Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Convén entendelas como unha solución temporal, que concluirá así que se acaden os resultados desexados
Matemáticas, física, química e idiomas son as materias "óso" para os estudantes españois e, xa que logo, as máis demandadas polas miles e miles de familias que recorren ás clases particulares para aumentaren as posibilidades de que os seus fillos logren unha boa cualificación ou, polo menos, un aprobado. Segundo o informe "As actividades do alumno fóra do horario escolar", publicado polo Instituto Nacional de Calidade e Avaliación (INCE), un 12% dos alumnos da ESO recibe a axuda externa dun profesor particular, e un 20% acode a unha academia para reforzar os seus coñecementos. De feito, o sector do ensino particular en España factura preto de 300 millóns de euros anuais.
De cada dez alumnos das etapas obrigatorias, tres contan co apoio nas tarefas escolares de pais, irmáns, dun profesor ou academia. Segundo as estatísticas, en educación primaria hai máis alumnos do ensino privado ca do público que buscan un reforzo académico externo, pero na educación secundaria obrigatoria invértese esta proporción. Outro estudo elaborado pola empresa Educa-System sinala que dos case dous millóns de estudantes que reciben apoio fóra da escola, só 130.000 acoden a profesores especificamente preparados, mentres que 1,78 millóns de escolares reciben axuda de docentes non profesionais.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI