Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un veciño négase a pagar as cotas da comunidade ata que non arranxen o tellado

Hai un ano que non pago as cotas da miña comunidade debido a que non arranxan o tellado, malia a que hai ben pouco que sufrimos unha inundación por mor das chuvias. Pero non quero ter problemas. Que pasos teño que dar para solucionar esta situación?

 É obriga de todos os propietarios aboar os gastos xerais, do mesmo modo que a comunidade debe realizar as obras necesarias para o axeitado sostemento e conservación do inmoble co fin de que reúna as debidas condicións de estanquidade, habitabilidade e seguridade. En situacións de non pagamento, a Xunta de propietarios, seguindo os pasos pertinentes, pode privar do dereito de voto ao membro moroso, salvo que este impugnase ou consignase xudicialmente a débeda. Tamén é posible depositar ante notario a suma total que se debe. Pero o máis conveniente para a persoa afectada, dado que non discute a procedencia da débeda nin o seu importe, é que se poña ao día no pagamento e que lle esixa á comunidade a realización das obras necesarias. Para iso debe seguir os seguintes pasos: solicitude por carta certificada ou burofax ao administrador e presidente a inclusión na orde do día da vindeira xunta do asunto da reparación do tellado. Se o considera urxente, o afectado pode reclamar a convocatoria dunha Xunta Extraordinaria co argumento da necesidade de reparar o tellado. Se non se atende a solicitude, pode solicitar a colaboración doutros propietarios e, dado que a lei autoriza a convocatoria de Xunta a un número de propietarios que representen polo menos o 25% das cotas de participación, poden instar o presidente a convocar xunta ou convocala eles mesmos.

É aconsellable incluír na orde do día a contratación dun técnico, aparellador ou arquitecto, para que emita un informe sobre a necesidade ou non da obra. Tamén pode acudir a un avogado ou a asociacións de propietarios de vivenda que puidese haber na súa provincia para que intenten mediar coa comunidade ou, en última instancia, demandar á comunidade de propietarios para que o xuíz declare, no seu caso, a necesidade da obra e condene a comunidade á súa realización.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto