Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un servidor de Internet anuncia 14 días gratis, e ao seu remate, envía unha factura de 96 euros

Deime de alta nunha empresa de Internet atraída por unha promoción que anunciaba 14 días gratuítos. A sorpresa foi que, pasados estes días, me chegou unha factura de 96 euros en concepto de subscrición anual polos seus servizos. A empresa nunca me informou do momento en que remataba o período de proba e comezaba como cliente. Eu non desexo contratar o servizo, pero a empresa asegúrame que se non pago emprenderán accións legais contra min. Que podo facer?

 Na contratación electrónica, o cliente dispón dun prazo legal de sete días hábiles, segundo o calendario oficial do seu lugar de residencia habitual, para resolver o contrato sen incorrer en penalización nin gasto ningún. Transcorrido este tempo, o contrato esixe o pagamento do prezo polo servizo. Unha vez que a empresa lle envía ao cliente o formulario de rexistro, o que este fai é emitir unha oferta para o peche de contrato, de xeito que a empresa lle comunica a confirmación ao cliente por correo electrónico. Así é como aceptou un contrato por un ano máis catorce días de proba. A empresa permitíalle resolver o contrato gratuitamente durante os primeiros oito días mediante o pagamento dun importe a determinar entre os días 8 e 14, en caso de que se puidesen devolver as prestacións recibidas.

A confusión pode orixinarse pola falta de claridade e ambigüidade da redacción do contrato. Por iso o máis recomendable é que trate de anular o contrato, que poña unha reclamación nos Servizos de Consumo do seu concello ou provincia e que lle comunique á empresa que considera vulnerado o dereito do consumidor a unha información correcta, clara, veraz e completa e á normativa á que ela mesma di someterse (Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, a Lei 7/1998 sobre condicións xerais de contratación, o Real Decreto 1906/1999 mediante o cal se regula a contratación telefónica ou electrónica con condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, a Lei 26/1984 xeral para a defensa dos consumidores e usuarios) solicitando a nulidade do contrato sen obriga de pagamento.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto