Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
O 80% dos coidadores de anciáns traballan sen contrato e contan cunha formación deficiente
"Onde mellor se está é na casa". Este é o lema que comparten moitas persoas maiores e que tratan de facer posible os servizos de axuda a domicilio e de teleasistencia. Os expertos coinciden en que o ingreso do ancián nunha residencia pode comportar un importante desarraigamento emocional, polo que é conveniente atrasar ou evitar ese abandono do fogar mentres sexa posible. Os nosos vellos queren avellentar no seu fogar, a carón dos seus e arrodeados das súas pertenzas.
O coidador principal das persoas maiores foi tradicionalmente un membro da familia, sobre todo a muller. Agora, coa súa incorporación ao mundo laboral, o día a día cambiou, o que orixina que moitas persoas maiores estean soas no seu propio domicilio durante unha boa parte do día ou que vivan en total soidade, para preocupación propia e dos seus familiares. Esta atención e preocupación polo benestar dos maiores representa para a familia a planificación e mobilización dunha cantidade salientable de recursos humanos, afectivos, materiais, sociais e económicos.
Estímase que en España hai 1.700.000 maiores dependentes: case un millón deles precisa axuda polo menos unha vez á semana, uns 500.000 unha axuda diaria e uns 200.000 necesitan axuda un mínimo de tres horas diarias. Segundo o estudo "Onde e como prefiren vivir os maiores", realizado polo Instituto Idade e Vida, o 78% dos maiores de 55 anos preferiría recibir servizos de atención domiciliaria na súa vivenda habitual en caso dunha hipotética dependencia. Neste sentido, os servizos a domicilio intentan axudar á persoa que perdeu autonomía, tanto dende o punto de vista sanitario como de substitución das necesidades ou capacidades perdidas. Os servizos prestados, amais de amplos (axuda para a hixiene persoal, mobilidade ou alimentación, limpeza da casa, preparación da comida, asistencia para realizar xestións fóra do fogar, compañía, etc.), son moi variados: dende un par de horas á semana ata un servizo 24 horas ao día, sete días á semana, coa conseguinte variación en prezo. Así e todo, o seu principal valor reside no apoio persoal, psicolóxico e sociosanitario que prestan.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI