Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Varias persoas, propietarias dunhas vivendas e un terreo situado nas proximidades dun viaduto, demandaron a unha empresa siderúrxica á que o viaduto servía para o transporte de materiais por ferrocarril entre dúas das súas factorías. Alegando responsabilidade extracontractual, reclamaron unha indemnización pola depreciación do valor das súas propiedades debido á construción do viaduto e polo ruído e o dano moral ocasionado polas obras. O Tribunal Supremo, en sentenza do 31 de maio do 2007, considerou que si había responsabilidade por parte da empresa. Alegou que o nivel de ruído alcanzado pola circulación diúrna e nocturna de trens e o risco de desprendemento de partículas dos materiais transportados afectaban ao valor dos terreos ou ás expectativas de alugalas. Por iso obrigou á empresa a pagar unha indemnización de 12.202 euros por depreciación e 9.015 euros por dano moral.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI