Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Só A Coruña supera o "aceptable" na nota global de accesibilidade. As maiores carencias rexístranse nas medidas de adaptación para as persoas cegas e xordas. Os que se desprazan en cadeira de rodas viron mellorar algo a súa situación
Co fin de coñecer a accesibilidade para persoas con minusvalidez física, auditiva e visual en 18 cidades do país (A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza) realizouse unha visita ao centro e mais ao concello ou outras dependencias municipais e a un centro de saúde en cada unha delas. Analizouse tamén un autobús urbano e o servizo de eurotaxi.
Para a elaboración do presente estudo contactouse con Predif (Plataforma Representativa Estatal de Minusválidos Físicos), que nos prestou a súa axuda a nivel nacional, e mais coas seguintes asociacións: ASPAYM (Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos), na Coruña, Barcelona, Granada, Oviedo, Sevilla, Valencia e Valladolid; COCEMFE (Federación de Asociacións de Minusválidos Físicos), en Alacante, FEKOOR (Federación Coordinadora de Persoas con Minusvalidez Física de Biscaia), en Bilbao; FEGADI (Federación Gaditana de Persoas con Minusvalidez Física), en Cádiz; FEPAMIC (Federación Provincial de Asociacións de Minusválidos Físicos de Córdoba), en Córdoba; FAMMA (Federación de Asociacións de Persoas con Minusvalidez Física e Orgánica da Comunidade de Madrid), en Madrid; FAMF-COCEMFE, en Málaga, Frater (Fraternidade Cristiá de Enfermos e Minusválidos), en Murcia; ACODIFNA (Asociación Coordinadora de Diminuídos Físicos de Navarra), en Pamplona; Elkartu (Federación Coordinadora de Persoas con Minusvalidez de Guipúscoa), en San Sebastián; Eginaren Eginez (Asociación de Persoas con Minusvalidez Física de Álava), en Vitoria e Asociación de Diminuídos Físicos de Aragón, en Zaragoza.
Así mesmo, no tocante ao apartado sobre accesibilidade para persoas invidentes, contouse coa colaboración de ONCE (Organización Nacional de Cegos de España), e mais coa da CNSE (Confederación Nacional de Xordos de España) para a observación nas visitas con persoas con minusvalidez auditiva.
Ademais, para estas visitas prestaron a súa axuda a Federación de Asociacións de Xordos na Coruña, FESOCA (Federación de Persoas Xordas de Cataluña) en Barcelona, BIZKAIKO GORRAK (Asociación de Persoas Xordas de Bilbao e Biskaia) en Bilbao, ASORCA (Asociación de Xordos de Cádiz) en Cádiz, FESORCAM (Federación de Persoas Xordas da Comunidade de Madrid) en Madrid, Sociedade Federada de Persoas Xordas de Málaga en Málaga, FESOPRAS (Federación de Persoas Xordas do Principado de Asturias) en Oviedo, ASORNA (Asociación de Xordos de Navarra) en Pamplona, ASG (Asociación de Persoas Xordas de Guipúscoa) en San Sebastián, Federación Andaluza de Asociacións de Pais de Nenos Xordos en Sevilla, FESORD (Federación de Xordos da Comunidade Valenciana) en Valencia, FAPSCL (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Castela e León), en Valladolid, ARABAKO GORRAK (Asociación de Persoas Xordas de Álava), en Vitoria e Agrupación de Xordos de Zaragoza, en Zaragoza.
| Cidade | Accesibilidade nas cidades para persoas con minusvalidez motriz(1) | Accesibilidade nas cidades para persoas con minusvalidez visual(2) | Accesibilidade nas cidades para persoas con minusvalidez auditiva(3) | Valoración global (4) |
|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Ben | Ben | Regular | Ben |
| Alacante | Regular | Regular | Regular | |
| Barcelona | Ben | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| Bilbao | Aceptable | Aceptable | Mal | Regular |
| Cádiz | Aceptable | Regular | Mal | Regular |
| Córdoba | Regular | Mal | Regular | |
| Granada | Moi ben | Regular | Aceptable | |
| Madrid | Ben | Regular | Aceptable | Aceptable |
| Málaga | Moi ben | Regular | Aceptable | Aceptable |
| Murcia | Ben | Aceptable | Aceptable | |
| Oviedo | Aceptable | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| Pamplona | Moi ben | Aceptable | Regular | Aceptable |
| San Sebastián | Ben | Mal | Mal | Regular |
| Sevilla | Regular | Regular | Mal | Regular |
| Valencia | Moi ben | Aceptable | Regular | Aceptable |
| Valladolid | Regular | Regular | Mal | Regular |
| Vitoria | Aceptable | Mal | Mal | Regular |
| Zaragoza | Ben | Regular | Regular | Regular |
| Total | Ben | Regular | Mal | Regular |
(1) Accesibilidade nas cidades para persoas con minusvalidez motriz: valoráronse a accesibilidade no centro da cidade, no Concello ou oficinas municipais e nun centro de saúde, e mais as medidas de adaptación implantadas nos autobuses urbanos. O técnico da revista realizou as visitas acompañado dunha persoa en cadeira de rodas.
(2) Accesibilidade nas cidades para persoas con minusvalidez visual: observouse a presenza de pavimento táctil e a situación do mobiliario urbano no centro da cidade. Analizouse tamén a existencia de información en braille e de dispositivos acústicos tanto no Concello coma no Centro de Saúde. Con respecto ao autobús urbano, valorouse se contaba con sistemas sonoros de información na parada e no interior do vehículo. O técnico realizou as visitas acompañado dunha persoa invidente.
(3) Accesibilidade nas cidades para persoas con minusvalidez auditiva: tívose en conta a sinalización nas rúas do centro e mais no Concello e Centro de Saúde. Ademais, analizouse se ofrecían servizo de intérprete profesional da lingua de signos e a presenza de dispositivos visuais de información nos citados edificios e no autobús urbano. O técnico realizou as visitas acompañado dunha persoa xorda.
(4) Valoración global: nota media final dos 3 apartados anteriormente sinalados.
| Cidade | Centro da cidade (1) | Concello (2) | Centro de saúde (3) | Autobú urbano (4) | Valoración global (5) |
|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Aceptable | Aceptable | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Alacante | Moi mal | Moi ben | Regular | Ben | Regular |
| Barcelona | Ben | Moi ben | Ben | Ben | Ben |
| Bilbao | Ben | Regular | Moi ben | Aceptable | Aceptable |
| Cádiz | Aceptable | Ben | Moi ben | Aceptable | Aceptable |
| Córdoba | Regular | Aceptable | Regular | Ben | Regular |
| Granada | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Madrid | Aceptable | Moi ben | Ben | Ben | Ben |
| Málaga | Moi ben | Excelente | Moi ben | Ben | Moi ben |
| Murcia | Ben | Ben | Aceptable | Moi ben | Ben |
| Oviedo | Moi ben | Mal | Moi ben | Moi ben | Aceptable |
| Pamplona | Moi ben | Moi ben | Ben | Moi ben | Moi ben |
| San Sebastián | Moi ben | Moi ben | Ben | Ben | Ben |
| Sevilla | Ben | Mal | Moi ben | Aceptable | Regular |
| Valencia | Ben | Excelente | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Valladolid | Regular | Ben | Regular | Aceptable | Regular |
| Vitoria | Aceptable | Regular | Regular | Ben | Aceptable |
| Zaragoza | Aceptable | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Total | Aceptable | Ben | Ben | Ben | Ben |
(1) Centro da cidade: analizouse o estado do pavimento, a situación do mobiliario urbano, así como dos sinais. Tívose en conta tamén a altura dos bordos, os pasos de peóns e a existencia de semáforos. Igualmente valorouse que as escaleiras e mais as ramplas fosen accesibles (mesetas para descansar, colocación de pasamáns, etc.).
(2) Concello: observouse a proximidade dunha parada de autobús urbano e os sinais no exterior e no interior. Igualmente comprobouse a accesibilidade da entrada e a posibilidade de manobrar e moverse en cadeira de rodas dentro do edificio. Tívose en conta que a información exposta, así como outros elementos tales como máquinas para extraer quenda estean a unha altura axeitada. Así mesmo, analizouse a colocación do mobiliario (macetas, cadeiras, mostradores, etc.) e se os aseos públicos están adaptados correctamente.
(3) Centro de saúde: tivéronse en conta os mesmos aspectos valorados no apartado do Concello.
(4) Autobús urbano: considerouse a existencia de ramplas, plataformas elevadoras ou sistemas que faciliten o acceso ás persoas en cadeira de rodas. Tamén se analizou a actitude do condutor, que o vehículo contase con zona para persoas minusválidas e a presenza de elementos tales como ancoraxes, cintos de seguridade, pasamáns e asideiros, entre outros.
(5) Valoración global: nota media final dos 4 apartados anteriormente sinalados.
| Cidade | Centro da cidade (1) | Concello (2) | Centro de saúde (3) | Autobú urbano (4) | Valoración global (5) |
|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Ben | Regular | Aceptable | Moi ben | Ben |
| Alacante | Ben | Aceptable | Regular | Mal | Regular |
| Barcelona | Moi ben | Aceptable | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| Bilbao | Aceptable | Regular | Regular | Aceptable | Aceptable |
| Cádiz | Mal | Aceptable | Aceptable | Aceptable | Regular |
| Córdoba | Aceptable | Mal | Moi mal | Regular | Mal |
| Granada | Regular | Regular | Regular | Mal | Regular |
| Madrid | Ben | Aceptable | Mal | Aceptable | Regular |
| Málaga | Moi ben | Regular | Mal | Regular | Regular |
| Murcia | Regular | Regular | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| Oviedo | Aceptable | Regular | Aceptable | Regular | Aceptable |
| Pamplona | Regular | Regular | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| San Sebastián | Moi ben | Mal | Regular | Moi mal | Mal |
| Sevilla | Regular | Mal | Aceptable | Aceptable | Regular |
| Valencia | Ben | Regular | Aceptable | Ben | Aceptable |
| Valladolid | Regular | Regular | Aceptable | Mal | Regular |
| Vitoria | Aceptable | Regular | Moi mal | Mal | Mal |
| Zaragoza | Mal | Aceptable | Regular | Mal | Regular |
| Total | Aceptable | Regular | Regular | Regular | Regular |
(1) Centro da cidade: analizouse o estado do chan, así como a existencia de diferentes tipos de pavimento como táctil e sonoro. Así mesmo, valorouse que a situación do mobiliario urbano non constitúa perigo e que os pasos para peóns estean en bo estado e conten con semáforos que emitan sinais acústicos. Igualmente, observáronse escaleiras e ramplas.
(2) Concello: tívose en conta a situación do mobiliario e o estado do pavimento. Considerouse tamén a existencia de información en braille e as alternativas que se ofrecen para encher impresos. Analizouse que o edificio conte con dispositivos acústicos e que escaleiras, ramplas e ascensores estean adaptados para persoas invidentes.
(3) Centro de saúde: se han valorado los mismos aspectos analizados en el apartado del Concello.
(4) Autobús urbano: observouse a accesibilidade da parada, así como se contaba con información en braille. Tamén se estudou a presenza de elementos como pasamáns, asideiros e dispositivos que emitan sinais acústicos. Igualmente, observouse o comportamento do condutor e a presenza de información en braille.
(5). Valoración global: nota media final dos 4 apartados anteriormente sinalados.
| Cidade | Centro da cidade (1) | Concello (2) | Centro de saúde (3) | Autobú urbano (4) | Valoración global (5) |
|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Aceptable | Regular | Moi mal | Excelente | Regular |
| Barcelona | Ben | Regular | Regular | Aceptable | Aceptable |
| Bilbao | Ben | Moi mal | Moi mal | Ben | Mal |
| Cádiz | Regular | Moi mal | Mal | Mal | Mal |
| Málaga | Moi ben | Moi mal | Regular | Moi ben | Aceptable |
| Oviedo | Ben | Mal | Regular | Moi ben | Aceptable |
| Pamplona | Aceptable | Regular | Regular | Regular | Regular |
| San Sebastián | Regular | Moi mal | Moi mal | Moi ben | Mal |
| Sevilla | Aceptable | Mal | Mal | Regular | Mal |
| Valencia | Aceptable | Regular | Moi mal | Ben | Regular |
| Valladolid | Mal | Moi mal | Moi mal | Aceptable | Mal |
| Vitoria | Aceptable | Moi mal | Mal | Aceptable | Mal |
| Zaragoza | Regular | Aceptable | Moi mal | Aceptable | Regular |
| Total | Aceptable | Mal | Mal | Ben | Mal |
(1) Centro da cidade: analizouse o estado do pavimento, a presenza de sinais, os pasos de peóns e se están sinalizados, así como dispositivos visuais en semáforos.
(2) Concello: tívose en conta a presenza de sinais, a existencia de máquina electrónica para coller a quenda de atención, dispositivos visuais de información, as portas, ascensores, baños, se se ofrece servizo de intérprete profesional da lingua de signos, amais de se contaba con DTS ou teléfono de texto, fax e zonas con bucles magnéticos.
(3) Centro de saúde: analizáronse os mesmos aspectos valorados no apartado do Concello.
(4) Autobús urbano: observouse a presenza de postes e marquesiñas na parada, así como a información que contiñan. Ademais, valorouse a existencia de dispositivos electrónicos que informen do tempo que falta para a chegada do bus e se é posible recibir información vía SMS, a través do teléfono móbil. No interior do autobús púxose atención á existencia de pantallas e dispositivos visuais que informen do percorrido do urbano e da solicitude de parada, entre outros.
(5) Valoración global: nota media final dos 4 apartados anteriormente sinalados.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI