Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Cesáreas, cando son necesarias?

O parto por cesárea estase a converter nun recurso habitual, pero, aínda que adoita aludirse a motivos de seguridade para a saúde da nai ou do bebé, en dous de cada cinco casos as razóns non están ben definidas

 A vivencia do parto é moi persoal. Mentres que para unhas mulleres o parto vaxinal é unha experiencia humana profunda, intensa, chea de emocións, que fortalece a unión nai-fillo, para outras pode representar dor, sufrimento e temor. Por iso, algúns sectores médicos manteñen que a cesárea é, amais de máis segura ca o parto vaxinal, máis vantaxosa: garante unha maior seguridade para o bebé, menor traumatismo do piso pélvico da nai e ausencia de dor e sufrimento durante o proceso do parto. Aínda que non negan as súas desvantaxes: maior risco de morbimortalidade materna, problemas en embarazos posteriores (rotura de cicatrices uterinas, maior risco de morbilidade neonatal) e secuelas psicolóxicas adversas.

Con independencia do motivo, o certo é que o número de cesáreas que se practican nos países desenvolvidos segue a medrar, malia que non hai evidencias científicas que apoien o seu uso en todos os casos.

O número de cesáreas non debe exceder o 15% dos partos

Hoxe por hoxe, os partos por cesárea supoñen, de media, unha taxa do 29% do total nos países desenvolvidos. Pero hai trinta anos supoñían só o 6% do total. No sector público a cifra rolda o 25%, mentres que no sector privado, onde se asiste a terceira parte dos nacementos, a taxa é moi superior: o 44%. Os estudos de tendencia parecen confirmar que este incremento se vai manter de xeito sostido. Ante o peso das cifras, os expertos da Organización Mundial da Saúde recomendan que as cesáreas non excedan o 15% dos partos.

Causas da maior demanda

Suxeriuse como causa a maior demanda por parte das embarazadas, aínda que enquisas realizadas entre obstetras evidencian que a maioría dos especialistas se amosan remisos a practicalas en función das peticións de mulleres embarazadas. O que si pode ter certo peso é que, na actualidade, estes profesionais desenvolven a súa actividade nun contexto que promove as prácticas defensivas. Ante o risco de problemas asociados ao parto, e a unha posible reclamación por mala praxe ou neglixencia, optan pola vía máis segura para a nai e para o neno.

Unha segunda explicación ao incremento dos partos por cesárea é a idade da nai, xa que a tendencia actual é atrasar o momento do nacemento do fillo. Outros aspectos que poden influír en que se opte por este tipo de partos son os problemas derivados de sobrepeso, hipertensión e diabete. Ademais, máis da metade das mulleres que tiveron o primeiro fillo por cesárea 'reinciden' no segundo e ata no terceiro. Finalmente, tamén se aduce como causa o incremento de embarazos múltiples debido á fertilización 'in vitro'.

Outra variable que cómpre ter en conta é a económica. Algunhas entidades de seguros privados custean a totalidade do parto cando é por cesárea, por ser cirurxía maior, e non aboan nada polo parto por vía vaxinal, o que podería animar a algunhas nais a solicitar cesárea para poder dar luz en clínica privada sen custo para elas. Unha revisión realizada en EE.UU. sobre 10 millóns de partos revela que os factores de risco materno-fetais explican só un 22,7% das cesáreas, pero figuran un 40% no epígrafe 'outras causas', para os que non constan motivos nada claros.

Cirurxía maior

A cesárea é un parto a través do abdome mediante unha incisión na parede abdominal e outra no útero; é unha intervención de cirurxía maior e, polo tanto, non exenta de riscos. Ademais, está plenamente xustificada en determinadas circunstancias e, en ocasións, xa se planifica durante o embarazo cando se diagnostica placenta previa, cesárea no parto anterior, ameaza para a vida do neno, enfermidade da nai (insuficiencia cardíaca, hipertensión severa ou diabete, entre outras), infección por virus herpes nos xenitais femininos ou unha desproporción pélvico-cefálica (neno moi grande ou con malformacións ou pelve materna estreita) que fai imposible o parto vaxinal. Noutras ocasións, a indicación de cesárea faise durante o mesmo transcurso do parto debido ao sufrimento fetal, a unha mala colocación do bebé, cando non progresa a dilatación, desprendemento extenso de placenta, hemorraxia vaxinal severa, prolapso de cordón umbilical ou sospeita de rotura do útero, entre outras.

Aínda que se trata dunha cirurxía maior, os riscos son mínimos e a cesárea considérase unha intervención moi segura tanto para a nai coma para o neno. As cifras dispoñibles indican que o risco de mortalidade, de 0,04 por mil no parto vaxinal, se multiplica por tres ante un parto por cesárea. Se ben as cifras son ínfimas, non deixa de comportar riscos asociados, como hemorraxia grave, infeccións, trombose pelviana ou de extremidades inferiores para a nai e complicacións derivadas do uso da anestesia para ambos os dous.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto