Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Como recoñecer e combater a fatiga ao volante

A fatiga aumenta o tempo de reacción e diminúe a capacidade para procesar información e calcular distancias e velocidades

A fatiga xerada pola falta de descanso e de sono, os atascos, a calor excesiva ou a deshidratación, entre outros factores, están detrás do 30% dos accidentes de tráfico, por riba doutras causas como o estado das estradas ou as condicións meteorolóxicas adversas. O principal problema da fatiga é que é un inimigo silandeiro. De feito, o 64% dos condutores non identifica os seus síntomas. 

Os desencadeantes da fatiga

  • A falta de sono
  • A ausencia de descanso durante os traxectos longos
  • As comidas copiosas e pesadas
  • A deshidratación
  • O consumo de alcohol
  • A roupa inadecuada
  • A excesiva calor e luz das horas centrais do día

A fatiga fixo acto de presenza se...

  • Sente necesidade de moverse e de cambiar de postura constantemente mentres conduce.
  • Ten sensación de brazos e pés durmidos
  • Non para de tocar a cara ou o pescozo
  • Nota malestar e cansazo xeral
  • Ten tensión no colo
  • Pícanlle os ollos, e pestanexa de forma constante
  • Ten zunido de oídos
  • "Pésalle" a cabeza
  • Comeza a sentir somnolencia, bocexa e estírase con frecuencia
  • Equivócase ao cambiar as marchas
  • Cústalle concentrarse na estrada, e realiza manobras case inconscientes

Como evitar a súa aparición

  •  Antes de emprender unha viaxe longa, durma o suficiente. Non se poña ao volante despois dunha xornada de traballo sen descansar.
  • Cargue a equipaxe no coche a noite anterior á saída. Evitará arrancar pola mañá cun estrés suplementario porque non lle entran todos os vultos, porque se alonga a tarefa de carga e xa sae cun atraso que non previra.
  • Ao volante vista roupa cómoda e ancha. A roupa estreita e axustada impide a liberdade de movementos, pode dificultar a circulación do sangue e xera estrés no condutor.
  • Procure non viaxar nos momentos do día nos que o nivel de vixilancia é menor, é dicir, entre as dúas e as cinco da madrugada e entre a unha e as catro da tarde.
  • Evite as horas máis calorosas do día para viaxar, sobre todo se o seu vehículo non dispón de aire acondicionado.
  • Axuste ben o asento, o repousacabezas e o volante do seu vehículo.
  • Conduza á velocidade recomendada (canto maior é a velocidade, maior atención se require e antes aparece a fatiga).
  • Manteña a temperatura interior do coche entre 20 e 21 graos.
  • Se toma medicamentos comprobe se afectan á condución.
  • Non se engane, a música forte ou o aire fresco na cara só serven para maquillar temporalmente unha realidade.
  • Cada dúas horas, ou cada 150 ou 200 quilómetros, realice paradas de entre 10 e 15 minutos. As persoas maiores deben parar cada hora ou hora e media.
  • Se viaxa con nenos as paradas deberán ser máis numerosas ca nunha situación normal. Os máis pequenos non entenden e, se se aburren, están cansos ou non se atopan ben, dan a lata alterando os nervios do condutor.
  • Para que o descanso sexa efectivo, cando saia do coche dea un paseo, móvase e realice algún exercicio. Se ten síntomas de somnolencia, non o dubide, unha pequena sesta de entre 15 e 20 minutos é o mellor para restaurar os niveis de vixilancia.
  • Refresque a cara con auga fría.
  • Evite as comidas copiosas e pesadas.
  • Tan importante como non comer en exceso é evitar a hipoglicemia, é dicir, uns niveis moi baixos de azucre en sangue. Non obstante, tampouco abuse de produtos azucrados. Os glícidos -féculas e azucres- favorecen a somnolencia entre media e unha hora despois da súa inxestión.
  • Beba auga en abundancia para que a deshidratación non cause fatiga muscular e somnolencia.
  • Nunca probe o alcohol se vai conducir.
  • Teña á man algún caramelo ou goma de mascar para tomar cada certo tempo. Segundo un estudo do Grupo de Seguridade Viaria e Accidentes de Tráfico (GSVAT), tanto mastigar como saborear manteñen os niveis de atención do condutor e reducen o risco de quedar durmido ao volante.
  • Leve sempre lentes de sol. Úseas especialmente ás horas centrais do día para reducir a fatiga da vista.

Debe saber que...

  • Entre as 4 e 6 horas de condución, o tempo necesario para calcular as distancias e as velocidades aumenta nun 63%, o tempo de reacción aumenta un 86%, e redúcese a un 60% a atención selectiva e a capacidade de procesar información relevante para a condución.
  • A falta de hábitos como descansar cada dúas horas, facer estiramentos e tomar líquidos (sen alcohol) incrementa entre un 10% e un 14% o risco de sufrir un accidente.
  • Segundo un estudo do RACE, ao cabo de 17 horas esperto e en actividade, os reflexos diminúen tanto como se tivésemos 0,5 gramos de alcohol en sangue.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto