Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

O xogo máis seguro, gana!

Os meses que, no mellor dos casos, permanece un xoguete 'vivo' no cuarto dos máis pequenos pouco teñen que ver co seu proceso de fabricación e control en materia de seguridade. O proceso creativo, unha vez validado polo equipo do que forman parte deseñadores, psicólogos e pediatras, culmina coa construción dun prototipo. O modelo sométese a unha rigorosa serie de análise de materiais, ensaios, probas e sesións experimentais. Deste xeito, lógrase a calidade necesaria para saír ao mercado e cumprir cunha normativa legal moi esixente.

A Asociación de Investigación da Industria do Xoguete (Aiju) é unha entidade privada de servizos, sen ánimo de lucro, recoñecida como organismo notificador na Unión Europea sobre a seguridade dos xoguetes. Nos seus laboratorios, os xoguetes sométense a análise co fin de cumprir uns estándares de calidade que aseguren un uso e diversión sen risco.

  
Ruben García Blázquez

Xoguetes resistentes

Os peluches e bonecos recheos e cosidos sométense antes de chegaren aos estantes das tendas a 'ensaios de tolerancia de tracción das costuras'.

Garántese a súa hixiene en roturas e resistencia ao baleirado nun uso normal.

  
Ruben García Blázquez

Sen vértices perigosos

Os bordos e as puntas mídense para evitar os vértices perigosos que os nenos poden tragar e que poden actuar como fíos cortantes.

  
Ruben García Blázquez

Xoguetes ignífugos

Os ensaios de inflamabilidade determinan a velocidade de propagación dunha lapa.

Aplícase unha pequena fonte de ignición para comprobar o poder de combustión.

  
Ruben García Blázquez

Ausencia de elementos tóxicos

Os diversos materiais cos que está fabricado o xoguete sométense a un tratamento de dixestión, que representa o comportamento do organismo do neno cando os chupa ou inxire. Na probeta de ensaio simúlase a reacción gástrica a 37 graos (temperatura corporal) co fin de determinar a migración de metais pesados. Asegúrase a non toxicidade total do produto e de cada parte, de estas seren independentes.

  
Ruben García Blázquez

Sonoros si, estridentes non

Está estipulado que a 40 decibelios a sensación de son é de tranquilidade. Pola contra, a exposición prolongada a sons que superan os 85 decibelios comeza a causar unha perda de agudeza auditiva. Para coñecer a cadencia real dos xoguetes, sométense a ensaios acústicos nunha cámara semianecoica para comprobar que a intensidade dos sons que producen compatibilizan o 'límite de confortabilidade' (nivel de vibración) e o de son (nivel de ruído).

  
Ruben García Blázquez

A proba de dedos

Valéndose dun simulador do dedo dun neno, analízanse as partes do xoguete de xeito autónomo para comprobar que non serven de acceso a espazos perigosos e que non poden funcionar de cepos.

  
Ruben García Blázquez

Illamento eléctrico

Cando se avalían a rixidez condutora e a determinación de resistencia do illamento eléctrico dos xoguetes analízanse as fases de seguridade que deben superar os xoguetes alimentados por unha tensión inferior a 24 voltios. Nestas probas analízase se un xoguete eléctrico en funcionamento se quenta. Tamén se comproba a correcta colocación das pilas, que evita curtocircuítos, e a súa incapacidade dieléctrica (que non sirva como condutor de electricidade).

  
Ruben García Blázquez

Máis información sobre a seguridade de xoguetes: http://www.jugueteseguro.coop/web/cas/

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto