Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Accesibilidade nas cidades: analizados zona centro, concellos, ambulatorios, bus urbano e eurotaxi en 18 cidades: As cidades marxinan aínda máis a cegos e xordos ca aos que usan cadeiras de rodas

Só A Coruña supera o "aceptable" na nota global de accesibilidade. As maiores carencias rexístranse nas medidas de adaptación para as persoas cegas e xordas. Os que se desprazan en cadeira de rodas viron mellorar algo a súa situación

 Só A Coruña supera o "aceptable" na nota global de accesibilidade. As maiores carencias rexístranse nas medidas de adaptación para as persoas cegas e xordas. Os que se desprazan en cadeira de rodas viron mellorar algo a súa situación

As cidades son para os cidadáns, pero non o son do mesmo xeito para todos. Os que sofren algún tipo de minusvalidez, que en España suman máis de 3,5 millóns persoas e representan o 9% da poboación seguen marxinados, xa que se topan con barreiras e obstáculos que non atopa o resto da poboación en tarefas tan cotiás como utilizar o taxi, efectuar unha xestión no concello ou resolver un asunto sanitario nun centro de atención primaria. Así o constatou CONSUMER EROSKI na investigación realizada sobre a accesibilidade urbana de 18 capitais de toda España para as persoas que se moven en cadeira de rodas e para as que teñen minusvalidez auditiva ou visual. Aínda que as diferenzas entre unhas cidades e outras son importantes, a valoración global da situación non pode ser outra ca un suspenso: só A Coruña supera o aprobado, cun "ben" de cualificación global do exame de accesibilidade. Oito cidades quedan nun mediocre "aceptable", e nove suspenden cun "regular", que os sitúa preto do aprobado, pero sen chegaren.

Os salientables avances anotados na adaptación ás necesidades das persoas que se desprazan en cadeiras de rodas quedan en boa parte lastrados polas graves dificultades coas que se atopan os cidadáns con minusvalideces visuais e auditivas.

Os técnicos desta revista, acompañados dunha persoa en cadeira de rodas, outra invidente e outra xorda e contando coa valiosa colaboración de numerosas organizacións de usuarios con minusvalidez (listaxe de entidades colaboradoras e máis detalles da metodoloxía do estudo, en www.consumer.es) cumpriron tres visitas a cada unha destas cidades: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Realizaron un exame de accesibilidade no centro urbano, no concello ou outra dependencia municipal, nun centro de saúde, nun autobús urbano e no servizo de eurotaxi.

A conclusión máis evidente do informe é que, nos últimos anos, as cidades se esforzaron máis na adaptación ás necesidades de accesibilidade das persoas en cadeira de rodas (nota media das 18 cidades: "ben") que nas que requiren os usuarios cegos (nota media: "regular") e, particularmente, os xordos (nota media: "mal").

Na proba relativa ás persoas en cadeiras de rodas suspenderon só Alacante, Córdoba, Sevilla e Valladolid, mentres que destacaron positivamente, cun "moi ben", Granada, Málaga, Pamplona e Valencia. Por apartados do estudo, os mellores resultados para minusválidos en cadeiras de rodas (media de "ben") obtivéronos as visitas ao concello e á instalación sanitaria (atención primaria) e a viaxe en autobús. A adaptación do centro urbano quedou nun pouco satisfactorio "aceptable", por falta de pavimentos estables, beirarrúas e bordos mal rebaixados e polo mobiliario (xardineiras, farois, sinais) mal situado.

Os invidentes téñeno peor ca os que se desprazan en cadeiras de rodas: atópanse con maiores dificultades para se moveren e exerceren de usuarios na súa cidade. A nota global das 18 capitais na súa adaptación aos cegos é un "regular", un suspenso, e o único apartado que acada o aprobado é o centro da cidade, con só un "aceptable" pola falta de pavimentos táctiles e sonoros que axuden á orientación do invidente, ademais de semáforos con sinais acústicos. Concello e centro de saúde suspenden, debido principalmente á falta de información en braille e de sistemas alternativos para cubrir documentos e realizar trámites. Tampouco mellora a situación no bus urbano, que tamén suspende, neste caso pola carencia de dispositivos sonoros e de información en braille tanto en marquesiñas e postes coma no interior do vehículo.

Só sete cidades aproban o exame, se ben unicamente A Coruña o fai con certa folgura. Entre as que peor atenden as necesidades dos invidentes destacan Córdoba, San Sebastián e Vitoria. Estas dúas últimas, xunto con Bilbao, Cádiz, Sevilla e Valladolid, tamén se atopan entre as peores na súa adaptación aos requirimentos específicos dos usuarios xordos, exame en que só aproban, e ben xustiñas, Barcelona, Madrid, Málaga e Oviedo; mesmo A Coruña, a cidade con mellor nota global nesta investigación, foi incapaz de superar o "regular" nesta proba específica. En Alacante, Córdoba, Granada e Murcia non foi posible realizar en condicións equiparables ás das demais cidades esta proba de accesibilidade para persoas xordas. O autobús urbano acadou unha nota satisfactoria (un "ben") en adaptación para os usuarios con minusvalidez auditiva, que pasa a converterse nun mediocre "aceptable" cando falamos do centro da cidade. Con todo, as maiores deficiencias de adaptación cara ás necesidades dos cidadáns xordos rexistráronse nos concellos e nos centros de saúde, que mereceron un rotundo suspenso (un "mal" sen paliativos) debido á falta de intérpretes profesionais da lingua de signos e á carencia de sistemas visuais de información.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto