Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Atentos aos riles

A comunidade médica debate sobre a necesidade de estender a detección precoz de fallos renais

 Un de cada oito españois padece, sen sabelo, insuficiencia renal en maior ou menor grao. Cando a enfermidade evoluciona pódese transformar en crónica e córrese o risco de que o dano acumulado no ril sexa irreversible. Para evitar o risco asociado, diversos foros médicos apostan pola detección precoz á poboación xeral, aínda que o acordo non é unánime.

Entre as causas máis frecuentes dunha enfermidade renal crónica (ERC) destacan unha presión arterial elevada, diabete e patoloxía cardiovascular. Dado o alto risco de que a enfermidade progrese e desencadee un fallo renal, intensificáronse as investigacións para mellorar a súa detección e, de xeito particular, o seu tratamento precoz.

Do mesmo xeito abriuse un intenso debate sobre a conveniencia de estender estes sistemas a sectores de poboación ata agora non considerados como suxeitos a factores de risco específicos. As dúbidas sobre a relación entre o custo e o beneficio potencial derivado desta extensión impiden, por agora, alcanzar unha posición de consenso.

Ata a data as probas diagnósticas orientadas a detectar ERC de modo precoz realízanse en pacientes con hipertensión ou diabete. O obxectivo que se persegue dende algúns sectores médicos é estendelo a todas as persoas que acudan ao médico por calquera causa. As probas diagnósticas elixidas son a determinación de creatinina, para estimar a taxa de filtración glomerular (TFG); a relación albumina-creatinina en ouriños e o sedimento urinario (probas que xa se realizan habitualmente nas analíticas periódicas de moitos traballadores).

Nunha conferencia de especialistas celebrada en febreiro de 2007 no Reino Unido co obxectivo de chegar a unificar criterios sobre a ERC en estadios precoces, os expertos estableceron que non hai evidencia científica que apoie a necesidade dunha detección precoz na poboación xeral.

Tampouco hai evidencias, segundo os expertos reunidos no foro británico, de que se obteñan mellores resultados cun tratamento precoz que coa terapia convencional cando se diagnostica a enfermidade polo seu curso normal. Aseguran que estas razóns levarían a 'etiquetar' como enfermas a moitas persoas e a medicalas sen motivo. Ademais, suporían un elevado gasto económico e de recursos sanitarios.

Riscos

Tamén hai opinións contrarias. No marco do Seminario Galego de Estudos Renais, celebrado en outubro de 2007, presentáronse resultados dunha ampla investigación epidemiolóxica que levan á Sociedade Española de Nefroloxía a propoñer a extensión dos sistema de detección. O estudo pon de manifesto que o 12% da poboación española sofre unha enfermidade renal oculta e que o 40% deles probablemente falecerá por esta causa antes de entrar nun programa de diálise.

Ante estes datos, os expertos españois instan á detección precoz dos potenciais enfermos antes de que a función renal estea demasiado danada e impida que o tratamento sexa efectivo. Hai que ter en conta que cando os resultados analíticos estándar empezan a elevarse, a función renal está deteriorada xa nun 50%. Segundo os datos, unha vez que a función renal alcanza esta fase, as taxas de supervivencia que superan os dez anos non alcanzan o 10%.

Revisións preventivas

As revisións preventivas, xeneralizadas na década dos setenta para a prevención das enfermidades cardiovasculares, foron estendendo progresivamente as súas indicacións ata alcanzar un bo número de patoloxías. A extensión deste tipo de medidas preventivas, tan celebradas na detección precoz dalgunhas modalidades de cancro ou nas enfermidades cardiovasculares, foi cuestionada noutros casos porque se considera unha proliferación excesiva ou porque a relación custo-beneficio da medida é cuestionable. Os detractores entenden que, ao final, acaban xurdindo máis 'enfermos' ca os que en realidade hai.

O que se espera dunha proba diagnóstica preventiva é, fundamentalmente, un valor preditivo alto, que os casos detectados teñan grandes probabilidades de desenvolver a enfermidade e que os falsos positivos, é dicir, persoas que dan positivo na proba pero que están sas, sexan escasas. En numerosas ocasións, unha proba con resultado positivo obriga o paciente a someterse a unha serie de probas diagnósticas (cascada diagnóstica) que pode ter consecuencias negativas a xeito de impacto psicolóxico ou riscos derivados doutras exploracións.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto