Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Outras informacións sobre Saúde: ORTOREXIA / Non durmir abondo duplica o risco de morte por enfermidade cardíaca / A diálise nocturna / Un chip xenético permite elixir tratamentos de quimioterapia / Entrevista: Giuseppe Mancia

En catro palabras

ORTOREXIA:
O termo ortorexia provén dos vocábulos gregos, Orthos e Orexis (apetito correcto). Trátase dun comportamento obsesivo-compulsivo pola comida sa, e foi definido por primeira vez polo médico estadounidense Steve Bratman. As vítimas desta enfermidade cren que comendo só alimentos bioloxicamente puros obterán todo tipo de beneficios físicos, psíquicos e morais, o que os leva a miúdo a unha dependencia similar á de calquera adicto ás drogas.

Quen avisa non é traidor...

Non durmir abondo duplica o risco de morte por enfermidade cardíaca

O estrés e o exceso de traballo diminúen a miúdo o tempo de sono. Amais de padecer cansazo e irritabilidade, quen non descansa un número de horas abondo é dúas veces máis propenso a morrer por enfermidade cardíaca ca quen repousa de maneira adecuada, segundo un estudo da universidade británica de Warwick. A falta de sono relaciónase co aumento da presión sanguínea, o que á súa vez se vincula ao incremento do risco de sufrir un ataque cardíaco e accidentes cerebrovasculares. Segundo a investigación, os que reducían o sono de sete a cinco horas ou menos por noite tiñan 1,7 veces máis risco de morrer por calquera causa, e máis do dobre de padecer unha morte de orixe cardiovascular ca aqueles que durmían sete horas. Pero o estudo revelou tamén que non se debe durmir máis da conta, xa que pasar máis de nove horas na cama está ligado a problemas como a depresión e fatiga asociada a distintas patoloxías.

Novas:

A diálise nocturna mellora a calidade de vida do paciente

A diálise nocturna frecuente alivia diversos síntomas clínicos e mellora a calidade de vida dos pacientes renais, segundo un estudo publicado no Journal of the American Medical Association. Os investigadores observaron nos pacientes tratados co esquema nocturno unha redución do agrandamento do corazón que adoitan sufrir as persoas que se someten a diálise, e mais unha mellora do equilibrio mineral e un descenso da presión arterial. A diálise nocturna mellorou, ademais, certos parámetros dependentes da función renal. Segundo un informe da Universidade de Yale, a hemodiálise nocturna pode reducir a elevada probabilidade que teñen estes pacientes de sufrir outras enfermidades asociadas.

Un chip xenético permite elixir tratamentos de quimioterapia personalizados

Os chips xenéticos, pequenos dispositivos de silicona que se acenden para mostrar que xenes son os que están máis activos nunha mostra de tecido, son a última arma utilizada para os tratamentos de quimioterapia. Os chips son a ferramenta máis útil para ver cal de todas as opcións dispoñibles funcionaría mellor en cada caso concreto. Este enfoque personalizado é o modo "máis intelixente" de tratar o cancro, segundo aseguran dende o Oncology Care Associates do estado norteamericano de Michigan. Os expertos coinciden en que os chips xenéticos son a tendencia a seguir, xa que as terapias personalizadas presentan menos efectos secundarios ca a quimioterapia convencional, aínda que non funcionan en todos os tumores.

Beber alcohol aumenta o risco de desenvolver cancro de mama

  Tomar tres ou máis copas de cervexa, viño ou outras bebidas alcohólicas ao día aumenta o risco de desenvolver cancro de mama tanto como fumar un paquete de cigarros diario. Así o aseguraron os expertos na última Conferencia Europea sobre o Cancro. A investigación demostra que entre as pacientes que bebían alcohol, as que tomaban entre unha e dúas bebidas alcohólicas ao día tiñan un 10% máis de risco de desenvolver cancro respecto ás que bebían menos dunha copa diaria, un risco que ascendía ata o 30% entre as consumidoras de máis de tres bebidas alcohólicas ao día.

Entrevista

  Giuseppe Mancia, Catedrático de Medicina. Universidade de Milán, Italia

"Hai que desterrar o mito de que os anciáns son hipertensos debido á súa idade"

Giuseppe Mancia está considerado un dos principais líderes do mundo en materia de hipertensión arterial. Presidiu a Sociedade Europea de Hipertensión (ESH) e mais a Sociedade Internacional de Hipertensión (ISH) e colaborou na redacción das principais guías terapéuticas sobre risco cardiovascular.

Vostede leva décadas predicando que todo o mundo debe medir a presión arterial regularmente, e hoxe en día obedéceno dende os pediatras aos xeriatras. Parabéns.

Cantas máis cousas aprendemos da hipertensión arterial, máis complexo se fai este fenómeno nas nosas mentes. Aprendemos que a intervención clínica non se debe limitar a un control estándar da presión, senón que debe establecer uns obxectivos individuais no marco dunha prevención de risco cardiovascular no sentido máis amplo... Antes pensabamos que era unha cuestión só de anciáns, pero agora estamos a ver casos preocupantes en poboación moi nova.

Pero a idade segue considerándose un factor de risco para a hipertensión...

Estatisticamente interpretouse que como moitos anciáns teñen a presión sanguínea elevada, ""iso é cousa da idade"". Non obstante, hai que desterrar o mito de que os anciáns son hipertensos polo simple feito de seren anciáns. Se analizamos con profusión a súa evolución fisiopatolóxica, veremos que hai unha serie de trastornos que van tomando forma, alteracións metabólicas ou lesión de órganos diana... A súa hipertensión non é produto da senectude, senón que vén de lonxe, dun descontrol alimentado durante demasiado tempo.

O malo da hipertensión é que non nos decatamos.

A hipertensión arterial recibiu en ocasións o sobrenome de "asasino silencioso". O seu carácter asintomático (a excepción das hipertensións máis exacerbadas) permite moitas veces que escapemos ao seu control e que ignoremos que os ataques de corazón seguen sendo a principal causa de morte no mundo e que a principal causa dun ataque de corazón é a hipertensión arterial... Durante moitos anos permanecemos cegos a esta realidade, e agora pagamos as consecuencias. Tratamentos cada vez mellores permiten salvar moitas vidas, aínda que con matices.

Que matices?

Máis que salvar vidas, cos tratamentos o que facemos é atrasar mortes. Sei que pode resultar unha percepción incorrecta dende un punto de vista político, pero é a verdade. Os hipertensos que reciben un tratamento eficaz para previr ataques acaban desenvolvendo unha insuficiencia renal, requirindo un transplante de urxencia ou un aparato de diálise de por vida e arriscándose a morrer por un colapso dos riles, en xeral. Por iso, reivindicamos un enfoque terapéutico non só destinado a protexer o cerebro ou o corazón, senón, ademais, os riles.

Tan universal é a hipertensión arterial? Alguén pode dicir "eu nunca vou ser hipertenso"?

Os epidemiólogos só identificaron reducidas poboacións como redutos étnicos en Ándelos, algunhas illas do Pacífico e no norte de Xapón que, ao parecer, serían inmunes á hipertensión arterial. Non obstante, son tribos con culturas máis próximas á prehistoria ca á nosa dinámica social actual.

Ocórreseme que a hipertensión podería considerarse, daquela, como unha "enfermidade cultural".

Tecnicamente debo advertir de que hai tanto xenotipos (conxunto de xenes dun individuo) como fenotipos (desenvolvemento do xenotipo nun determinado ambiente) de hipertenso, pero baixo un punto de vista xeral admito que é unha idea ben encamiñada. O noso modo de vida actual é propenso á hipertensión arterial, tendo en conta como nos estresamos, o moito que comemos e o pouco que nos exercitamos, así como os tóxicos que incorporamos ao organismo... É o "noso pan" de cada día, e é un "pan" prohipertensivo.

A loita contra a hipertensión vívese de xeito distinto nos dous lados do Atlántico. Chama a atención que un dos estudos presentados en Roma se subdivide en dúas partes: unha levada a cabo en poboación estadounidense e outra en poboación europea.

Tanto o modo de entender a hipertensión como o de acometer o seu tratamento son distintos. É por esta razón que a Sociedade Europea de Hipertensión avogou, dende o 2003, por desmarcarse das guías estadounidenses tomadas sempre como patrón e por establecer unha guía de tratamento do risco cardiovascular á europea.

Cientificamente non ten demasiado sentido. A maior parte da poboación estadounidense descende de xenotipos europeos...

É posible que nas Illas Británicas ou en Escandinavia poidan aplicarse os patróns americanos, pero a súa proxección en poboacións do sur de Europa non funciona, requírense outros parámetros. Tamén aquí toma sentido a consideración da hipertensión como unha enfermidade cultural. Etnias africanas, americanas ou asiáticas que na súa orixe primitiva non presentaban risco de hipertensión, adquiren cando emigran a Estados Unidos un estilo de vida prohipertenso e acaban disparando os seus valores de presión sanguínea polas nubes.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto