Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un veciño é insultado e ameazado por outro de xeito continuado

Recibo ameazas e insultos frecuentemente dun veciño. A miña pregunta é: podo gravar as ameazas e presentalas como proba?

 Se a gravación a realiza unha das persoas que interveñen nela, non se vulnera o dereito á intimidade de ninguén, sempre que os protagonistas exteriorizaran os seus sentimentos sen ningún tipo de coacción. O artigo 18 da Constitución, regulador do dereito á intimidade, non garante o mantemento do segredo dos pensamentos que un cidadán lle comunica a outro. Agora ben, o Tribunal Constitucional di que a voz allea rexistrada non debe ser utilizada con fins divulgativos, publicitarios, comerciais nin ilexítimos.

 Doutra banda, e aínda que é admisible unha gravación como proba nun proceso, o Tribunal Supremo recoñeceu o seu "problemático" valor como proba pola posibilidade técnica de manipulación das gravacións, o que en certa medida diminúe a credibilidade destes documentos. Por iso é recomendable contar con máis probas, como declaracións de testemuñas presenciais directas. Suxerímoslle ao afectado que antes de denunciar e de realizar estas gravacións, acuda a un avogado para intentar conciliar as súas relacións de veciñanza e asegurarse dunha correcta compresión dos límites e usos permisibles da gravación dunha conversa.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto