seguinte consello de saúde nas etiquetas dos alimentos que cumprían os requisitos: "25 gramos de proteína de soia ao día, dentro dun plan de alimentación baixo en graxas saturadas e colesterol, poden reducir o risco de enfermidade coronaria". En España, nos produtos aos que se engade, a cantidade é moi pequena e emprégase con fins máis tecnolóxicos (mellorar a textura, aumentar o volume, reter a emulsión de graxa e auga...) ca nutricionais.
Proteínas con niveis baixos de aminoácidos xofrados, como a de soia, reducen a síntese de colesterol e diminúen a colesterolemia.
Alimentos aos que se engade
Como aditivo en produtos elaborados; derivados cárnicos principalmente (carnicería, patés, salchichas...) e de peixe (surimi).

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto