Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 200 gimnasios de 18 cidades de todo o país: A atención e o asesoramento ao cliente dos ximnasios seguen en baixa forma

Rexistrouse unha mellora relevante nos servizos e horarios ofertados. Suspenden a proba o 14% e un de cada tres establecementos logra unha cualificación de moi "ben" ou "excelente"

 

Un de cada cinco españois acode decote a algún dos 7.000 ximnasios censados no noso país, un negocio que factura 2.000 millóns de euros ao ano. Con todo, a constancia non é o trazo característico dos seus usuarios: a metade dos que empeza a ir a un ximnasio, moitos deles tras os excesos natalicios, deixa de acudir aos seis primeiros meses. Tampouco estas empresas, ou, polo menos, unha parte significativa delas, parecen esforzarse en exceso en fidelizar a súa clientela: a atención ao usuario e o asesoramento técnico, deportivo e médico ao usuario son as principais deficiencias que

CONSUMER EROSKI constatou na análise realizada en 200 centros de 18 capitais. Tamén as medidas de seguridade (extintores, saídas e luces de urxencia, entre outras medidas) son mellorables en moitos ximnasios.

Os técnicos desta revista, facéndose pasar por clientes interesados en inscribirse, visitaron 15 ximnasios en Madrid e Barcelona, 12 en Bilbao, Málaga, Sevilla, Valencia e Zaragoza, e 10 en Alacant, Córdoba, Murcia, Valladolid, A Coruña, Granada, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Vitoria e Logroño. Ademais das tarifas e dos horarios, tamén se analizaron aspectos relacionados cos servizos que ofrecen e co estado das instalacións (seguridade, limpeza, mantemento e equipamento), así como a atención e o asesoramento ao cliente, incluído se realizan exame médico ou velan polo seu estado físico.

Os ximnasios obteñen unha nota media final de "aceptable", un aprobado "raspado", e o 14% non logra superar a proba. No entanto, a proporción de suspensos reduciuse de forma considerable se se compara co 50% rexistrado no estudo semellante realizado por CONSUMER EROSKI en 2004. Outro síntoma evidente de mellora é que un 29% dos 200 locais deportivos sometidos ao estudo reciben un "excelente" ou un "moi ben". A pesar da evolución positiva, o coidado do usuario, un elemento clave para a prestación dun bo servizo, segue estando en baixa forma. De feito, suspende. Os establecementos peor parados neste aspecto sitúanse en Málaga, Oviedo e Zaragoza, que obteñen un rotundo "mal", e na Coruña, Alacant, Barcelona, Bilbao, Madrid e Vitoria, cun "regular".

Así e todo, os avances, en liñas xerais, son significativos. Os máis notables detectáronse nos servizos que ofrecen os establecementos (dun "aceptable" pasouse a un "moi ben"). Cada vez é máis amplo o abano de actividades, desde exercicios ao aire libre ou encontros sociais ata gabinetes estéticos, ao que lle hai que engadir o número crecente de ximnasios con zona de augas ou SPA. Tamén se rexistraron melloras nos horarios e nos diversos aspectos relacionados coas tarifas. En 2003 os ximnasios suspendían esta alínea cun "regular", mentres que na actualidade logran o "aceptable" grazas á maior oferta horaria. En canto ao estado das instalacións, a situación mantense igual ca no estudo anterior e repiten cun "ben".

Ao esforzo físico que se realiza nun ximnasio súmaselle o económico. A media do importe da matrícula (esíxena tres de cada catro centros visitados) é de 70 euros (90 euros se ten SPA ou zona de augas, 44 euros se non dispón destas instalacións), aínda que se constataron grandes diferenzas entre capitais (286 euros de media en Madrid fronte aos 26 euros de Valladolid ou os 25 de Córdoba e Granada). A cota mensual media rolda os 56 euros (66 euros con SPA, 48 se non conta con este servizo) e, de novo, as diferenzas entre as capitais, aínda que menos acusadas, son significativas.

Se unha vez analizada a calidade dos ximnasios se inclúe o factor relativo ás tarifas, os establecementos cunha boa relación calidade-prezo son os de Bilbao, Córdoba, Logroño e Madrid, así como os de Pamplona, Valencia e Vitoria. No resto das capitais a valoración é de "aceptable", agás en Oviedo, que suspende cun "regular".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto