Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

A inmigración é cousa de todos

O conxunto da sociedade tamén pode colaborar na diminución das dificultades que afrontan os que chegan doutros países na procura dun futuro mellor

  O peor xa pasou! Esta expresión, tan común entre os inmigrantes que chegan a España, pouco ten que ver coa realidade. As dificultades, lonxe de rematar, transfórmanse. Unha vez 'instalados', os principais problemas das persoas que acoden ao noso país na procura dun futuro mellor (superan xa os 3,7 millóns, o 8,4% da poboación) son catro: conseguir unha vivenda, un traballo, a obtención da tarxeta sanitaria, a escolarización dos seus fillos e o recoñecemento do reagrupamento familiar.

Vivenda

Ás dificultades xerais (prezos astronómicos de compra e alugueiro de pisos, hipotecas eternas e intereses polas nubes) súmase por veces o receo, cando non o rexeitamento, por parte dos donos destes inmobles, e os problemas, en especial idiomáticos, para dispoñer dunha información adecuada sobre o mercado inmobiliario. Contar cunha residencia fixa e estable é un requisito básico para que os inmigrantes inicien a súa andaina no novo país. Non hai que esquecer que, ata desde un punto de vista xurídico, é un elemento imprescindible para acceder ás garantías dun estado de dereito.

 Apurados pola urxencia de buscar un aloxamento, moitos inmigrantes vense na obriga de desembolsar grandes sumas de diñeiro por un habitáculo que, a miúdo, é insalubre e, ademais, está situado en barrios marxinais. Con todo, e segundo un estudo da Universitat de Barcelona, un de cada catro inmigrantes ten casa propia en España e os titulares do 33% dos préstamos para a adquisición dunha vivenda que se formalizan no noso país son estranxeiros, na súa maioría inmigrantes latinoamericanos.

A desconfianza e as reticencias dos propietarios das casas maniféstanse no temor ao mal uso e á deterioración da vivenda, problemas cos veciños, desvalorización do inmoble se a zona chega a ser catalogada socialmente como "de inmigrantes" etc. Isto tradúcese, principalmente, en dúas actitudes: o rexeitamento a alugarlles aos inmigrantes sen coñecelos, ou arrendarlles unha vivenda pero aplicando un sobreprezo que compense os riscos mediante fórmulas como cobrar por número de persoas que habitan ou fraccionar o tempo de cobro de forma pouco común.

Como colaborar?

O primeiro paso para desterrar este tipo de crenzas e actitudes é non xeneralizar e tratar de axudar na medida do posible. Velaquí algunhas fórmulas:

  • Facilitarlle á persoa inmigrante o teléfono do Concello da localidade de residencia. Alí informarano dos distintos programas de axuda para a vivenda e, se non están aínda en vigor, desviarano a outros departamentos que si lle poidan axudar.
  • Acompañar a unha inmobiliaria ao compañeiro de traballo inmigrante, ao coñecido ou á persoa contratada ou que axuda na casa ou coida familiares enfermos para 'traducirlle' aspectos tan importantes como a comisión con que queda a axencia inmobiliaria e os termos do contrato.
  • Moitas ONG pódenlles facilitar vivenda aos inmigrantes durante os primeiros días ata que atopen un traballo e poidan alugala polos seus propios medios.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto