Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Estas suxestións e 15 receitas máis, 2 de cada legume, pódeas atopar na nova Guía Cereais, legumes e patacas de Consumer EROSKI.
A pataca responde mellor ao clima frío, por iso en distintas zonas de España se recollen nos meses invernais. Así e todo, hai que matizar que a tempada de pataca depende do momento da súa recolleita: pataca extratemperá (entre xaneiro e abril), temperá (de abril a xuño), semitemperá (de xuño a setembro), e tardía (entre outubro e xaneiro).
No momento de mercar patacas é importante escoller as de maior calidade: enteiras, sas, consistentes, sen puntos xerminados, nin zonas verdes nin deformacións esaxeradas.
En función da súa calidade distínguense os diferentes tipo de pataca:
Unha vez na casa, as patacas consérvanse en boas condicións durante 7-8 meses nunha despensa fresca e escura, a unha temperatura entre 8 ºC e 10 ºC. A medida que avellentan, ou se lles dá a luz, xorden na súa pel zonas verdes que conteñen substancias tóxicas como a solanina. Non convén gardalas no frigorífico, xa que o frío fai que se acumulen os azucres e que, polo tanto, adquiran un sabor doce.
Nunha dieta equilibrada pódense consumir patacas a cotío ou varias veces por semana. Aínda que se considerou como un alimento pobre en nutrientes e con demasiadas calorías, o que aumenta o seu valor enerxético é a maneira de cociñalas. Por exemplo, as patacas fritas triplican as calorías (250 Kcal/100 g) en comparación coa mesma porción de pataca fervida, asada ou ao vapor (80 Kcal).
O consello: Nalgunhas circunstancias cómpre modificar temporalmente a textura dos alimentos considerados duros. A falta de pezas dentarias, a colocación dunha nova dentadura, someterse a cirurxía máxilo-facial ou padecer trastornos neurodexenerativos, infeccións orais ou cancro oral, son algunhas delas. Sempre que sexa posible o menú debe incluír alimentos que sexan identificables. Unha dieta exclusivamente triturada pode ser contraproducente para o enfermo.
O amidón é o carbohidrato de reserva de cereais, legumes, tubérculos e hortalizas de raíz, como cenorias e remolachas. Está formado por unha longa cadea de moléculas de glicosa unidas entre si, formando cadeas lineais (amilosa) ou ramificadas (amilopectina). A proporción de cada unha delas é o que determina as características culinarias do alimento. Os cereais e derivados teñen maior proporción de amilopectina, o que explica que teñan maior capacidade de xelatinización e de espesar a temperaturas baixas (50-70º C). Esta particularidade química distingue os cereais dos legumes, que teñen o amidón máis abundante en amilosa.Somos nai e filla de 56 anos e 24 anos. Non estamos obesas, pero si temos certo sobrepeso. Aínda que non comemos grandes cantidades de hidratos ou graxas, parece que estamos "superalimentadas", aínda que sexa de alimentos saudables. Que cantidades aproximadas de alimentos cotiáns (leite, ovos, azucre, pan, aceite, carne, peixe...) están indicadas para as nosas idades?
As cantidades ou porcións e o tipo de alimentos que hai que consumir dependen das necesidades de cada persoa. Á súa vez, as necesidades determínanse en función da idade ou etapa da vida, o talle e a complexión (delgada, mediana, forte), o sexo ou o grao de actividade física. Ademais, na planificación dunha dieta equilibrada hai que ter en conta non só as cantidades, senón tamén a frecuencia de consumo diaria ou semanal recomendada.
Aínda que non é tarefa doada determinar cales son as cantidades que, a nivel xeral, se axustan máis ás necesidades individuais, pódense guiar polas porcións de consumo recomendadas para os distintos alimentos. A combinación de frecuencia de consumo, respectando a cantidade por porción, axudaralles a conseguir unha dieta máis axeitada. É igualmente importante non deixar pasar moitas horas sen probar alimento. Convén, polo tanto, planificar os almorzos, os xantares e as merendas para tomar algo cada 3 ou 4 horas.
En que momento é conveniente que os nenos pequenos comecen a tomar leite de vaca?
A Organización Mundial da Saúde advirte de que o leite de vaca non é un alimento axeitado para que o tome o neno antes do seu primeiro ano debido á súa composición. Contén maior cantidade de proteínas ca o leite materno ou ca as fórmulas lácteas infantís adaptadas, polo que pode supoñer unha carga de traballo excesiva para os riles aínda inmaturos do bebé. Ademais, as proteínas do leite de vaca, entre elas a caseína, a máis abundante, son máis alerxénicas, polo que introducilas antes na dieta pode inducir a provocar unha alerxia. En caso de antecedentes familiares de alerxias alimentarias, recoméndase atrasar máis alá do primeiro ano a toma deste alimento.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI