Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Outras informacións sobre Saúde: Síndrome do túnel carpiano / Comer peixe axuda a conservar a memoria / Fumar eleva o risco de padecer psoriasis / Entrevista: Josep Maria Farré, psiquiatra do Instituto Universitario Dexeus

En catro palabras:

Síndrome del túnel carpiano:
  O túnel carpiano é unha canle situada no pulso pola que pasan os tendóns flexores dos dedos e o nervio mediano. A síndrome prodúcese pola compresión deste nervio, e provoca sensación de inchazo nas mans, formigo e entumecemento. Afecta especialmente aos dedos polgar, índice, medio e parte do anular e os seus síntomas son máis frecuentes durante a noite ou ao espertar. Evitar posturas ou movementos forzados e ter adaptado o de traballo de maneira que favoreza a relaxación da man e do pulso son as mellores recomendacións para previr a súa aparición.

O que avisa non é traidor:

Comer peixe axuda a conservar a memoria dos maiores

Se esquece a miúdo onde gardou un importante documento ou, de xeito recorrente, descobre que deixou as chaves dentro de casa, debería comer máis peixe. Un estudo da Universidade de Oxford suxire que a inxestión de peixe axuda a reducir a frecuencia deses esquecementos, e que o efecto é maior canto máis peixe se consume. O equipo de científicos avaliou a capacidade cognitiva e a cantidade media diaria de peixe e mariscos que consumían 2.031 homes e mulleres de 70 a 74 anos de Noruega occidental. Como resultado concluíuse que tomar ata 80 gramos diarios de peixe graxo ou magro favorece, amais da memoria, a comprensión visual, mellora as habilidades motoras espaciais, a atención, orientación e fluidez verbal.

Novas

Fumar eleva o risco de padecer psoríase

Aos xa coñecidos efectos que ten o tabaco sobre a saúde súmase un novo: o risco de padecer psoríase. Unha enfermidade cutánea crónica e inflamatoria que, nos máis dos casos, forma parches de pel avermellada con escamas prateadas e brancas. Un estudo realizado pola Escola de Medicina de Harvard e publicado no American Journal of Medicine asegura que os fumadores tenden a sufrir alteracións nalgunhas células inmunes, e a psoríase ten a súa orixe, precisamente, nunha reacción anormal do sistema inmunitario que acelera o recambio da pel. Fumar induce, ademais, á inflamación. As investigacións suxiren tamén que a nicotina e outras substancias químicas potencialmente tóxicas que están presentes no fume dos cigarros -óxido nítrico, o peroxinitrito e os radicais libres de compostos orgánicos- activan unha resposta excesivamente agresiva do sistema inmune. Segundo o estudo, o rego diminúe de xeito gradual pouco tempo despois de deixar o tabaco.

ENTREVISTA

 Josep Maria Farré, psiquiatra do Instituto Universitario Dexeus

"Na adicción patolóxica ao sexo hai que reforzar o autocontrol"

A sexualidade nace con Freud?

Grazas a Freud sabemos que a sexualidade é clave no comportamento. Pero tamén sabemos que, fisioloxicamente, é posible sobrevivir sen impulsos sexuais.

O problema talvez sexa definir que é normal e que non cando se fala de sexo.

É probable que o único malo sexa mancar a alguén ou mancarse a un mesmo, e iso ten máis que ver co control dos impulsos que coa súa intensidade. Para un psiquiatra, a fronteira entre o que é un trastorno e o que non é moi difusa. Mesmo para o voyeurismo, o fetichismo ou o exhibicionismo, pouco aceptados socialmente.

Visto así, a adicción ao sexo talvez non sexa unha enfermidade.

Moitos poden pensar que é unha sorte, máis ca un problema de saúde. Outra cousa é cando nos referimos a persoas que ven perigar a súa estabilidade emocional, as relacións familiares e sociais, o traballo ou os medios económicos por causa dun impulso imposible de frear.

Como se identifica?

En liñas xerais trátase de individuos impulsivos e inseguros, con certo 'baleiro existencial'. Teñen necesidade de practicar sexo de maneira repetitiva a través de breves encontros con persoas anónimas.

Hai tratamento?

Dispomos de fármacos capaces de compensar a diminución nos niveis cerebrais de beta-endorfinas e serotonina; pero o que interesa é reforzar o control. A psicoterapia de grupo brinda moi bos resultados; permite reestruturar as súas vidas e adquirir técnicas de habilidade social e de solución de problemas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto