Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

A paisaxe ten a súa propia lei

O Convenio Europeo da Paisaxe trata de preservar e restaurar as paisaxes en Europa, dende espazos naturais ata os ámbitos máis habituais dos cidadáns

 A paisaxe, amais dun pracer para os sentidos, é un ben ambiental que cómpre preservar e conservar. Ese é o obxectivo que inspira o Convenio Europeo da Paisaxe que España está a punto de ratificar. Representa a primeira ferramenta a nivel europeo para protexer e restaurar un ben común ao que apenas se puxo atención. É un paso importante para un país como o noso, que ata a data carecía de ferramentas legais sobre este campo.

Todo é paisaxe

Os territorios considerados como paisaxe son todos os que forman o ámbito no que vive a sociedade. Engloba espazos terrestres, augas interiores e marítimas, territorios protexidos, os máis cotiáns e aqueles que se degradaron. Precisamente, estes espazos que sufriron ou que sofren os efectos da acción humana, lonxe de pasaren inadvertidos, son os máis importantes.

Se se primase unicamente a función de protección, só se preservarían ámbitos moi privilexiados, como parques e reservas naturais, e todo o que se malogrou nin se recuperaría nin se protexería. Por iso adquire especial relevancia a asunción de que a paisaxe está constituída non só polos elementos naturais, senón tamén culturais, como as construcións, os monumentos ou os cultivos.

A aplicación deste convenio implica non só a conservación de zonas rurais ou de construcións tradicionais, como o saneamento e descontaminación de calellas e ríos, senón o coidado ambiental de núcleos urbanos e a construción harmoniosa co ámbito histórico e natural. Outra das cuestións máis importantes é a xestión ambiental, xa que non se poden preservar as paisaxes se non se ten en conta a descontaminación ou a conservación da biodiversidade.

Paisaxes en perigo

 Nestes momentos as paisaxes españolas corren un grave risco, segundo un informe da Universidade de Sevilla, integrado nun documento da Unión Europea no que se describen as políticas da paisaxe de diferentes países comunitarios. Unha das principais causas é o rápido crecemento da economía española nas últimas décadas, que acelerou o consumo dos recursos naturais e do chan. A iso súmase o feito de ser un dos principais receptores de turismo en Europa e os efectos do clima propio dun país mediterráneo, que propicia ecosistemas e paisaxes moi fráxiles.

Máis alá da construción de edificacións nas costas españolas, un dos danos máis importantes que se produciron nos últimos anos é o caótico crecemento urbanístico a raíz do boom inmobiliario. Este proceso acelerou a proliferación e dispersión de urbanizacións que 'non só rouban' moito territorio, senón que ademais incrementan o gasto en recursos naturais e aumentan a contaminación con maiores desprazamentos en automóbil, xa que se sitúan a quilómetros dos núcleos urbanos e dos seus servizos.

Amais da falta de ferramentas legais para protexer o contorno, a independencia coa que a maioría dos concellos españois actuaron en materia de urbanismo non contribuíu en nada ao benestar da paisaxe. É agora cando se comezan a desenvolver as primeiras experiencias conxuntas entre diferentes organismos institucionais, a diferenza do acontecido ata agora, en que cada concello decidía con maior ou menor fortuna a construción de polígonos industriais, urbanizacións... Doutra banda, nos últimos meses déronse casos especialmente graves de urbanizacións en zonas de alto valor ambiental, como as planificadas en Navas del Marqués, na provincia de Ávila, ou en Soria.

Un dos obxectivos do Convenio Europeo é que a xestión da paisaxe non recaia sobre unhas soas mans. Para iso, prevé establecer procedementos para a participación do público, de diferentes administracións e axentes sociais. Ademais, esixe que a xestión da paisaxe se integre nas políticas de ordenación do territorio, de urbanismo e nas políticas cultural, ambiental e outras que lle poidan afectar.

Experiencias previas

Países como Suíza, Alemaña ou Francia xa dispoñen das súas propias leis da paisaxe. No caso alemán, trátase dunha norma federal que une a xestión da paisaxe coa conservación da natureza. Francia conta cunha lei dedicada exclusivamente á paisaxe, aprobada en 1993, onde a paisaxe aparece integrada en todas as normativas do patrimonio histórico e natural. A lei francesa xa protexe as paisaxes ordinarias nas que se moven os cidadáns, dende a conservación dos ámbitos naturais ata a estética dos núcleos urbanos, xestionando as súas entradas e saídas, non permitindo que se edifique en calquera parte nin de calquera maneira ou impedindo, por exemplo, que as granxas desaparezan asediadas por unha urbanización crecente no seu ámbito.

En España, comunidades como Valencia ou Cataluña tamén teñen as súas leis específicas da paisaxe. No caso de Cataluña estanse a elaborar na actualidade os denominados catálogos de paisaxes, unha das obrigas que marca o Convenio Europeo, no que se inspira a lei catalá.

Trátase de identificar, analizar e caracterizar as paisaxes propias de cada país e zona. Pola súa banda, o Ministerio de Medio deseñou o Atlas das Paisaxes de España, que pode servir de marco para outros estudos da paisaxe a escala rexional e local.

O papel do cidadán

"A solución á preservación da paisaxe chegará se a sociedade lle demanda aos concellos que nos plans de urbanismo se materialice unha sensibilidade polo contorno", defenden dende o Observatori del Paisatge, consorcio público catalán creado a raíz da Lei da paisaxe. Os cidadáns tamén poden participar impulsando iniciativas máis locais, como as cartas de paisaxe, que poden estar promovidas por diferentes asociacións. Con este nome identifícase unha declaración de boas prácticas pola que se establece un acordo entre axentes dun territorio determinado para mellorar a paisaxe.

A conciencia cidadá medra de xeito constante por medio de actuacións como a elaboración dun Código específico sobre a paisaxe. Representa un bo punto de partida, pois, de feito, o Convenio Europeo da Paisaxe pídelles aos países asinantes que a sociedade e o público en xeral participe na xestión deste ben común.

Impacto paisaxístico

A instalación de parques eólicos é un dos aspectos clave que abordará o Convenio Europeo da Paisaxe. É o paradoxo desta enerxía limpa: non contamina, pero modifica notablemente o contorno. Varios grupos ecoloxistas pedíronlle ao Goberno unha moratoria nas autorizacións dos parques eólicos ata que se defina unha relación de zonas de interese ambiental e paisaxístico incompatibles cos aeroxeradores.

Estes grupos non se amosan contrarios ao desenvolvemento desta fonte de enerxía limpa, pero avogan por unha implantación controlada, evitando o que consideran como destrución da paisaxe, e acompañada de estratexias de aforro enerxético.

Impacto paisaxístico

A instalación de parques eólicos é un dos aspectos clave que abordará o Convenio Europeo da Paisaxe. É o paradoxo desta enerxía limpa: non contamina, pero modifica notablemente o contorno. Varios grupos ecoloxistas pedíronlle ao Goberno unha moratoria nas autorizacións dos parques eólicos ata que se defina unha relación de zonas de interese ambiental e paisaxístico incompatibles cos aeroxeradores.

Estes grupos non se amosan contrarios ao desenvolvemento desta fonte de enerxía limpa, pero avogan por unha implantación controlada, evitando o que consideran como destrución da paisaxe, e acompañada de estratexias de aforro enerxético.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto